Clive Staples Lewis

Clive Staples Lewis
Statue of C.S. Lewis, Belfast.jpg
Estatua de Clive Staples Lewis
Nome completoClive Staples Lewis
Nacemento29 de novembro de 1898
 Belfast
Falecemento22 de novembro de 1963 (64 anos)
 Oxford
CausaCistite
SoterradoOxfordshire
NacionalidadeReino Unido
Relixiónateo, catolicismo e Igrexa Anglicana
Educado enUniversity College, Campbell College, Malvern College e Wynyard School
Ocupaciónescritor, poeta, catedrático de universidade, novelista, filósofo, medievalista, autobiógrafo, especialista en literatura, teólogo, ensaísta, guionista, crítico literario, escritor de ciencia ficción, escritor de literatura infantil e filólogo
CónxuxeJoy Davidman
FillosDouglas Gresham
IrmánsWarren Lewis
Coñecido/a porThe Chronicles of Narnia, Cristianismo Puro e Simples, The Screwtape Letters, The Space Trilogy, Till We Have Faces e Surprised by Joy
PremiosCarnegie Medal e honorary doctorate at the Laval University
editar datos en Wikidata ]

Clive Staples Lewis, coñecido como C. S. Lewis, nado o 29 de novembro de 1898 en Belfast e finado o 22 de novembro de 1963, foi un autor e escritor norteirlandés que destacou polo seu traballo académico sobre literatura medieval e pola apoloxética cristiá que desenvolveu a través de varias obras e conferencias. É igualmente coñecido por ser o autor da famosa serie de libros infantís de nome As Crónicas de Narnia.

Traxectoria

Nenez e mocidade

Nacido en Belfast, Irlanda do Norte, Clive Staples Lewis, creceu no medio dos libros da biblioteca particular da súa familia. Os seus pais, Albert James Lewis e Flora Augusta Hamilton Lewis, eran protestantes, mais non particularmente relixiosos. Máis especificamente eran de orixe metodista. Cando Clive tiña tres anos decidiu adoptar o nome de "Jack", nome polo cal ficaría coñecido na familia e no círculo de amigos próximos.

Como adolescentes, Lewis e o seu irmán Warren (tres anos máis vello que el), pasaban case todo o seu tempo dentro de casa dedicándose á lectura de libros clásicos, e distantes da realidade materialista e tecnolóxica do século XX. Aos 10 anos, a morte prematura da súa mai, fixo con que el aínda se illase máis da vida común dos rapaces da súa idade, buscando refuxio no campo das súas historias e fantasías infantís.

Na súa adolescencia encontrou a obra do compositor Richard Wagner e comezou a interesarse pola mitoloxía nórdica.

Educación

A súa educación foi iniciada por un titor particular, e máis tarde no Malvern Collexe, en Inglaterra. En 1916, aos 18 anos de idade, foi admitido no University College, da Universidade de Oxford. Os seus estudos foron interrompidos polo servizo militar na primeira guerra mundial. En 1918 retornou á Universidade de Oxford.

Durante a I guerra mundial coñeceu outro soldado irlandés chamado Paddy Moore, con que trabou unha amizade. Os dous fixeron unha promesa: se algún deles falecese durante o conflito, o outro tomaría conta da familia respectiva. Moore faleceu en 1918 e Lewis cumpriu co seu compromiso. Despois do final da guerra, Lewis procurou a mai de Paddy Moore, a señora Janie Moore, con quen estabeleceu unha profunda amizade até a morte desta en 1951. Lewis viviu en varias casas arrendadas con Moore e a súa filla Maureen, feito que desagradou o seu pai. Por esta altura Clive xa abandonara o cristianismo no cal fóra educado na súa infancia.

Ensinou no Magdalen College de 1925 a 1954, e deste ano até a súa morte na Universidade de Oxford. Foi profesor de literatura medieval e renacentista na Universidade de Cambridge. Tornouse altamente respectado neste campo de estudo, tanto como profesor como escritor. O seu libro A Alegoría do Amor: un Estudo da Tradición Medieval, publicado en 1936, é considerado por moitos o seu máis importante traballo, polo cal gañou o premio Gollansz Memorial de literatura. En Oxford coñeceu varios escritores famosos, como Tolkien ou T. S. Eliot, que o axudaron a volver á fe cristiá, e Owen Barfield.

