Cogomelo

Na fraga.

Un cogomelo[1] ou cogumelo[2] (Gl-cogomelo.ogg pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña)[3] é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).

A época na que se fan visíbeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o champiñón e o pleuroto) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.

A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.

Sinónimos

Os cogomelos (ou cogumelos) reciben en Galiza infinidade de denominacións populares coma: pan de raposo, pan de cobra, pan de sapo etc., moitas veces aludindo á toxicidade[4].

Other Languages
aragonés: Potrecón
العربية: عيش الغراب
asturianu: Cogorda
Bislama: Sompiniong
Bahasa Banjar: Kulat
বাংলা: মাশরুম
bosanski: Gljiva
català: Bolet
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄:
ᏣᎳᎩ: ᏓᏬᎵ
corsu: Funzu
Cymraeg: Madarchen
Deutsch: Fruchtkörper
Ελληνικά: Μανιτάρι
English: Mushroom
Esperanto: Ĉapelfungo
español: Seta
euskara: Ziza
فارسی: قارچ چتری
français: Champignon
arpetan: Champegnon
Frysk: Poddestoel
Gaeilge: Beacán
Gàidhlig: Balgan-buachair
客家語/Hak-kâ-ngî:
interlingua: Champignon
Bahasa Indonesia: Jamur
Iñupiak: Argaiġñaq
Ido: Fungo
íslenska: Stórsveppir
italiano: Fungo epigeo
日本語: キノコ
Basa Jawa: Jamur
ಕನ್ನಡ: ಅಣಬೆ
한국어: 버섯
kurdî: Kuvark
Кыргызча: Козу карын
Latina: Fungus
lingála: Likombó
lietuvių: Vaisiakūnis
latviešu: Sēne
македонски: Печурка
മലയാളം: കൂൺ
монгол: Мөөг
मराठी: मशरूम
Bahasa Melayu: Cendawan
Mirandés: Roque
Plattdüütsch: Poggenstöhle
नेपाली: च्याउ
ଓଡ଼ିଆ: ଛତୁ
ਪੰਜਾਬੀ: ਖੁੰਭ
Kapampangan: Payungpayungan
Picard: Janpinhion
polski: Owocnik
پنجابی: کھمبی
português: Cogumelo
Runa Simi: K'allampa puquy
русский: Гриб
संस्कृतम्: छत्राकम्
srpskohrvatski / српскохрватски: Pečurka
සිංහල: හතු
Simple English: Mushroom
slovenščina: Goba
Soomaaliga: Boqoshaa
српски / srpski: Печурка
Basa Sunda: Fungi
svenska: Fruktkropp
Kiswahili: Uyoga
தமிழ்: காளான்
тоҷикӣ: Занбӯруғ
ไทย: เห็ด
Tagalog: Kabute
lea faka-Tonga: Fakamaluʻatēvolo
اردو: کھمبی
Tiếng Việt: Nấm lớn
Winaray: Mushroom
吴语: 蘑菇
ייִדיש: שוועמל
中文: 蕈類
文言:
Bân-lâm-gú: Ko͘
粵語: