Cataluña

Cataluña
Catalunya
Catalonha
Bandeira de Cataluña
Escudo de Cataluña
BandeiraEscudo
Cataluna in Spain (plus Canarias).svg
EstadoEspaña España
CapitalBarcelona
 • Poboación1 604 555 (2015)
Cidade máis poboadaBarcelona
Lingua oficialCatalán, aranés e castelán
Forma de gobernoGeneralitat
Quim Torra
Condados cataláns
Coroa de Aragón
Imperio Español
España
Estatuto
988
1137
1716
1833
1932 / 1979 (Reforma 2006)
SuperficiePosto 6º
 • Total32.114 km²
Fronteirasn/d km
Costas826,5 km
PoboaciónPosto 2º
 • Total7 467 423 (2008) hab.
 • Densidade230,89 hab./km²
Xentiliciocatalán / catalá[1]
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.cat
Prefixo telefónico34 97-
Barcelona: +34 93
Sitio web oficial

Cataluña[1][2][3] (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

O Parlamento de Cataluña, recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Cataluña, definiu de forma amplamente maioritaria Cataluña como nación. A Constitución española, no seu artigo segundo, recoñece a realidade nacional de Cataluña como nacionalidade.

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Mediodía-Pireneos e Languedoc-Rosellón) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes[5] nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español,[6] sendo a cuarta en PIB per cápita, tras País Vasco, Navarra e Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Xeografía

Mapa dos usos do solo en Cataluña segundo datos de 2002.
     Terras de labranza      Augas continentais      Terras improdutivas      Núcleos urbanos, industrias e estradas      Fragas e prados

Cataluña ten unha diversidade xeográfica relativamente moi marcada, tendo en conta o relativamente pequeno do seu territorio. A xeografía está condicionada polo litoral mediterráneo ao leste, con 580 quilómetros de costa, e as grandes unidades de relevo dos Pireneos ao norte. As coordenadas dos seus extremos son 3º 19' 59,94'' de lonxitude leste para o extremo oriental, 0º 9' 41,69'' de lonxitude leste para o extremo occidental, 42º 51' 45,97'' de latitude norte para o extremo setentrional e 40º 31' 27,56'' de latitude norte para o extremo meridional.

Aproximadamente o 28,7% do chan catalán está adicado aos cultivos, o 15,7% son prados e pastos, 1% corresponde a ríos, o 43,4% a fragas, o 6,7% a áreas urbanas e de urbanización e o 4,6% restante a outras actividades non especificadas.[7]

Topografía

Pla de Bages, na Depresión Central

O relevo catalán presenta, a grandes trazas, tres unidades estruturais xerais:

Son unha formación montañosa que conecta a Península Ibérica co territorio continental europeo, situados ao norte de Cataluña. Os Pireneos cataláns representan case a metade, en lonxitude, de todo o Pireneo español, posto que se estende por máis de 200 km.

Tradicionalmente diferenciouse o Pireneo Axial, o principal do Prepireneo (meridional ao territorio catalán) e que son formacións montañosas paralelas ás cordilleiras principais pero con altitudes menores, menos escarpadas e dunha formación xeolóxica diferente. Ambas as unidades son máis anchas no occidente, ao contrario que o oriente, onde se presentan os picos máis elevados. A elevación máis alta de Cataluña, que se atopa ao norte da comarca de Pallars Sobirà, é a Pica d'Estats con 3.143 m, seguida do Puigpedrós (2.914 m) e o Puigmal (2.910 m) os dous na fronteira con Francia. No Prepireneo destacan varias cordilleiras como a serra do Cadí ou a de Pedraforca.

Son unha alternancia de elevacións e chairas paralelas á costa mediterránea. Este Sistema Mediterráneo ten a súa base en dúas cordilleiras máis ou menos paralelas á costa, nunha orientación noroeste-suroeste. Estas dúas cordilleiras son a Cordilleira Litoral e a Cordilleira Prelitoral. A Litoral é de menor extensión e con altitudes menores, mentres que a Cordilleira Prelitoral é maior tanto en extensión como en altitude. Dentro o sistema atópase unha serie de terras chairas, as entidades maiores das cales forman a Depresión Litoral e a Depresión Prelitoral.

