Catolicismo

Catolicismo
Latin cross gold.png
Cruz latina
Historia
FundadorDesde Cristo, a partir dos 12 Apóstolos
EscisiónsCatolicismo occidental e Ortodoxia oriental
Clasificación
Teoloxíacristianismo
Demografía e cultura
Fieis> de 1000 millóns
Linguas litúrxicasLatín, linguas vernáculas

Catolicismo (do grego καθολικός, katholikós, 'universal, que comprende todo') é un termo que fai referencia á principal rama actual do cristianismo, xurdida tralo Cisma de Oriente. Os católicos son fieis á Igrexa católica, como así tamén á teoloxía, doutrina, liturxia, principios éticos e normas de comportamento derivadas, do mesmo xeito que ao conxunto dos seus seguidores como un todo, a quen se lles denomina «católicos».[1] O vocábulo «catolicismo» úsase polo xeral para facer alusión á experiencia relixiosa compartida polas persoas que viven en comuñón coa Igrexa de Roma.[2]

O termo refírese aos cristiáns pertencentes á Igrexa católica, composta por 23 igrexas sui iuris que se atopan en completa comuñón co Papa e que en conxunto reúnen a máis de mil millóns de fieis[3] (unha sexta parte da poboación mundial e máis da metade de todos os fieis cristiáns).[4][5] A principal característica distintiva da Igrexa católica é o recoñecemento da autoridade e primacía do papa, bispo de Roma.[Nota 1] Con todo hai varias igrexas que comparten tamén o adxectivo cualificativo de «católicas», como a Igrexa ortodoxa e as Antigas igrexas orientais, a Igrexa asiria do Oriente e as Igrexas que constitúen a Comuñón anglicana[6][Nota 2]

Historia do catolicismo

O nome de Igrexa católica (ou catolicismo) utilizouse para referirse á "Igrexa universal" desde principios do século II; a primeira referencia que se ten do uso deste termo, é a aparición do mesmo nas cartas de Ignacio de Antioquía (en grego Ιγνάτιος Αντιοχείας), quen segundo Xoán Crisóstomo, sería ordenado polo propio Pedro.[7][8]

En varias situacións durante os tres primeiros séculos do cristianismo, o bispo de Roma, considerado no catolicismo o sucesor do apóstolo Pedro, interviña nas comunidades para axudar a resolver conflitos, exemplos foron os papas Clemente I, Vítor I e Calisto I.[9][10] Nos primeiros tres séculos da súa historia, a Igrexa organizábase en tres patriarcas, os bispos de Antioquía, con xurisdicción sobre Siria, e máis tarde sobre Asia Menor e Grecia, Alexandría da xurisdicción de Exipto, e Roma da xurisdicción de Occidente.[11] Máis tarde os bispos de Constantinopla e Xerusalén engadíronse os patriarcas, por razóns administrativas. O Primeiro Concilio de Nicea no ano 325, considerou ao bispo de Roma como o "primus" (primeiro) entre os patriarcas, establecéndoo así nos seus cuartos, quintos e sextos canons, "seguindo a tradición antiga",[12] aínda que moitos interpretan que este título como o "primus inter pares" (primeiro entre iguais). Considerouse tamén que o patriarca de Roma posuía unha autoridade especial debido á súa relación con san Pedro, que morrera e fora sepultado nesta cidade.[13]

Other Languages
Acèh: Katolik
Alemannisch: Katholizismus
aragonés: Catolicismo
العربية: كاثوليكية
azərbaycanca: Katolisizm
башҡортса: Католицизм
žemaitėška: Katalėkībė
беларуская: Каталіцтва
беларуская (тарашкевіца)‎: Каталіцтва
brezhoneg: Katoligiezh
català: Catolicisme
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Tiĕng-ciō-gáu
нохчийн: Католицизм
qırımtatarca: Katoliklik
čeština: Katolicismus
Чӑвашла: Католицизм
Cymraeg: Catholigiaeth
Deutsch: Katholizismus
Zazaki: Katolisizm
Esperanto: Katolikismo
español: Catolicismo
euskara: Katolizismo
suomi: Katolisuus
français: Catholicisme
arpetan: Catolicismo
furlan: Catolicisim
Bahasa Hulontalo: Gereja Katolik
hrvatski: Katoličanstvo
magyar: Katolicizmus
interlingua: Catholicismo
Bahasa Indonesia: Katolik
Patois: Kiaklikizim
Basa Jawa: Katulik
ქართული: კათოლიციზმი
қазақша: Католицизм
ភាសាខ្មែរ: កាតូលិក
한국어: 가톨릭주의
Кыргызча: Католицизм
Lëtzebuergesch: Katholizismus
Lingua Franca Nova: Catolicisme
Ligure: Catoliceximo
lumbaart: Catolicesim
lingála: Mumpɛ́
lietuvių: Katalikybė
latviešu: Katoļticība
Basa Banyumasan: Katolik
Malagasy: Katolisisma
олык марий: Католицизм
Baso Minangkabau: Katolik
монгол: Католик
Bahasa Melayu: Katolik
Mirandés: Catolicismo
Nederlands: Katholicisme
Nouormand: Catholicisme
Picard: Catolicime
polski: Katolicyzm
Piemontèis: Catolicésim
português: Catolicismo
română: Catolicism
русский: Католицизм
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱠᱟᱹᱛᱞᱤᱠ ᱪᱟᱨᱪ
srpskohrvatski / српскохрватски: Katoličanstvo
Simple English: Catholicism
slovenčina: Katolicizmus
slovenščina: Katolištvo
српски / srpski: Католицизам
svenska: Katolicism
Kiswahili: Katoliki
tetun: Katolika
Tagalog: Katolisismo
Tok Pisin: Katolik
Türkçe: Katolik
татарча/tatarça: Католицизм
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: Katolik dini
українська: Католицька церква
Tiếng Việt: Công giáo
Winaray: Katolisismo
吴语: 天主教
მარგალური: კათოლიციზმი
ייִדיש: קאטאליציזם
中文: 天主教
文言: 天主教
Bân-lâm-gú: Kong-kàu
粵語: 天主敎