Vida

Lewis volveu ao fe cristiá no inicio da década de 1930 e dedicouse a defendela e permaneceu na Igrexa Anglicana (o coñecido teólogo evanxélico J. I. Packer foi clérigo na igrexa que C. S. Lewis frecuentaba). Ten sido chamado o portavoz non oficial do cristianismo, que el soubo divulgar a través dos seus libros e conferencias, onde el presenta a súa crenza na verdade literal das Escrituras Sagradas, sobre o Fillo de Deus, a súa vida, morte e resurrección. Isto foi aínda máis evidente, despois da súa morte. Foi chamado o "Elvis Presley evanxélico" debido á súa popularidade.

Tornouse popular durante a segunda guerra mundial polas súas conversas transmitidas pola radio e polos seus escritos, chamándose "apóstolo dos escépticos", especialmente nos Estados Unidos. As súas charlas tocaban profundamente os seus ouvintes da radio BBC de Londres. Na súa última charla "O Novo Home", Lewis dixo: "Olle para vostede, vai encontrar en toda a longa xornada da súa vida odio, soidade, desespero, ruína e decadencia. Mais olle para Cristo e vostede vai encontralo, e con El todo o que máis vostede necesita"

Lewis destacou por unha intelixencia privilexiada, e por un estilo espirituoso e imaxinativo. " O Regreso do Peregrino", publicado en 1933, " O Problema do Sofrimento" (1940), "Milagres" (1947), e " The Screwtape Letters" (1942), son probabelmente as súas obras máis coñecidas. Escribiu tamén unha triloxía de ficción científico-relixiosa, coñecida como a " Triloxía Espacial": " Lonxe do Planeta Silencioso" (1938), "Perelandra" (1943), e "That Hideous Strength" (1945). Para nenos escribiu unha serie de fábulas, comezando con " O León, A Feiticeira e o Gardarroupa" en 1950. A súa autobiografía, " Sorprendido pola Alegría", publicouse en 1955.

Éxito Internacional

É bastante coñecida a súa influencia sobre personalidades ilustres da nosa época, entre elas Margaret Thatcher. Os seus libros foron lidos polos seis últimos presidentes americanos e moitos dos seus pensamentos citados nos seus discursos.

Foron vendidas máis de 200 millóns de copias dos 38 libros escritos por Lewis, os cales foron traducidos a máis de 30 linguas, incluíndo a serie completa de Narnia para a lingua rusa. Entre 1996 e 1998, cando se celebrou o seu centenario, foron escritos cerca de 50 novos libros acerca da súa vida e dos seus traballos, completando máis de 150 libros desde o primeiro, escrito en 1949 por Chad Walsh: "C. S. Lewis: O Apóstolo dos Escépticos".

Other Languages
Afrikaans: C.S. Lewis
Alemannisch: Clive Staples Lewis
Ænglisc: C. S. Lewis
العربية: سي. إس. لويس
asturianu: C. S. Lewis
azərbaycanca: K.S. Luis
беларуская (тарашкевіца)‎: Клайв Стэйплз Льюіс
brezhoneg: C.S. Lewis
Cymraeg: C. S. Lewis
dansk: C.S. Lewis
Deutsch: C. S. Lewis
dolnoserbski: C. S. Lewis
English: C. S. Lewis
Esperanto: C. S. Lewis
español: C. S. Lewis
euskara: C. S. Lewis
français: C. S. Lewis
Frysk: C.S. Lewis
Gaeilge: C. S. Lewis
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: C.S. Lewis
עברית: ק.ס. לואיס
hrvatski: C. S. Lewis
hornjoserbsce: C. S. Lewis
Bahasa Indonesia: C.S. Lewis
Ilokano: C. S. Lewis
íslenska: C. S. Lewis
italiano: C. S. Lewis
Basa Jawa: C. S. Lewis
ქართული: კლაივ ლუისი
한국어: C. S. 루이스
Malagasy: C. S. Lewis
Nederlands: C.S. Lewis
norsk nynorsk: C.S. Lewis
norsk: C.S. Lewis
occitan: C. S. Lewis
ਪੰਜਾਬੀ: ਸੀ ਐਸ ਲੂਇਸ
Kapampangan: C. S. Lewis
polski: C.S. Lewis
srpskohrvatski / српскохрватски: C. S. Lewis
Simple English: C. S. Lewis
slovenčina: Clive Staples Lewis
slovenščina: Clive Staples Lewis
српски / srpski: К. С. Луис
svenska: C.S. Lewis
Tagalog: C. S. Lewis
татарча/tatarça: Клайв Льюис
oʻzbekcha/ўзбекча: C. S. Lewis
Tiếng Việt: C. S. Lewis