Cinismo

Sanzio 01 cropped.png
Filosofía grega
Presocráticos
Sofistas
Sócrates
Platón
Aristóteles
Epicureísmo
Estoicismo
Escepticismo
Cinismo

O Cinismo (do grego:Kυνισμός probabelmente derivado de κύων, en galego can) é unha escola da filosofía grega caracterizada pola visión da vida axeitada como a non planificada. Para eles, o propósito desta non é outro co de vivir en virtude e de acordo coa natureza. O rexeitamento á cultura e todo aquilo que afaste ó ser humano deste obxectivo absoluto resulta clave para comprender a postura cínica. Neste contexto, os seres racionais podían conseguir a felicidade a medida que adoptaban un modo de vida que fose natural para os humanos. Desta maneira deixan a un lado os desexos convencionais de riqueza, poder, sexo e fama. No seu lugar, optan pola defensa dunha vida sinxela e libre de posesións.

O primeiro filósofo en salientar estes temas foi Antístenes, quen fora alumno de Sócrates a finais do século V a. C. A súa liña de pensamento foi continuada por Dióxenes de Sínope quen levou ó cinismo ós seus extremos lóxicos, consolidándose como a figura modelo e o máximo representante desta corrente. Crates de Tebas seguiu este legado logo de obsequiar a súa fortuna co fin de lograr a vida dun cínico pobre en Atenas. O Cinismo é difundido polo Imperio Romano no século I d. C., e os cínicos podían atoparse rezando e predicando ó longo das cidades do Imperio. Finalmente desapareceu no século 5 d. C., aínda que algúns reclamaron que a Cristiandade temperá asimilara moitos das súas ascéticas e retóricas ideas.

Sobre o século XIX, o uso de "cínico" cunha connotación negativa evolucionou e pasou a designar o que hoxe se coñece como cínico: aquel disposto a mentir desvergoñadamente para defender e levar a cabo accións e doutrinas reprochables.

Orixe do termo cínico

O nome cínico deriva do grego antigo κυνικός (kynikos), que significa "como un can", e κύων (kyôn), que quere dicir "can" (xenitivo: kynos). Unha das teorías que explica por que os cínicos eran chamados cans na época en que xurdiron reside no primeiro cínico Antístenes ensinado no ximnasio Cinosargo, que significa o sitio do can branco. Aínda que pareza acertado, a palabra can foi asociada ós primeiros Cínicos a modo de insulto polo seu atrevido rexeitamento dos modais convencionais, e a súa decisión de vivir nas rúas. A Dióxenes en particular se lle coñecía como o Can. El, compracido por esta distinción, afirmou que "outros cans morden os seus inimigos, eu mordo os meus amigos para salvalos". Posteriormente os cínicos aceptaron o termo ó seu favor. Así, un comentador explica:

Hai catro razóns polas que os cínicos se chaman así. A primeira pola indiferenza do seu xeito de vida, porque fan un culto á indiferenza e, tal e como os cans, comen e fan o amor en público, van descalzos e dormen en bañeiras e encrucilladas. A segunda razón é que o can é un animal desvergoñado, cando eles exaltan a idea da desvergoña, non coma un paso que precede á modestia, senón coma algo que a supera. A terceira razón correspóndese co potencial de bo gardián que ten un can, así como todo cínico debe gardar os principios da súa filosofía. A cuarta e última é que o can é un animal que discrimina e que pode distinguir entre amigos e inimigos. Desta forma recoñecen como amigos ós que están de acordo coa filosofía, e os reciben amablemente, mentres espantan a aqueles que non comparten a súa maneira de pensar, como cans, ladrándolles.

Other Languages
العربية: كلبيون
azərbaycanca: Kinik məktəbi
български: Киници
bosanski: Kinička škola
català: Cinisme
čeština: Kynismus
Чӑвашла: Киниксем
Deutsch: Kynismus
Ελληνικά: Κυνισμός
Esperanto: Cinikismo
español: Escuela cínica
eesti: Küünikud
suomi: Kyynikot
français: Cynisme
עברית: ציניקנים
hrvatski: Cinička škola
magyar: Cinizmus
հայերեն: Կինիկներ
Bahasa Indonesia: Sinisisme
íslenska: Hundingjar
italiano: Cinismo
Basa Jawa: Sinisisme
қазақша: Киники
ಕನ್ನಡ: ಸಿನಿಕತೆ
Кыргызча: Киниктер
Latina: Cynismus
norsk: Kynisme
occitan: Cinisme
ਪੰਜਾਬੀ: ਸਿਨਿਕ ਮੱਤ
پښتو: کلبيان
português: Cinismo
русский: Киники
srpskohrvatski / српскохрватски: Kinička škola
Simple English: Cynic
slovenčina: Kynizmus
српски / srpski: Киници
Tagalog: Sinismo
Türkçe: Kinizm
українська: Кініки
Tiếng Việt: Chủ nghĩa yếm thế
中文: 犬儒學派