Clima

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Vexetación atlántica. O Pindo (Carnota).
deserto do Sáhara.
Clima continental en inverno (Praga).

O clima comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.

A definición polo glosario IPCC é:

Clima, nun sentido estrito é xeralmente definido como tempo meteorolóxico medio, ou máis precisamente, como a descrición estatística de cantidades relevantes e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. O período clásico é de 30 anos, definido pola Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM). Esas cantidades son xeralmente variacións de superficie como temperatura, precipitación e vento. O clima nun sentido máis amplo é o estado, incluíndo as descricións estatísticas, do sistema meteorolóxico. Glossary Intergovernmental Panel on Climate Change

Os límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.

Clima e tempo, dous conceptos distintos

Resulta frecuente a confusión entrambos conceptos pero hai que destacar que se refiren a aspectos distintos da dinámica atmosférica. A diferenza principal está na escala de tempo en que se traballa. Cando a escala de tempo dos cambios aos que un se refire é de días, semanas, meses ou uns poucos anos fálase de tempo atmosférico. A partir dunha escala de décadas é cando realmente empeza a falarse de variacións climáticas. Pero ata este período de tempo é demasiado breve para considerar o cambio. Normalmente ata pasado un século non se pode apreciar a tendencia subxacente.

Esta fronteira entre o tempo e o clima é un tanto borrosa. Unha cousa é segura, as variacións do tempo están suxeitas a patróns regulares de curto prazo, basicamente as variacións anuais ou estacionais e a patróns caóticos de diferentes frecuencias de variación que son os que fan que dun ano para outro así como dun día para outro o tempo sexa tan cambiante. O clima presenta tamén as dúas facetas. Tendencias regulares que se empezan a apreciar ás poucas décadas de realizar medicións e oscilacións de tipo caótico que subxacen no fondo. A máis grande escala pode permanecer oculto un patrón regular como os ciclos de Milanković‎. E se nos imos aínda a escalas maiores a variación pode tornarse caótica de novo xa que aumenta a dependencia das características xeofísicas da terra, tectónica, desgasificación natural... Os cales son procesos caóticos á súa vez.

Other Languages
Afrikaans: Klimaat
Alemannisch: Klima
aragonés: Clima
Ænglisc: Medumweder
العربية: مناخ
অসমীয়া: জলবায়ু
asturianu: Clima
azərbaycanca: İqlim
башҡортса: Климат
Boarisch: Klima
žemaitėška: Klimats
беларуская: Клімат
беларуская (тарашкевіца)‎: Клімат
български: Климат
भोजपुरी: जलवायु
বাংলা: জলবায়ু
brezhoneg: Hin
bosanski: Klima
català: Clima
нохчийн: Климат
Cebuano: Klima
کوردی: ئاووھەوا
čeština: Podnebí
Cymraeg: Hinsawdd
dansk: Klima
Deutsch: Klima
Zazaki: İklım
Ελληνικά: Κλίμα
English: Climate
Esperanto: Klimato
español: Clima
eesti: Kliima
euskara: Klima
estremeñu: Climi
فارسی: اقلیم
suomi: Ilmasto
Võro: Kliima
français: Climat
Nordfriisk: Kliima
Frysk: Klimaat
Gaeilge: Aeráid
Gàidhlig: Gnàth-shìde
Avañe'ẽ: Ararova
עברית: אקלים
हिन्दी: जलवायु
hrvatski: Klima
Kreyòl ayisyen: Klima
magyar: Éghajlat
հայերեն: Կլիմա
interlingua: Climate
Bahasa Indonesia: Iklim
Ilokano: Klima
Ido: Klimato
íslenska: Loftslag
italiano: Clima
日本語: 気候
Patois: Klaimit
Basa Jawa: Iklim
ქართული: კლიმატი
Qaraqalpaqsha: Klimat
қазақша: Климат
ಕನ್ನಡ: ವಾಯುಗುಣ
한국어: 기후
къарачай-малкъар: Климат
kurdî: Avhewa
Кыргызча: Климат
Latina: Clima
Lëtzebuergesch: Klima
Limburgs: Klimaat
lietuvių: Klimatas
latviešu: Klimats
Malagasy: Toe-tany
македонски: Клима
монгол: Уур амьсгал
Bahasa Melayu: Iklim
Mirandés: Clima
မြန်မာဘာသာ: ရာသီဥတု
Plattdüütsch: Klima
नेपाल भाषा: लःफय्
Nederlands: Klimaat
norsk nynorsk: Klima
norsk: Klima
occitan: Clima
ਪੰਜਾਬੀ: ਪੌਣਪਾਣੀ
Papiamentu: Klima
polski: Klimat
پنجابی: کلائمیٹ
português: Clima
română: Climat
armãneashti: Climâ
русский: Климат
русиньскый: Клімат
sardu: Clima
sicilianu: Clima
Scots: Climate
سنڌي: آبھوا
srpskohrvatski / српскохрватски: Klima
සිංහල: දේශගුණය
Simple English: Climate
slovenčina: Podnebie (klíma)
slovenščina: Podnebje
Soomaaliga: Cimilo
shqip: Klima
српски / srpski: Клима
Seeltersk: Klima
Basa Sunda: Iklim
svenska: Klimat
Kiswahili: Tabianchi
тоҷикӣ: Иқлим
Tagalog: Klima
Türkçe: İklim
Xitsonga: Tinguva
татарча/tatarça: Климат
українська: Клімат
اردو: آب و ہوا
oʻzbekcha/ўзбекча: Iqlim
vèneto: Clima
Tiếng Việt: Khí hậu
Winaray: Klema
吴语: 氣候
მარგალური: კლიმატი
ייִדיש: קלימאט
Vahcuengh: Heiqhaeuh
中文: 氣候
Bân-lâm-gú: Khì-hāu
粵語: 氣候