Cetáceos

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Os cetáceos (Cetacea) son unha orde de mamíferos adaptados á vida acuática que comprende 79 especies [1] distribuídas por todo o mundo: baleas, cachalotes, candorcas, golfiños, arroaces, toniñas etc. Case todas as especies son animais mariños, aínda que existen especies de golfiños que viven nas augas doces.

O nome destes animais procede do latín cetus (grande animal mariño), e este do grego antigo κήτος kétos (monstro mariño).

Os grandes cetáceos foron obxecto da caza comercial durante séculos, como un recurso mariño máis, ata poñelos en perigo de extinción. Aínda hoxe algúns países coma Xapón, Noruega ou Islandia seguen cazando baleas para comer a súa carne, escudándose no argumento da caza científica. Puntualmente tamén se cazaron os golfiños, tanto para aproveitar a carne como por consideralos inimigos dos pescadores e aínda hoxe o fan no Xapón, os inuit (esquimós) do Canadá ou nas illas Feroe en Dinamarca.

O termo balea debe reservarse ós misticetos, concretamente ós integrantes da familia Balaenidae. Porén, está imposto o seu uso para outras especies non pertencentes á familia dos balénidos e incluso tamén para cetáceos con dentes, como é o caso da denominación de balea asasina para a candorca (que nin é balea nin é asasina), de balea de esperma para o cachalote ou de balea piloto para o caldeirón.

Características

Oito especies de cetáceos debuxados a tamaño proporcional: 1. Balea vasca; 2. Candorca; 3. Balea de Groenlandia; 4. Cachalote; 5. Narval; 6. Balea azul; 7. Rorcual común; 8. Beluga.

Externamente posúen un corpo pisciforme, adaptado á vida acuática, con amplas variacións no tocante ó tamaño (desde as toniñas de ó redor de un metro de lonxitude ata a balea azul, de ata 30 metros e 180 toneladas, o animal máis grande coñecido), a forma da cabeza e o tamaño das aletas.

Os cetáceos, coma tódolos demais mamíferos, son animais de sangue quente (endotérmicos), respiración pulmonar e reprodución vivípara (paren e aleitan as súas crías). A presenza de pelo sobre a pel é vestixial e só se observa, moi ralo, nos fetos. As extremidades anteriores transformáronse en aletas pectorais (sen función locomotriz) e as posteriores atrofiáronse case totalmente, quedando unicamente un pequeño óso pélvico no abdome.

O rabo transformouse nunha aleta caudal que, a diferenza dos peixes, é horizontal. Esta aleta caudal é o mecanismo que utilizan para propulsarse e desprazarse. Presentan tamén unha aleta dorsal, sen base ósea, que pode ser moi destacada (como na candorca) ou inexistente (como na balea vasca ou na beluga).

O problema da respiración pulmonar nun medio acuático resolvérono mediante a transformación do cranio, alongado en horizontal, e a migración dos orificios nasais (narinas ou aventadores) á cara superior da cabeza. Os misticetos (baleas e rorcuais) posúen dous orificios nasais mentres que os odontocetos (golfiños, cachalote etc.) só presentan un. Outras transformacións fisiolóxicas permítenlles espazar extraordinariamente os movementos respiratorios e permanecer períodos prolongados de tempo baixo a auga (o cachalote, por exemplo, pode permanecer baixo a auga ata dúas horas sen necesitar saír á superficie para respirar).

Carecen de aparato auditivo externo e só teñen uns pequenos orificios detrás dos ollos e, ademais, en moitas especies estes condutos están obstruídos. Aínda así posúen un sentido do oído moi desenvolvido e son quen de determina-la orixe dos sons baixo o mar grazas ó seu sistema de ecolocalización. Tamén poden comunicarse entre si mediante un amplo repertorio de sons, que varían, segundo a especie e a familia, entre breves chasquidos a cancións prolongadas.

Other Languages
Afrikaans: Walvisagtiges
Alemannisch: Wale
aragonés: Cetacea
العربية: حيتانيات
asturianu: Cetacea
azərbaycanca: Balinakimilər
башҡортса: Кит һымаҡтар
беларуская: Кітападобныя
беларуская (тарашкевіца)‎: Кітападобныя
български: Китоподобни
brezhoneg: Morvil
bosanski: Cetacea
буряад: Халим
català: Cetacis
Cebuano: Balyena
ᏣᎳᎩ: Cetacea
کوردی: سیتەیسیا
čeština: Kytovci
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Китъ
Чӑвашла: Кит
Cymraeg: Morfiligion
dansk: Hvaler
Deutsch: Wale
Zazaki: Balina
Ελληνικά: Κητώδη
English: Cetacea
Esperanto: Cetacoj
español: Cetacea
eesti: Vaalalised
euskara: Zetazeo
suomi: Valaat
føroyskt: Hvalur
français: Cetacea
Nordfriisk: Wal (-fesk)
Gaeilge: Céiticeach
Gàidhlig: Muc-mhara
客家語/Hak-kâ-ngî: Kîn-ǹg
हिन्दी: तिमिगण
hrvatski: Kitovi
hornjoserbsce: Wjelryby
Kreyòl ayisyen: Balèn
magyar: Cetek
հայերեն: Կետանմաններ
interlingua: Cetacea
Bahasa Indonesia: Cetacea
Ido: Cetaceo
íslenska: Hvalir
italiano: Cetacea
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐊᕐᕕᒃ
日本語: クジラ目
Basa Jawa: Iwak lodan
Адыгэбзэ: Джейхэр
한국어: 고래
Перем Коми: Cetacea
Кыргызча: Кит сымалдар
Latina: Cetacea
Lëtzebuergesch: Walen
Lingua Franca Nova: Setaseo
Limburgs: Walvèsechtege
Ligure: Cetacea
lietuvių: Banginiai
latviešu: Vaļveidīgie
Māori: Ika moana
македонски: Китови
монгол: Халим
кырык мары: Кит ганьывлӓ
Bahasa Melayu: Setasea
မြန်မာဘာသာ: ငါးဝန်
Nederlands: Walvisachtigen
norsk nynorsk: Kvalar
norsk: Hvaler
Novial: Cetacea
occitan: Cetacea
ଓଡ଼ିଆ: Cetacea
ਪੰਜਾਬੀ: ਸੈਟੇਸ਼ੀਆ
Pälzisch: Wale
polski: Walenie
پنجابی: سیٹیشیا
پښتو: نهنگ
português: Cetáceos
Runa Simi: Wallina
română: Cetacee
русский: Китообразные
sicilianu: Cetacea
Scots: Cetacea
davvisámegiella: Hvaler
srpskohrvatski / српскохрватски: Kitovi
Simple English: Cetacea
slovenčina: Veľryby (rad)
slovenščina: Kiti
Soomaaliga: Nibiri
shqip: Cetacetë
српски / srpski: Китови
Basa Sunda: Paus (mamalia)
svenska: Valar
Kiswahili: Nyangumi
тоҷикӣ: Кит
Tagalog: Cetacea
Türkçe: Balinalar
українська: Китоподібні
اردو: حوتیہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Kitsimonlar
Tiếng Việt: Bộ Cá voi
West-Vlams: Walvissn
Winaray: Cetacea
吴语: 鲸豚类
хальмг: Тул
ייִדיש: וואלפיש
Vahcuengh: Ginghyiz
中文: 鯨豚類
Bân-lâm-gú: Cetacea
粵語: 鯨魚