Coiote

Este artigo trata sobre un animal, para o personaxe de debuxos animados véxase: Wile E. Coyote and The Road Runner.

Coiote
Coiote.
Coiote.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Mammalia
Subclase:Theria
Infraclase:Placentalia
Orde:Carnívora
Suborde:Caniformia
Familia:Canidae
Xénero:Canis
Especie:'Canis latrans'
Nome binomial
Canis latrans
Say, 1823
Distribución do coiote

Distribución do coiote
Subespecies
Véxase o texto
Coiote nas montañas de California.

O coiote[2] (Canis latrans, que significa "can ladrador") é un membro da familia Canidae, emparentado co can doméstico. Os coiotes só se atopan en América do Norte e América Central; desde Canadá até Costa Rica. O seu nome vén da verba náhuatl cóyotl (AFI /ˈkojo:tɬ/). Aínda que ás veces se reúnen en mandas, son xeralmente solitarios. Viven unha media duns 6 anos. Recentemente, descubríronse mandas de coiotes nas montañas centrais do Panamá, o que fai pensar nunha migración cara ao sur deste mamífero.

A pesar de ter sido intensamente cazados, os coiotes son uns dos poucos animais grandes que ampliaron o seu hábitat desde a conquista de América polos europeos. Ocuparon áreas en Norteamérica previamente habitadas polos lobos, e adaptáronse ao consumo de lixo e de animais domésticos.

O coiote mide menos de 60 cm de altura, e a súa cor varía desde a gris até a canela, ás veces cun cariz arroibado. As orellas e o fociño do coiote parecen grandes en relación ao tamaño da súa cabeza. Pesa entre 10 e 25 kg, promediando 15. Pode ser identificado polo seu rabo espeso e ancho que, a miúdo, leva case a ras do chan. Polo seu aspecto esvelto pódese distinguir do seu parente maior, o lobo gris, que pode pesar de 35 a 70 kg. O coiote é un animal moi fraco, e pode parecer desnutrido a primeira vista aínda que goce de boa saúde.

Comportamento

Os coiotes son moi adaptables. O seu comportamento pode variar moito segundo o seu hábitat, pero en xeral viven e cazan ou sós ou en parellas monógamas, buscando mamíferos pequenos, especialmente musarañas, toupas e coellos; así como pequenos insectos. É omnívoro, e adapta a súa dieta ás fontes dispoñibles, incluíndo froitas, herbas e outros vexetais. No parque nacional de Yellowstone, antes da reintrodución do lobo, comenzaron a ocupar o nicho ecolóxico deste, cazando en canineas para derribar presas de caza maior.

Os coiotes emparéllanse de por vida. O apareamento ten lugar arredor do mes de febreiro, e nacen camadas de 4 a 6 cachorros sobre a finais de abril ou comezos de maio. Ambos os pais —e en ocasións os exemplares xuvenís, nacidos o ano anterior, que aínda non abandonaron a guarida paterna— axudan a alimentar os cachorros. Ás tres semanas de idade estes saen da guarida baixo vixilancia paternal; e cando alcanzan oito a doce semanas de idade, seus pais ensínanlle a cazar. As familias permanecen xuntas ao longo do verán, e os novos parten para buscar os seus propios territorios polo outono. Acostuman trasladarse a unhas dez millas de distancia. Os novos maduran sexualmente ao ano de idade.

É moito máis común oír un coiote que velo. As chamadas que os coiotes fan son agudas; e pódenselle chamar ouveos ou ladridos. Estas chamadas poden ser ou unha nota longa que sobe e baixa ou unha serie de notas curtas. Estas chamadas óense polo xeral no crepúsculo ou pola noite, e con menos frecuencia durante o día.

Aínda que as chamadas se realizan todo o ano, son máis comúns durante a estación de emparellamento da primavera e durante o outono, cando os cachorros abandonan as súas familias para establecer territorios novos. O ouveo é enganoso; debido ás características do son na distancia, pois pode parecer que o coiote está nun lugar, cando realmente se encontra noutra parte.

Other Languages
العربية: قيوط
asturianu: Canis latrans
авар: Койот
azərbaycanca: Koyyot
تۆرکجه: کوییوت
беларуская: Каёт
беларуская (тарашкевіца)‎: Каёт
български: Койот
brezhoneg: Koiot
català: Coiot
Cebuano: Canis latrans
Tsetsêhestâhese: Ó'kôhóme
Nēhiyawēwin / ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ: ᒪᐦᐃᐦᑲᓐᑖᔥᑎᒥᒄ
čeština: Kojot prérijní
dansk: Prærieulv
Deutsch: Kojote
Ελληνικά: Κογιότ
English: Coyote
Esperanto: Kojoto
español: Canis latrans
eesti: Koiott
euskara: Koiote
فارسی: کایوت
suomi: Kojootti
føroyskt: Preriuúlvur
français: Coyote
Gaeilge: Cadhóit
עברית: זאב ערבות
हिन्दी: कायोटी
hrvatski: Kojot
magyar: Prérifarkas
հայերեն: Կոյոտ
interlingua: Coyote
Bahasa Indonesia: Koyote
Iñupiak: Amaġuuraq
Ido: Koyoto
íslenska: Sléttuúlfur
italiano: Canis latrans
日本語: コヨーテ
ქართული: კოიოტი
한국어: 코요테
Кыргызча: Койот
Latina: Coiotes
Ladino: Koyot
лезги: Койот
Lingua Franca Nova: Coiote
lietuvių: Kojotas
latviešu: Koijots
мокшень: Койот
олык марий: Койот
македонски: Којот
മലയാളം: കയോട്ടി
кырык мары: Койот
Bahasa Melayu: Koyote
မြန်မာဘာသာ: ကွိုင်းယုတ်
Nāhuatl: Coyochichi
Nederlands: Coyote
norsk nynorsk: Prærieulv
norsk: Prærieulv
Diné bizaad: Mąʼii
occitan: Coiòt
پنجابی: کویوٹ
português: Coiote
Runa Simi: Kuyuti
română: Coiot
русский: Койот
Scots: Coyote
srpskohrvatski / српскохрватски: Kojot
Simple English: Coyote
slovenčina: Kojot prériový
slovenščina: Kojot
shqip: Kojota
српски / srpski: Којот
svenska: Prärievarg
Tagalog: Koyote
Türkçe: Kır kurdu
українська: Койот
oʻzbekcha/ўзбекча: Koyot
Tiếng Việt: Sói đồng cỏ
Winaray: Canis latrans
მარგალური: კოიოტი
中文: 郊狼
粵語: 郊狼