Charles Thomson Rees Wilson

Charles Wilson Nobel prize medal.svg
Charles Thomson Rees Wilson at 1927 Solvay conference.jpg
Charles Thomson Rees Wilson durante a conferencia de Solvay no ano 1927
Datos persoais
Nacemento14 de febreiro de 1869
LugarParroquia de Glencorse, Escocia
Falecemento15 de novembro de 1959 (90 anos)
LugarEdimburgo
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
CónxuxeJessie Fraser
Fillostivo catro fillos
Actividade
CampoFísica, Meteoroloxía
Contribucións e premios
Coñecido porPola invención da cámara de néboa.
PremiosNobel prize medal.svg Premio Nobel de Física en 1927
editar datos en Wikidata ]

Charles Thomson Rees Wilson, nado o 14 de febreiro de 1869 e finado o 15 de novembro de 1959, foi un físico escocés.

  • traxectoria

Traxectoria

Naceu na parroquia de Glencorse (preto de Edimburgo). Fillo dun granxeiro, John Wilson, e de Annie Clerk Harper. Despois de que o seu pai morrese en 1873, a súa familia trasladouse a Manchester. Foi educado no Owen's College (unha das orixes da Universidade de Manchester), estudando bioloxía coa intención de controvertese en médico. Despois foi á Universidade de Cambridge onde se interesou pola física e a química.

A partir de entón interesouse particularmente na meteoroloxía, e en 1893 comezou a estudar as nubes e as súas propiedades. Traballou durante algún tempo no observatorio de Ben Nevis, onde fixo observacións da formación das nubes. Entón intentou reproducir este efecto nunha escala menor no laboratorio de Cambridge, expandindo aire húmido nun recipiente pechado. Posteriormente fixo experimentos coa creación de rastros de nube na súa cámara causada por ións e radiación. Pola invención da cámara de néboa recibiu o Premio Nobel de Física en 1927.

Casou con Jessie Fraser en 1908, a filla dun ministro de Glasgow, e a parella tivo catro fillos. Morreu preto de Edimburgo, rodeado da súa familia.

O Cráter Wilson na Lúa foi chamado así na súa honra, no de Alexander Wilson e no de Ralph Elmer Wilson.

Other Languages
asturianu: Charles Wilson
беларуская (тарашкевіца)‎: Чарлз Ўілсан
български: Чарлс Уилсън
español: Charles Wilson
Bahasa Indonesia: C.T.R. Wilson
latviešu: Čārlzs Vilsons
македонски: Чарлс Вилсон
नेपाल भाषा: सी टी आर विल्सन
संस्कृतम्: सी टी आर विल्सन
srpskohrvatski / српскохрватски: Charles Thomson Rees Wilson
svenska: C.T.R. Wilson
Kiswahili: Charles Wilson
oʻzbekcha/ўзбекча: Charles Thomson Rees Wilson