Clasificación científica

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Biological classification L Pengo gl svg.png

Clasificación científica ou clasificación biolóxica é a maneira en que os agrupan e categorizan especies extinguidas ou actuais de organismos. A clasificación moderna ten as súas raíces no sistema de Carl von Linné, que agrupou as especies de acordo con características físicas compartidas. Estas agrupacións foron revisadas dende a época de Linneo para mellorar a consistencia co principio de descendencia común de Charles Darwin. A sistemática molecular, que utiliza a análise do ADN xenómico, levou a moitas revisións recentes e é probable que o continúe facendo. A clasificación científica pertence á ciencia da taxonomía ou bioloxía sistemática.

Sistemas antigos

O sistema de clasificación de formas de vida que se coñece vén do filósofo grego Aristóteles, que clasificaba animais en función do seu xeito de moverse (aire, terra, ou auga).

En 1172 Ibn Rushd ( Averroes), que era xuíz (Qaadi) en Sevilla, traduciu ao árabe e abreviou o libro de Aristóteles de Anima. Os seus comentarios orixinais perdéronse, pero a súa tradución ao latín por Michael Scot chegou ata os nosos días.

O seguinte avance importante no desenvolvemento da clasificación científica levouno a cabo o profesor suízo Conrad Gessner (1516–1565). O traballo de Gessner foi unha compilación fundamental da vida que daquela se coñecía.

A exploración de parte do Novo Mundo trouxo a continuación descricións e especímenes de moitas novas e descoñecidas formas de vida animal. A finais do século XVI e principios do XVII comezaron os estudos coidadosos dos animais, que, dirixidos en primeiro termo a castes familiares, foron gradualmente estendidos ata que formaron un corpo de coñecemento que serviu como unha base anatómica para a clasificación. Os avances no uso de este coñecemento para clasificar formas de vida débense á investigación de anatomistas médicos, como Fabricius (1537–1619), Petrus Severinus (1580–1656), William Harvey (1578–1657), e Edward Tyson (1649–1708). Os avances debidos ao traballo de e os primeiro microscopistas foron posibles grazas á investigación de xente como Marcello Malpighi (1628–1694), Jan Swammerdam (1637–1680), e Robert Hooke (1635–1702).

John Ray (1627–1705) foi un naturalista inglés que publicou importantes traballos sobre plantas, animais, e teoloxía natural. A solución que adoptou para a clasificación de plantas no seu libro Historia Plantarum foi un paso importante cara a taxonomía moderna. Ray rexeitou o sistema de división vixente, e no seu lugar clasificou as plantas de acordo coas similitudes e diferenzas que se apreciaban na observación.

Other Languages
العربية: تصنيف حيوي
azərbaycanca: Bioloji təsnifat
беларуская (тарашкевіца)‎: Біялягічная клясыфікацыя
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Sĕng-ŭk hŭng-lôi-huák
Esperanto: Biologia klasado
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐍄𐌴𐍅𐌰𐌽𐍉𐌼𐌾𐌰
Bahasa Indonesia: Klasifikasi ilmiah
日本語: 生物の分類
한국어: 생물 분류
Basa Banyumasan: Klasifikasi Ilmiah
Baso Minangkabau: Klasifikasi ilmiah
Bahasa Melayu: Pengelasan biologi
नेपाल भाषा: जैविक वर्गीकरण
oʻzbekcha/ўзбекча: Biologik klassifikatsiya
Tiếng Việt: Phân loại sinh học
粵語: 物種分類