Cerebelo

Encéfalo co cerebelo en violeta.
Posición do cerebelo.
División do tubo neural en vesículas encefálicas primarias. O cerebelo deriva do metencéfalo.
Visión posterior do mesencéfalo e do rombencéfalo en desenvolvemento. O rombencéfalo xa está divido en mielencéfalo e metencéfalo, e vense os primeiros esbozos do que será o cerebelo (placa cerebelosa).
Tinguidura de Nissl de cerebelo maduro onde se diferencia a capa molecular, a capa celular de Purkinje e a capa granular interna con neuronas granulares (100x).
Ampliación que permite comparar o tamaño e morfoloxía das células de Purkinje (grandes e con gran arborización dendrítrica) e as neuronas granulares (pequenas, redondas de coloración violeta escura) (400x).
Visión superior do cerebelo humano..
Visión inferior do cerebelo humano. Vense a cara inferior e a cara anterior do cerebelo.
Sección saxital do encéfalo humano. 1:Língula; 2:Lobuliño central; 3:Culmen; 4:Fisura prima; 5:Declive; 6:Folium; 7:Túber; 8:Pirámide; 9:Úvula; 10:Nódulo (lobo floculonodular); 11:Amigdala cerebelosa; A:Lobo anterior; B:Lobo posterior.

O cerebelo (do latín cerebellum, "cerebro pequeno") é unha rexión do encéfalo situado na zona occipital da cabeza debaixo do cerebro e detrás do tronco do encéfalo, que ten a función de integrar as vías sensitivas e as motoras. Existe unha gran cantidade de feixes nerviosos que conectan o cerebelo con outras estruturas encefálicas e coa medula espiñal. O cerebelo integra toda a información recibida para precisar e controlar as ordes que o córtex cerebral manda ao aparato locomotor a través das vías motoras.

As lesións a nivel do cerebelo non adoitan causar parálise pero si desordes relacionadas coa execución de movementos precisos, mantemento do equilibrio e a postura e aprendizaxe motora. Os primeiros estudos realizados por fisiólogos no século XVIII indicaban que os pacientes con dano cerebelar mostraban problemas de coordinación motora e movemento. Durante o século XIX comenzaron a realizarse os primeiros experimentos funcionais, causando lesións ou ablacións cerebelares en animais. Os fisiólogos observaban que tales lesións xeraban movementos estraños e torpes, descoordinación e debilidade muscular. Estas observacións e estudos levaron á conclusión de que o cerebelo era un órgano encargado do control da motricidade.[1] Porén, as investigacións modernas mostraron que o cerebelo ten un papel máis amplo, e está relacionado con certas funcións cognitivas como a atención e o procesamento da linguaxe, a música, a aprendizaxe e outros estímulos sensoriais temporais.

O cerebelo describiuno por primeira vez Herófilo no século IV a. C.

Características xerais

O cerebelo é un órgano impar e medio, situado na fosa cranial posterior, situado detrás do tronco do encéfalo e debaixo do lobo occipital do cerebro. Presenta unha porción central e impar, o vermis, e outras dúas porcións moito maiores que se estenden a ambos os lados, os hemisferios.

A organización celular do córtex cerebeloso é moi uniforme, coas neuronas dispostas en tres capas ou estratos ben definidos. Esta organización tan uniforme permite que as conexións nerviosas sexan relativamente doadas de estudar. Para facerse unha idea xeral das conexións neuronais que se dan no córtex cerebeloso, podemos imaxinar unha ringleira de árbores con cables unindo as pólas de cada unha coas da seguinte.

Por mor do elevado número de células granulosas que posúe, o cerebelo contén preto do 50% de todas as neuronas do encéfalo, pero só representa o 10% do seu volume. O cerebelo recibe case 200 millóns de fibras aferentes. En comparación, o nervio óptico compose de só un millón de fibras.

Other Languages
aragonés: Cerebelo
العربية: مخيخ
ܐܪܡܝܐ: ܡܘܚܘܢܐ
беларуская: Мазжачок
български: Малък мозък
brezhoneg: Ilpenn
bosanski: Mali mozak
català: Cerebel
کوردی: مێشکۆڵە
čeština: Mozeček
Deutsch: Kleinhirn
Ελληνικά: Παρεγκεφαλίδα
English: Cerebellum
Esperanto: Cerbeto
español: Cerebelo
eesti: Väikeaju
euskara: Garuntxo
فارسی: مخچه
suomi: Pikkuaivot
français: Cervelet
Gaeilge: Ceirbrín
עברית: המוח הקטן
hrvatski: Mali mozak
Kreyòl ayisyen: Sèvèl
magyar: Kisagy
հայերեն: Ուղեղիկ
Bahasa Indonesia: Otak kecil
íslenska: Litli heili
italiano: Cervelletto
日本語: 小脳
ქართული: ნათხემი
қазақша: Мишық
한국어: 소뇌
Latina: Cerebellum
lietuvių: Smegenėlės
latviešu: Smadzenītes
монгол: Бага тархи
Bahasa Melayu: Serebelum
مازِرونی: مخچه
Nederlands: Kleine hersenen
norsk nynorsk: Veslehjernen
polski: Móżdżek
português: Cerebelo
română: Cerebel
русский: Мозжечок
Scots: Cerebellum
srpskohrvatski / српскохрватски: Mali mozak
Simple English: Cerebellum
slovenčina: Mozoček
slovenščina: Mali možgani
Soomaaliga: Cerebellum
српски / srpski: Мали мозак
svenska: Lillhjärnan
тоҷикӣ: Мағзча
Tagalog: Serebelyum
Türkçe: Beyincik
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: كىچىك مېڭە
українська: Мозочок
oʻzbekcha/ўзбекча: Miyacha
Tiếng Việt: Tiểu não
მარგალური: ნათხემი
中文: 小脑
Bân-lâm-gú: Sió-náu
粵語: 小腦