Cefalópodos

Cefalópodos
Cephalopoda

Rango fósil: cámbrico - actualidade [1][2]
Xiba común (Sepia officinalis)
Xiba común (Sepia officinalis)
Clasificación científica
Superreino:Eukarya
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
(sen clasif.)Bilateria
Filo:Mollusca
Clase:Cephalopoda
Cuvier, 1797
Subclases

A dos cefalópodos (Cephalopoda) é unha clase de invertebrados bilaterais, mariños, do filo dos moluscos.[3][4]

A súa característica máis rechamante é qjue o seu corpo está constituído por unha cabeza prominente e un conxunto de brazos ou tentáculos, que son modificacións do pé de moluscos primitivos.

Actualmente existen entre 700 e 800 especies de cefalópodos,[2][5] todas elas pertencentes á subclase dos coleoideos, a excepción dos náutilos, que pertencen á subclase dos nautiloideos, e que reciben os nomes comúns de polbos, luras, potas, xibas (chamadas tamén chocos nalgunhas zonas de Galicia) e náutilos, aínda que o seu número se incrementa cada ano, quedando seguramentea algunhas especies vivas por descubrir. Estímase que o número de especies extintas rolda as 11 000.[6]

O estudo dos cefalópodos é unha rama da malacoloxía coñecida como teutoloxía.

Características

Lura común (Loligo vulgaris).
Sepiola atlantica.
Medindo unha lura xigante (Architeuthis dux), en 1954.
Vampyroteuthis infernalis, unha especie de lura vampiro (orde dos vampiromórfidos).

Nos cefalópodos o característico dos moluscos aparece xunto á cabeza (de aí o nome), e está diversificado en varios tentáculos provistos de ventosas, en número que varía desde 8 nos polbos até os 90 que poden ter os náutilos (nestes, no existen ventosas nos tentáculos).

Algúns dos tentáculos (nos coleoideos) modificáronse para formaren estruturas reprodutivas chamadas espádices, que cumpren o rol de introducir espermatóforos (sacos cheos de esperma) na cavidade paleal da femia. Estes tentáculos denomínanse hectocotilos.

Manto

O manto ou palio dos cefalópodos é un órgano que recobre o corpo enteiro e forma unha prega que limita a cavidade branquial e presenta varios modelos: pode ter forma de fuso (luras), de bolsa (octópodos) ou de espiral (náutilos). Abarca unha gran cavidade (a cavidade paleal) que alberga as complexas branquias e na que se abren os órganos reprodutores, os urinarios e o ano. A masa visceral está adosada a el.

A superficie do manto está enteiramente cuberta de orgánulos coloreados, os cromatóforos, que, estimulados polo cerebro, permiten a estes animais cambiar moi rapidamente de cor. Debaixo das células pigmentadas existen células irisadas que reflicten a luz.

O manto é un órgano moi musculado. A súa contracción brusca forza á auga a saír da cavidade paleal a través do sifón, o que impulsa ao animal cara a atrás (natación por retropopulsión), que se despraza así con gran rapidez.

Cuncha

A cuncha tende a reducirse, facerse interna ou desaparecer, segundo a especie. Cando teñen unha cuncha ben desenvolvida, está dividida en cámaras separadas por septos, e o animal habita na última cámara (a máis recente).[7] Nos coleoideos, cando existe, é interna e se divide en 3 zonas denominadas, desde a rexión caudal á cefálica, rostro, fragmocono (tabicado) e proóstraco, cada un con desenvolvemento variábel en cada grupo. Nos nautiloideos é externa, planoespiral e tabicada na súa totalidade.

Locomoción

Os xibas ou sepias, canda os náutilos, seguen o mesmo sistema natatorio que os seus antepasados fósiles, enchendo de gas certas partes da súa cuncha para flotar. As luras nadan por medio da chamada flotación dinámica, similar á dos tiburóns, cunha propulsión a reacción en chorro de auga. O resto dos cefalópodos que viven afastados da superficie desenvolveron un sistema químico de flotación, enchendo de compostos amoniacais ou aceites os espazos do seu corpo; ao seren estas substancias menos densas que a auga, flotan.

Os cefalópodos teñen un corpo musculoso e flexíbel, propiedade que se intensifica nos polbos, os cales son capaces de esconderse en espazos 10 veces máis pequenos que o seu corpo.

Moitos cefalópodos teñen comportamentos de fuxida rápidos que dependen dun sistema de fibras nerviosas motoras xigantes que controlan as contraccións potentes e sincrónicas dos músculos do manto, o que permite a saída a presión da auga da cavidade paleal. O centro de coordinación deste sistema é un par de neuronas xigantes de primeira orde (formadas pola fusión de ganglios viscerais) que conectan con neuronas xigantes de segunda orde, estendéndose estas até un par de grandes ganglios estrelados. Destes ganglios estrelados unhas neuronas xigantes de terceira orde inervan as fibras musculares circulares do manto.

