Charles Edouard Guillaume

Charles Édouard Guillaume
Nobel prize medal.svg
Guillaume 1920.jpg
Datos persoais
Nacemento15 de febreiro de 1861
LugarFleurier, Suíza
Falecemento13 de maio de 1938
LugarSèvres, Francia
NacionalidadeSuíza
Actividade
CampoFísica
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física en 1920
editar datos en Wikidata ]

Charles-Edouard Guillaume, nado en Fleurier, (Suíza) o 15 de febreiro de 1861 e finado o 13 de maio do 1938, foi un físico suízo.

Traxectoria

Comezou os seus estudos en Neuchatel e posteriormente na Politécnica de Zúric, onde obtivo o título de doutor en física. Traballou no Bureau internacional de pesos e medidas dende o ano 1883. No 1906 converteuse en sub-director e dende o 1915 até a súa retirada no ano 1936 foi director.

Guillaume traballou con Kristian Birkeland. Serviu no Observatorio de París, Sección de Meudon. Levou a cabo diversos experimentos relativos a medicións termostáticas. Foi o primeiro en determinar a temperatura correcta do espazo.

Foi galardoado en 1920 co premio Nobel de Física polo súa descuberta dunha aliaxe de aceiro ao níquel coñecida como invar, elinvar, nivarox etc. Esta aliaxe ten un coeficiente de dilatación térmica moi pequeno, o que permite o seu emprego na construción de reloxos e de patróns para medidas xeodésicas.

Other Languages
беларуская: Шарль Эдуар Гіём
български: Шарл Едуар Гийом
Bahasa Indonesia: Charles Guillaume
latviešu: Šarls Gijoms
македонски: Шарл Едуар Гијом
українська: Шарль-Едуар Гійом
oʻzbekcha/ўзбекча: Charles Édouard Guillaume