Ciclo metónico
English: Metonic cycle

Sistema Solar Heliocéntrico.

En astronomía e co establecemento dos calendarios, o ciclo de Metón ou ciclo metónico é un común múltiplo aproximativo dos períodos orbitais da Terra e da Lúa.En efecto, 19 anos tropicais e 235 meses sinódicos non difiren máis que en 2 horas; por iso é polo que despois de 19 anos, as mesmas datas do ano se corresponden coas mesmas fases da Lúa.

O posto dun ano neste ciclo chámase número áureo, quizais porque era gravado cada ano nos alicerces dun templo en Atenas e é utilizado para o cálculo da data de Pascua.O nome de ciclo metónico provén do astrónomo grego Metón, quen sinalara xa esta coincidencia ao redor do -432, como o fixo o astrónomo caldeo Kidinnu cara ao -380.Pero os escritos cuneiformes parecen indicar que este ciclo era xa coñecido en Mesopotamia desde o século -VI e era utilizado para predicir as eclipses.

O ciclo de Metón é empregado nos calendarios lunisolares.En efecto, nun calendario lunisolar típico, a maior parte dos anos son anos lunares de 12 meses, pero 7 dos 19 anos posúen un mes suplementario, coñecido co nome de mes intercalar ou embolismico.

Nos calendarios babilonios e hebreos antigos, os anos: 3, 6, 8, 11, 14, 17 e 19, son anos de trece meses do ciclo metónico.

Existen igualmente outros dous ciclos similares: o octaeteris (8 anos ≈ 99 lunacións, cf. calendario ático) e o tritos (11 anos ≈ 136 lunacións).

O ciclo metónico está igualmente próximo (a medio día case) de 255 meses draconíticos.É pois igualmente un ciclo de eclipses, que dura soamente 4 ou 5 eclipses.O tritos, próximo a 146,5 meses draconíticos, é un mellor ciclo de eclipses.

Other Languages
العربية: دورة ميتونية
беларуская: Метонаў цыкл
Deutsch: Meton-Zyklus
English: Metonic cycle
español: Ciclo metónico
français: Cycle métonique
հայերեն: Մետոնի ցիկլ
italiano: Ciclo metonico
日本語: メトン周期
한국어: 메톤 주기
Nederlands: Cyclus van Meton
norsk nynorsk: Meton-syklus
norsk: Gyldentall
polski: Cykl Metona
português: Ciclo metónico
русский: Метонов цикл
srpskohrvatski / српскохрватски: Metonski ciklus
Simple English: Metonic cycle
slovenčina: Metónov cyklus
svenska: Metons cykel
українська: Метонів цикл
Tiếng Việt: Chu kỳ Meton
中文: 默冬章