Clúster de computadores

Technische Universität Chemnitz (Alemaña), clúster de computadores Linux

O termo clúster aplícase aos conxuntos ou agrupacións de computadoras construídas por medio da utilización de compoñentes hardware comúns e compórtanse como se fosen unha única computadora. Hoxe en día xogan un papel moi importante coa finalidade de solucionar problemas científicos, de enxeñaría, biomédico etc.

Historia e características

A tecnoloxía de clústers evolucionou desenvolvendo actividades de supercómputo e software de misións críticas, servidores Web e comercio electrónico, ata bases de datos de alto rendemento, entre outros usos.

O cómputo con clústers xorde da converxencia de diversas tendencias que afectan na dispoñibilidade de microprocesadores de alto rendemento e alta velocidade, o desenvolvemento de ferramentas software para o cómputo distribuído, como da crecente necesidade de potencia computacional.

Un clúster é un grupo de varios ordenadores que se xuntan mediante unha rede de alta velocidade, desa forma é visto como un só moito máis potente que o agregado de todos os individuais.

Dun clúster espérase os seguintes servizos:

  1. Alto rendemento (High Performance).
  2. Alta dispoñibilidade (High Availability).
  3. Equilibrio da carga (Load Balancing).
  4. Escalabilidade (Scalability).

A construción dos ordenadores dun clúster e máis fácil e económica que un único superordenador propietario por que aumenta a escabilidade, podendo empregar diferentes combinacións hardware que poden ser ordenadores heteroxéneos (diferentes tipos de ordenadores), homoxéneos (todos iguais) as combinacións, ou mixto (semihomoxéneo). Tamén poden dispoñer de diferentes Sistemas Operativos.

Para que funcione un clúster require ser configurado e unha posta en marcha no que optimizalo, proceso que pode ser moi complexo polo que se adoitan empregar utilidades software para ese cometido.

NASA, clúster de computadores
Other Languages