Chumbeira

Para a rede de pesca véxase artigo Chumbeira (pesca) . [1]
Para o instrumento formado por unha pedra atada a un cabo que, ao introducilo no mar, axuda a explorar o fondo polo ruído que produce véxase Chumbeiro.[2]
Chumbeira
Ilustración dunha chumbeira por Eaton en The Cactaceae
Ilustración dunha chumbeira por Eaton en The Cactaceae
Clasificación científica
Reino:Plantae
(sen clasif.)Angiosperms
(sen clasif.):Eudicots
(sen clasif.):Core eudicots
Orde:Caryophyllales
Familia:Cactaceae
Xénero:Opuntia
Subxénero:Opuntia
Especie:''O. ficus-indica''
Nome binomial
'Opuntia ficus-indica'
(L.) Mill.
Sinonimia[3]
  • Cactus decumanus Willd.
  • Cactus ficus-indica L.
  • Opuntia amyclaea Ten.
  • Opuntia cordobensis Speg.
  • Opuntia decumana (Willd.) Haw.
  • Opuntia gymnocarpa F. A. C. Weber
  • Opuntia hispanica Griffiths
  • Opuntia maxima Mill.
  • Opuntia megacantha Salm-Dyck
  • Opuntia paraguayensis K. Schum.
Flor da chumbeira

A chumbeira[4] ou figueira chumba[5] (Opuntia ficus-indica) é unha especie de cacto común en rexións semiáridas de América e naturalizada no mediterráneo. Non aparece nin se cultiva en Galiza. Tamén recibe os nomes galegos de nopal, figueira da India ou opuncia. A froita é comestíbel, recibe o nome de figo chumbo, figo do diaño ou figo indio; posúe alto contido de fibras, vitamina A e ferro.

Etimoloxía

Opuntia (de acordo con Alexander von Humboldt), era unha palabra oriúnda do Haití e absorbida pola lingua española por volta do ano 1500. É tan importante economicamente como o millo e a tequila ( ágave) en México na actualidade. Como orixinan híbridos facilmente, a súa orixe é difícil de determinar mais é sabido que o consumo humano remóntase hai polo menos 9000 anos.[6] En Israel e na Palestina é moi común e ten o nome de sabra, sendo de consumo habitual. Por ser un froito áspero e duro por fóra, máis macío e doce por dentro, a palabra "sabra" xeneralizouse para designar os xudeus nacidos en Israel, en oposición aos que viñeran dos países da diáspora.[7]

Other Languages