É unha chaira que configura o sector oriental do Val do Ebro, entre os Pireneos e a Cordilleira Litoral, ocupando este territorio as comarcas do sur da provincia de Lleida e as centrais da de Barcelona. As terras da Depresión sitúanse entre os 200 e os 600 m de altitude. As chairas e as augas que descenden dos Pireneos fixeron que o territorio sexa fértil para campos de cultivo, construíndose numerosas canles de irrigación.

Hidrografía

O río Segre na cidade de Lleida.

Case a totalidade de Cataluña pertence á conca mediterránea. A rede hidrográfica catalá está integrada por dúas concas hidrográficas importantes, a do Ebro (Ebre) e as concas internas de Cataluña, todas desaugando ao Mediterráneo. Ademais, hai está conca do Garona que desemboca no océano Atlántico en territorio francés, mais só abarca o 1,73% do territorio.

A rede hidrográfica pódese dividir en dous sectores, un de vertente occidental ou do Ebro e un de vertente oriental formato por ríos menores que desembocan ao Mediterráneo ao longo do litoral catalán. O primeiro achega unha media de 18.700 hm3/ano, mentres que o segundo só achega unha media de 2.020 hm3/ano. A diferenza é debida á grande achega do Ebro, do cal o Segre é un importante afluente.

A conca do Ebro en Cataluña sérvese principalmente do río Segre como maior tributario, cuxa conca en solitario alcanza os 7.455 km², e ao que se lle suman como afluentes as concas da Noguera Pallaresa (2.811 km²) e Noguera Ribagorçana (1.013 km²). Todos os ríos seguen un eixo Pireneos-Ebro. Tras a afluencia do Segre, o Ebro diríxese cara ao Delta irrigando mediante outros afluentes un territorio de 3.757 km², en boa medida situado na área das Terres de l'Ebre.

As concas internas de Cataluña divídense habitualmente a partir daqueles ríos que nacen nos Pireneos e aqueles que o fan nas Cordilleiras Costeiras Catalás. As concas que conforman o eixo Pireneos-Mediterráneo confórmanas os ríos Llobregat, Ter, Fluvià, Muga e Tec (que discorre cara ao Rosellón). Estas concas discorren por unha área de 9.622 km². As concas restantes, seguindo o chamado eixo Mediterráneo, nacen tanto na Cordilleira Litoral, Prelitoral como na Chaira do Empordà e regan as súas augas por 6.890 km². Os ríos máis importantes son (de norte a sur) o Daró, a Tordera, o Besòs, o Foix, o Gaià, o Francolí e a Sénia.

A máis pequena das concas catalás, a do río Garona, discorre maioritariamente polo Val de Arán. Recibe augas de numerosos ríos e barrancos que baixan polas ladeiras das montañas do val, e dentro do territorio catalán os seus afluentes máis longos son o Arriu Unhòla e o Arriu de Varradòs.

Cataluña hai ademais unha relativa riqueza de augas subterráneas que, aínda existe unha certa desigualdade entre algunhas comarcas, abranguen toda a estrutura xeolóxica do territorio.[8] Nos Pireneos cataláns hai tamén moitos estanques pequenos, restos da época glaciar, sendo o maior o estany de Banyoles.

A costa

Cidade de Sitges coas súas praias

A costa catalá abrangue unha liña xeneralizada de máis de 500 km de lonxitude, aínda que en definición alcanza os 826,5 km[9]. A costa tende a ser rectilínea sen grandes accidentes, sendo o máis salientábel o que producen os Pireneos en contacto mar, formando o cabo de Creus, xunto ao cal se acha o golfo de Roses.

Posteriormente e até Blanes aparece a Costa Brava, caracterizada por cantís de pequena altura e calas agochadas, seguindo logo unha longa liña de praias do Maresme, en paralelo á Cordilleira Litoral, só cortada por algúns portos comerciais e pesqueiros. A costa de Barcelona caracterízase por praias artificiais e un gran porto comercial que se estende ao longo de máis de nove quilómetros. A parte sur do porto desenvolveuse sobre a chaira do delta do Llobregat, que tras o porto debuxa unha liña suave costa de algo máis de 18 km.

