Cianuro

O ion cianuro , CN-.
Na figura móstranse:
1.Estrutura da valencia
2.Modelo espacial
3.Superficie de potencial electrostático
4.Par de ións carbono HOMO

O cianuro é un anión monovalente de representación CN-. O mesmo contén o grupo cianuro (:C≡N:), que consiste dun átomo de carbono cun enlace triplo cun átomo de nitróxeno.

Os compostos orgánicos que posúen grupo funcional -C≡N encostado a un residuo alquilo son denominados nitrilos segundo a nomenclatura IUPAC. Pódese atopar como cianuro de hidróxeno (ou ácido cianhídrico) xa sexa en fase acuosa (HCN(ac)) ou como parte de moléculas de gas (HCN(g)), formando compostos como o cloruro de cianóxeno (CNCl) e o bromuro de cianóxeno (CNBr), ou atoparse en complexos cristalinos tetraédricos como o cianuro de sodio (NaCN) e o cianuro de potasio (KCN). É utilizado no ámbito industrial, mineiro, na galvanoplastia de electrodeposición de zinc, ouro, cobre e especialmente prata e de uso na produción de plásticos de base acrílica. É moi tóxico, potencialmente letal.

Características

Descríbese cun cheiro forte a castañas ou améndoas amargas, pero non sempre emana cheiro e non todas as persoas poden detectalo.

Toxicidade

É potencialmente letal, actuando como tóxico a través da inhibición do complexo citocromo c oxidase, e polo tanto bloqueando a cadea transportadora de electróns, sistema central do proceso de respiración celular. A consecuencia, causa unha baixa na produción de ATP intracelular, impedindo a homeostasis das células. Afecta tamén, ao estar cargado negativamente, o traspaso de electróns por medio de canles, creando un ambiente positivo dentro da célula.[ Cómpre referencia] Isto xera unha gran cantidade de cargas que xeran suficiente enerxía como para que o AMP ( Adenosín monofosfato) cíclico se poida converter en ADP ( Adenosín difosfato), creando unha sobreestimulación en varios procesos.[ Cómpre referencia]

O principal efecto nocivo e letal das diversas variedades de cianuro é impedir que o osíxeno portado polos glóbulos vermellos poida ser utilizado como aceptor de hidróxeno no final da cadea respiratoria intramitocondrial. Nunha autopsia, o cadáver presenta gran cantidade de osíxeno nas veas e unha gran cantidade de ácido láctico, produto da fermentación realizada polas células carentes de osíxeno.

O cianuro non é persistente nin asfixiante, xa que na natureza destrúese por acción da luz solar (por medio do ozono), descompoñéndose por oxidación en gases de tipo COx e NOx. Crean cloratos e nitritos moi utilizados na purificación da auga contaminada con chumbo.

A Axencia de Protección do Medio Ambiente de EE. UU. (EPA) regula os niveis permitidos de cianuro na auga potable por medio de sales de potasio. O nivel máximo de cianuro permitido na auga potable é 0.2 partes de cianuro por millón de partes de auga (0.2 ppm). A Administración de Seguridade e Saúde Ocupacional da  U.E. ( EU-OSHA, polas súas siglas en inglés) estableceu un límite para o cianuro de hidróxeno e a maioría das sales de cianuro de 10 partes de cianuro por un millón de partes de aire (10 ppm) no aire do traballo.

Para a destrución industrial do cianuro utilízanse catro métodos: degradación natural, oxidación química, precipitación e biodegradación. Existen tecnoloxías de reutilización ou reciclado. O uso industrial e mineiro do cianuro debe axustarse a normas estritas, como as que aconsella o Consello Internacional de Metais e Medio Ambiente, con sede en Ontario, Canadá ( 2012).

Other Languages
Afrikaans: Sianied
العربية: سيانيد
български: Цианид
bosanski: Cijanid
català: Cianur
čeština: Kyanidy
dansk: Cyanid
Deutsch: Cyanide
Ελληνικά: Κυανίδιο
English: Cyanide
Esperanto: Cianido
español: Cianuro
euskara: Zianuro
فارسی: سیانور
suomi: Syanidi
français: Cyanure
Gaeilge: Ciainíd
עברית: ציאניד
हिन्दी: सायनाइड
hrvatski: Cijanid
magyar: Cianid
Bahasa Indonesia: Sianida
italiano: Cianuro
日本語: シアン化物
Basa Jawa: Sianida
ქართული: ციანიდი
ភាសាខ្មែរ: ស៊ីយ៉ាញួរ
한국어: 사이안화물
Latina: Cyanidum
lietuvių: Cianidas
latviešu: Cianīdi
മലയാളം: സയനൈഡ്
Bahasa Melayu: Sianida
မြန်မာဘာသာ: ဆိုင်ယာနိုက်
Nederlands: Cyanide
norsk nynorsk: Cyanid
norsk: Cyanid
polski: Cyjanki
português: Cianeto
română: Cianură
русский: Цианиды
Scots: Cyanide
srpskohrvatski / српскохрватски: Cijanid
Simple English: Cyanide
slovenčina: Kyanid
српски / srpski: Цијанид
Basa Sunda: Sianida
svenska: Cyanider
தமிழ்: சயனைடு
Tagalog: Siyanuro
Türkçe: Siyanür
українська: Ціаніди
Tiếng Việt: Xyanua
中文: 氰化物
粵語: 山埃