Centríolo

Un centríolo mostrando os nove tripletes de microtúbulos. Imaxe obtida con microscopio electrónico de transmisión.

Os centríolos son orgánulos celulares formados por microtúbulos con forma de cilindros ocos,[1] que se atopan na maioría das células eucarióticas animais, pero que están ausentes nas células das plantas superiores e na maioría dos fungos.[2]. Aparecen por parellas (diplosoma) dispostos un perpendicularmente ao outro, e rodeados dun material proteico amorfo e denso chamado material pericentriolar. Todo o conxunto (centríolos + material pericentriolar) forma o centrosoma, principal centro organizador de microtúbulos (COMT) da célula, encargado de polimerizar os dímeros de tubulina para fabricar os microtúbulos do citoesqueleto.

Estrutura

Esquema da estrutura tridimensional dun centríolo.

Cada centríolo está formado por nove tripletes de microtúbulos dispostos en círculo. O microtúbulo máis interno de cada triplete chámase microtúbulo A e está completo (composto por trece protofilamentos). A el únense os outros dous microtúbulos: o microtúbulo B, que comparte tres protofilamentos co A, e o microtúbulo C, o máis externo, que comparte tres protofilamentos co B.

Os tripletes están unidos cos adxacentes grazas a unha proteína chamada nexina, que conecta o microtúbulo A co C do seguinte triplete. De cada triplete saen en forma de raios as fibras radiais, formando unha estrutura denominada "roda de carro". Dise que o centríolo ten unha estrutura "9+0", por ter nove tripletes externos e ningún no centro. Desviacións da estrutura máis común descrita son os centríolos dos embrións da mosca Drosophila melanogaster, con nove dobretes, e os espermatozoides e fases embrionarias iniciais do verme Caenorhabditis elegans, con nove singletes.[3][4]

Other Languages
العربية: مريكز
azərbaycanca: Sentriol
български: Центриола
bosanski: Centriola
català: Centríol
کوردی: سێنتریۆل
čeština: Centriola
dansk: Centriole
Deutsch: Zentriol
English: Centriole
Esperanto: Centriolo
español: Centriolo
eesti: Tsentriool
euskara: Zentriolo
français: Centriole
Gaelg: Kentreen
עברית: צנטריול
hrvatski: Centrioli
Kreyòl ayisyen: Santriyòl
Bahasa Indonesia: Sentriol
íslenska: Deilikorn
italiano: Centriolo
日本語: 中心小体
ქართული: ცენტრიოლები
қазақша: Центриоль
한국어: 중심소체
kurdî: Sentrîol
Latina: Centriolum
lietuvių: Centriolė
latviešu: Centriola
македонски: Центриола
Plattdüütsch: Zentriol
Nederlands: Centriool
occitan: Centriòl
polski: Centriola
پنجابی: سینٹریول
română: Centriol
русский: Центриоль
Scots: Centriole
srpskohrvatski / српскохрватски: Centriola
Simple English: Centriole
slovenčina: Centriola
српски / srpski: Центриола
svenska: Centriol
Tagalog: Sentriyol
Türkçe: Sentriyol
українська: Центріоль
Tiếng Việt: Trung tử
中文: 中心粒