Clarinete

Clarinete
Clarinet.jpg
Información
Clasificación
Tesitura
Tesit clarinete sib.png
Instrumentos relacionados
Músicos notables
  • Clarinetistas
  • O clarinete é un instrumento musical da familia do vento-madeira. O seu nome vén da adicción do sufixo -ete (que significa pequeno) á palabra italiana (que é un tipo de trompeta de rexistro alto), xa que os primeiros clarinetes tiñan un son estridente similar ao deste tipo de trompetas. O seu diámetro é similar en toda a súa lonxitude (dise del que é aproximadamente cilíndrico) e usa unha soa cana: lingüeta sinxela. No mundo do jazz, nalgunhas ocasións, foi nomeado como "licorice stick" (pau de regalicia)[1].

    Este instrumento comprende unha gran familia con diversos compoñentes diferenciados entre si polo seu tamaño e polo seu ton. É a familia máis grande dentro do grupo dos instrumentos de vento-madeira, con máis dunha ducia de compoñentes, que van desde o infrecuente BBB ♭ octo-contrabaixo ao soprano A ♭ (clarinete piccolo). De todos eles, moitos son moi raros ou xa están en desuso, como por exemplo o BBB ♭ octo-contrabaixo, do que soamente existe un, e a música que se compón para clarinete case se reduce aos tipos máis comúns (E ♭, B ♭, A e BB ♭). Por asiduidade, a palabra clarinete fai referencia ao modelo máis común, o de B ♭, o clarinete soprano.

    Á persoa que toca o clarinete chámaselle clarinetista. Johann Christoph Denner inventou o clarinete a mediados do século XVIII na Alemaña, mediante a adicción dunha chave de rexistro ao antigo chalumeau. A partir deste momento seguiu evolucionando, coa incorporación de máis chaves e outras melloras, para facilitar a interpretación e a capacidade virtuosística do instrumento. A día de hoxe, o clarinete úsase en grupos de jazz, na interpretación clásica, na música de cámara e como instrumento solista.

    Historia do clarinete

    O clarinete provén directamente de instrumentos como o arghul exipcio, o chalumeau de cana de bambú, a ciaramella ou o chalumeau francés. Foi inventado en 1690, por Johann Christoph Denner (Leipzig-1655, Nuremberg-1707), coa intención de perfeccionar o chalumeau francés. Neste perfeccionamento, Denner engadiulle dúas chaves, unha para o polgar da man esquerda e outra para o dedo índice da man dereita. Así, con todo tapado podíase obter o mi grave e todo aberto o si da terceira línea (clave de sol en 2ª). O la obtíñase pechando a chave do polgar e abrindo a do índice. Pouco despois o fillo de Denner alongou o clarinete e engadíu unha terceira chave ca que se obtiña a duodécima mi-si. Logo, Josehp Beer (1744-1811), aumentou dúas chaves, conseguindo as duodécimas fa#-do# e sol#-re#. Posteriormente, en 1791, X. Lefere (1763-1829) engade unha sexta chave para obter a duodécima de do#-sol#. O clarinete continuou coa súa evolución ata as 13 chaves, por Iwan Miller no 1811. Non se experimentaron máis melloras ata que no século XIX Augusto Buffet adapta o sistema de aneis movibles que inventara T. Bohem para a frauta traveseira. Dende aquel momento o clarinete pasa a chamarse clarinete Bohem, que é o que na actualidade ten de uso xeral. Dende aquela ata os nosos días, fixéronse innumerables pequenas pero importantes innovacións, coma a dobre chave sol#-re#, o mib-sib aforcadado, o dobre do#-sol#, o trino de si-do#, o mib grave, o trino de sol#-la... Esto permite que o clarinete se implemente na orquesta, nas bandas, no jazz, música de cámara, etc, debido a soltura que presenta en tódos os rexistros e o seu son.

    Other Languages
    Afrikaans: Klarinet
    Alemannisch: Klarinette
    አማርኛ: ክላርኔት
    العربية: كلارينيت
    asturianu: Clarinete
    azərbaycanca: Klarnet
    Boarisch: Glarinettn
    беларуская: Кларнет
    български: Кларинет
    bosanski: Klarinet
    català: Clarinet
    کوردی: کلارینێت
    čeština: Klarinet
    Cymraeg: Clarinét
    dansk: Klarinet
    Deutsch: Klarinette
    Zazaki: Qırnata
    Ελληνικά: Κλαρινέτο
    English: Clarinet
    Esperanto: Klarneto
    español: Clarinete
    eesti: Klarnet
    euskara: Klarinete
    فارسی: کلارینت
    suomi: Klarinetti
    français: Clarinette
    Frysk: Klarinet
    Gaeilge: Clairnéid
    Gàidhlig: Clàirneid
    עברית: קלרינט
    hrvatski: Klarinet
    magyar: Klarinét
    հայերեն: Կլառնետ
    interlingua: Clarinetto
    Bahasa Indonesia: Klarinet
    íslenska: Klarínett
    italiano: Clarinetto
    Basa Jawa: Klarinet
    ქართული: კლარნეტი
    Kabɩyɛ: Klarɩnɛɛtɩ
    қазақша: Кларнет
    한국어: 클라리넷
    Кыргызча: Кларнет
    Latina: Clarinetum
    lietuvių: Klarnetas
    latviešu: Klarnete
    македонски: Кларинет
    Bahasa Melayu: Klarinet
    မြန်မာဘာသာ: ကလဲရီနက်
    Nedersaksies: Klarinet
    Nederlands: Klarinet
    norsk nynorsk: Klarinett
    norsk: Klarinett
    Picard: Clérinète
    polski: Klarnet
    português: Clarinete
    Runa Simi: Qipa pinkuyllu
    română: Clarinet
    armãneashti: Clârnetâ
    русский: Кларнет
    sicilianu: Clarinu
    srpskohrvatski / српскохрватски: Klarinet
    Simple English: Clarinet
    slovenčina: Klarinet
    slovenščina: Klarinet
    српски / srpski: Кларинет
    Seeltersk: Klarinätte
    svenska: Klarinett
    Tagalog: Klarinete
    Türkçe: Klarnet
    українська: Кларнет
    Tiếng Việt: Clarinet
    West-Vlams: Klarinette
    中文: 單簧管
    Bân-lâm-gú: O͘-ta̍t-á