Cloruro de potasio

Propiedades

Cloruro de potasio

Xerais
NomeCloruro de Potasio
Outros nomesCloruro potásico
Silvina
Fórmula químicaKCl
AparenciaSólido incoloro ou lixeiramente rosado; aínda que parece branco si son cristais finos ou pulverizados.
Físicas
Masa molar74,55 g/mol
Punto de fusión1049 K (776 °C)
Punto de ebulición1773 K (1500 °C)
Densidade1,987 ×103 kg/m3 (1,987 g/cm3)
CristalizaciónCúbica centrada nas caras (f.c.c.)
Solubilidade34,49 g/100 mL de auga
0,4 g/mL de etanol
insoluble en acetona
Compostos relacionadosKF, KBr, KI; LiCl, NaCl, RbCl, CsCl, MgCl2, CaCl2
Seguridade
InxestiónPerigosa en grandes cantidades.
InhalaciónPode causar irritación.
PelPode causar irritación.
OllosPode causar irritación.
Número CAS[7447-40-7]

As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.

O composto químico cloruro de potasio (KCl) é un haluro metálico composto de potasio e cloro. No seu estado puro é inodoro. Preséntase como un cristal vítreo de branco a incoloro, cunha estrutura cristalina cúbica centrada nas caras que se fractura facilmente en tres direccións. O cloruro de potasio é utilizado en medicina, aplicacións científicas, procesamento de alimentos e en execución legal por medio de inxección letal. Preséntase naturalmente como o mineral silvina e en combinación con cloruro de sodio como silvinita.

Propiedades Químicas

O cloruro de potasio pode reaccionar como unha fonte de ión cloruro. Como calquera outro cloruro iónico soluble, precipita cloruros insolubles cando se mestura cunha disolución dunha sal apropiada, como por exemplo nitrato de prata:

KCl(ac) AgNO3(ac) → AgCl(s) KNO3(ac).

Aínda que o potasio é máis electropositivo que o sodio, o KCl pode reducirse a metal por medio dunha reacción con sodio metálico se o potasio é eliminado da mestura por destilación, debido ao principio de Le Chatelier.

KCl (l) + Na (l) → NaCl (l) + ↑K (g) ( a 850 °C)

Este é o método principal para producir potasio metálico porque a electrólise (utilizada para o sodio) falla debido á alta solubilidade do potasio en KCl líquido.

Other Languages
български: Калиев хлорид
bosanski: Kalij-hlorid
Deutsch: Kaliumchlorid
hrvatski: Kalijev klorid
Bahasa Indonesia: Kalium klorida
한국어: 염화 칼륨
Кыргызча: Калий хлориди
lietuvių: Kalio chloridas
latviešu: Kālija hlorīds
മലയാളം: ഇന്തുപ്പ്
Bahasa Melayu: Kalium klorida
Nederlands: Kaliumchloride
русский: Хлорид калия
srpskohrvatski / српскохрватски: Kalijum hlorid
Simple English: Potassium chloride
slovenčina: Chlorid draselný
српски / srpski: Калијум хлорид
svenska: Kaliumklorid
українська: Хлорид калію
Tiếng Việt: Kali clorua
吴语: 氯化钾
中文: 氯化钾
粵語: 氯化鉀