Neurólogos de todo o mundo experimentaron con polbos ao longo do século XX e detectaron neles unha intelixencia superior á de calquera outro invertebrado; son capaces de encontrar a saída dun labirinto, abrir botes e mesmo aprender comportamentos dos seus conxéneres.

Segregan un líquido escuro, a tinta ou borra, coa que enturban a auga con obxecto de ocultarse. A tinta é un pigmento que se almacena na bolsa da tinta, situada enriba do recto e que pode expulsarse a través do sifón.

Pigmentación

Os cefalópodos teñen células pigmentarias no manto chamadas cromatóforos. Ditas células posúen pigmentos que se expanden ou condensan a vontade do animal por medio dunha contracción muscular controlada polo sistema nervioso. Desta maneira poden cambiar de cor en cuestión de segundos para mimetizarse co medio circundante e pasaren desapercibidos. Tamén usan esta capacidade para comunicarse entre eles por medio da coloración, grazas a súa aguda visión.

Sistema nervioso e órganos dos sentidos

Os cefalópodos posúen un complexo sistema nervioso formado por ganglios ao redor do esófago (ganglios periesofáxicos) que funcionan como un auténtico cerebro.[8]

Este cerebro está dividido en dúas porcións, chamadas masa supraesofáxica e masa subesofáxica segundo a súa posición respecto ao esófago, aínda que ambas as partes están unidas por conectivos.

Un trazo particular e exclusivo dos cefalópodos é que o cerebro está rodeado por unha masa ou caixa cartilaxinosa, que se interpreta como un "intento" evolutivo de formar un cranio.

O ollo dos cefalópodos é un órgano análogo ao dos vertebrados, de distinta orixe evolutiva e embrionaria, pero por converxencia evolutiva ambos son moi parecidos. Os cefalópodos dispoñen do ollo máis desenvolvido de todos os invertebrados e mesmo rivalizan co dos vertebrados.[9]

Posúen oído a baixas frecuencias, como os mamíferos mariños, o que lles permite localizar aos seus depredadores máis alá do seu campo visual.

Metabolismo

No metabolismo deste grupo é destacábel a importancia da obtención de enerxía a partir da metabolización de proteínas, o que non é unha gran vantaxe evolutiva frote a outros grupos do seu contorno, como os peixes, que oxidan as graxas do seu tecido adiposo.[10] Aínda así, isto parece ser que é unha das características que lles permitiron conquistar hábitats tan exclusivos como son as grandes profundidades, onde exemplares de gran tamaño son depredados por caldeiróns, zifios e cachalotes.

Tamén esta característica metabólica está relacionada coas propiedades nutritivas cando individuos deste grupo se utilizan na alimentación humana: baixo contido graxo, alto contido proteico (e, en ocasións, sabor amoniacal pola presenza de bases nitroxenadas, restos da mencionada metabolización proteica).

Other Languages
Afrikaans: Koppotige
العربية: رأسيات القدم
asturianu: Cephalopoda
azərbaycanca: Başıayaqlılar
беларуская: Галаваногія
беларуская (тарашкевіца)‎: Галаваногія
български: Главоноги
català: Cefalòpodes
čeština: Hlavonožci
Deutsch: Kopffüßer
Ελληνικά: Κεφαλόποδα
English: Cephalopod
Esperanto: Kapopieduloj
español: Cephalopoda
eesti: Peajalgsed
euskara: Cephalopoda
فارسی: سرپایان
føroyskt: Høgguslokkar
français: Céphalopode
Gaeilge: Cephalopoda
Bahasa Hulontalo: Polawuto
עברית: סילוניות
हिन्दी: शीर्षपाद
hrvatski: Glavonošci
magyar: Fejlábúak
հայերեն: Գլխոտանիներ
interlingua: Cephalopoda
Bahasa Indonesia: Sefalopoda
íslenska: Smokkar
italiano: Cephalopoda
日本語: 頭足類
Basa Jawa: Kapalapada
қазақша: Басаяқтылар
한국어: 두족류
Кыргызча: Башпуттар
Latina: Cephalopoda
Lingua Franca Nova: Sefalopoda
lietuvių: Galvakojai
latviešu: Galvkāji
македонски: Главоноги
Plattdüütsch: Koppfööt
Nederlands: Inktvissen
norsk nynorsk: Blekksprutar
polski: Głowonogi
português: Cefalópodes
Runa Simi: Umachaki
română: Cephalopoda
русский: Головоногие
srpskohrvatski / српскохрватски: Glavonošci
Simple English: Cephalopod
slovenčina: Hlavonožce
slovenščina: Glavonožci
српски / srpski: Главоношци
svenska: Bläckfiskar
Tagalog: Cephalopoda
українська: Головоногі
oʻzbekcha/ўзбекча: Boshoyoqli mollyuskalar
West-Vlams: Intevissn
Winaray: Cephalopoda
中文: 头足纲
粵語: 頭足綱