Circuíto de Suzuka

Circuíto de Suzuka
Plano do Circuíto
Suzuka circuit map--2005.svg
Datos
CarreirasFIA Fórmula 1
Gran Premio do Xapón
FIM Endurance World Championship
Suzuka 8 Hours
Super GT
1000 km Suzuka
LocalizaciónFlag of Japan.svg Xapón Suzuka, Xapón
Lonxitude5´807 km.
Curvas18
Volta rápida (2005)1:31.540
Piloto RecordFinlandia Kimi Räikkönen
Escudería RecordMcLaren
Coordenadas34°50′35″N 136°32′26″L / 34°50′35″N 136°32′26″L / -136.54056
Vista do Circuíto
Vista

O Circuíto de Suzuka (鈴鹿サーキット Suzuka Sākitto) é un autódromo localizado en Suzuka, na Prefectura de Mie, Xapón, sede do Gran Premio do Xapón de Fórmula 1. Utilizado tamén para outros eventos do deporte do motor, trátase dun dos circuítos máis antigos e famosos de Xapón. O Circuíto de Suzuka aparece de forma consecutiva no calendario da Fórmula 1 desde 1987 e pertence a Honda.

Características

Foi deseñado polo holandés John Hugenholtz en 1962, e desde entón é coñecido como un fantástico circuíto para probas debido á súa gran variedade de curvas. O trazado ten forma de oito. É o único circuíto do calendario da F1 que ten esa configuración (cruzándose no Degner Two/130R), creando un repartimento equitativo de xiros á dereita e esquerda.

  • Capacidade espectadores: 155.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´807 quilometros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 307´471 quilometros. 18 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 324 km/h con DRS, 312 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo:70 % do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira: 148 quilos
  • Consumo de combustible: 2´73 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 46
  • Número de zonas de freado: 9
  • Desgaste dos freos: baixo
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes: 400 mts. Aprox.
  • Perda de tempo nunha parada en boxes: 16´8 segundos
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´385 segundos.
  • Marca volta: Kimi Raikkonen McLaren, 1.31.540 en 2005
Other Languages