Circuíto de Monza

Circuíto de Monza
Plano do Circuíto
Monza track map.svg
Datos
Inauguración3 de setembro de 1922
Outros nomes
CarreirasFIA Fórmula 1
Gran Premio de Italia
Gran Premio de Italia de motociclismo, 1000 km Monza, WTCC, SBK, Race of Two Worlds
LocalizaciónItalia Monza, Italia
Coordenadas45°37′14″N 9°17′22″L / 45°37′14″N 9°17′22″L / -9.28944
Capacidade113.860 espectadores
Trazado moderno
SuperficieAsfalto
Lonxitude km5.793[1][2]
Curvas11
Récord tempo1:21.046
Récord pilotoFlag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Récord equipoFerrari
Récord ano2004
Oval
SuperficieAsfalto, formigón
Lonxitude km4.250[2]
Curvas2
Peralte30º
Récord tempo0:54.0
Récord pilotoFlag of the United States.svg Bob Veith
Récord equipoBowes Seal Fast Special
Circuíto Junior
SuperficieAsfalto
Lonxitude km2.405
Circuíto combinado
SuperficieAsfalto, formigón
Lonxitude km10
Curvas9
Récord tempo2:41.4
Récord pilotoFlag of the United States.svg Phil Hill
Récord equipoFerrari
Récord ano1960
Vista do Circuíto
Vista


O Autodromo Nazionale Monza é un autódromo situado nas proximidades de Monza, en Italia, ao norte de Milán.

O circuíto é recoñecido por albergar o Gran Premio de Italia de Fórmula 1, e caracterízase pola alta porcentaxe do trazado que os pilotos percorren co acelerador a fondo, debido ás longas rectas. A marca actual da pista, en carreira, foi marcado en 2004 por Rubens Barrichello, cun tempo de 1:21.046. Cabe destacar, que neste circuíto bateuse a velocidade máxima dun monopraza nun gran premio con 372,6 km/h, durante os adestramentos libres do Gran Premio de Italia de 2005, polo piloto Juan Pablo Montoya.

Construído no parque da Villa Reale di Monza nunha contorna boscosa.[3] O autódromo consta de tres pistas: o trazado de 5,793 km usado para os Grandes Premios,[1] a pista Junior que se estende ao longo de 2,405 km.[2] e un circuíto oval peraltado de velocidade de 4,25 km. con pendentes empinadas infrecuentes durante moitas décadas e que agora está en descomposición. As características da pista principal de Gran Premio inclúen a Curva Grande, a Curva di Lesmo, a Variante Ascari e a Curva Parabolica. A curva de alta velocidade, Curva Grande, atópase logo da Variante del Rettifilo que se atopa ao final da recta principal ou Tribuna Rettifilo, e adoita ser tomada a tope polos coches de Fórmula Un.

Características

  • Capacidade espectadores: 113.860
  • Lonxitude do circuíto: 5´793 quilometros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 306´720 quilometros. 11 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: baixa. Velocidade máxima estimada 360 km/h con DRS, 345 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 74% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 11% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: alto
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 25 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado):0´35 segundos.
  • Marca volta: Rubens Barrichello Ferrari, 1.21.046 en 2004
Other Languages