Despois é o macizo do Garraf quen articula as costas en destacábeis cantís que, até despois de Sitges, non volven a ser rectilíneas e orientadas cara ao sur, até chegar á altura do porto de Tarragona, o segundo maior porto de Cataluña con máis de 5 km de longo, e finalmente ao cabo de Salou. As praias desta zona toman o nome de Costa Daurada na súa vertente turística.

Cara ao sur a costa é de novo suave, caracterizada por unha menor ocupación humana. O último grande accidente xeográfico determínao o golfo de Sant Jordi e as terras baixas do delta do Ebro, onde se achan illas e penínsulas, como as da Punta del Falgar ao norte e La Banya ao sur, que queda unida ao delta pola praia do Trabucador. A area das praias catalás é xeralmente dourada, e con certa tendencia a ser granulosa ao norte e máis fina ao sur.

Clima

Pireneos cataláns, onde se teñen acadado temperaturas mínimas históricas de máis de -30 °C

Cataluña goza dun clima mediterráneo, aínda que con grandes variacións de temperatura entre o litoral costeiro, cun clima suave, amornado no inverno e moi caloroso no verán; o interior que ten un clima continental mediterráneo, con invernos fríos e veráns moi calorosos; e as zonas montañosas próximas aos Pireneos, que teñen un clima de alta montaña, con mínimas baixo cero e neve abundante no inverno, precipitacións anuais por encima de 1.000 mm e veráns menos calorosos. A conca do Garona, no Val de Arán, ten un clima atlántico.

As temperaturas medias anuais oscilan dende os 0 °C nos Pireneos, até os 17 °C da costa do sur, chegando as temperaturas máximas até os 43 °C (nas Garrigues) e as mínimas aos -30 °C (nos Pireneos).[10] As temperaturas extremas históricas rexistradas en Cataluña foron de 43 °C en Lleida e Igualada en xullo de 1982 e Montblanc en xullo de 1984, e de -32 °C no estany Gento, a 2.030 m de altitude, en febreiro de 1956. As precipitacións medias anuais oscilan entre os 350 litros do Segrià e os 1.200 da alta Garrotxa.

A humidade relativa media anual atópase en xeral en todo o territorio entre o 70% e o 75%. No litoral é bastante homoxénea durante todo o ano, mentres que no verán é mínima e no inverno acada o seu máximo, especialmente acusado nos lugares onde hai habitualmente néboas. O vento dominante en Cataluña, como en xeral no resto de Europa, é de poñente. Non obstante, tanto no norte como no sur dominan os ventos de compoñente norte: a tramuntana (do norte) especialmente no Alt Empordà e o mestral (do nordés) no sur. En canto a insolación, Cataluña ten unha media que oscila entre as 2.000 e 2.600 horas anuais.

Espazos naturais

Fraga no Parque Natural do Montseny durante o outono

A protección da contorna natural catalá medrou rapidamente durante os últimos anos. No ano 2006 o territorio terrestre protexido ascendía a 9.608 km², practicamente o 30% de Cataluña. Os espazos difiren en grao de protección; neste sentido, o parque con maior rango e antigüidade constitúeo o único Parque nacional en territorio catalán, o Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici, inaugurado en 1955. Con todo, xa dende 1932 pretendíase protexer algúns espazos do Pireneo no chamado Plan Macià.[11] Até despois da restauración democrática e o goberno catalán non volveu a lexislar para protexer espazos naturais. Porén, actualmente son varias administracións (o Ministerio de Medio Ambiente, a Generalitat de Cataluña e a Deputación de Barcelona, xunto a varios consorcios de municipios) as que se encargan de velar, protexer e promocionar os espazos protexidos. A Generalitat ademais de xestionar o Parque de Aigüestortes, xestiona unha rede de once parques naturais, tres Paratges Naturals d'Interès Nacional, unha reserva natural (Delta do Llobregat) e unha reserva mariña (Illas Medes).

Pola súa banda, a Deputación de Barcelona dispón dunha Rede de Parques Naturais (Xarxa de Parcs Naturals) dirixido pola Área de Espazos Naturais da Deputación que estende os espazos protexidos por doce parques de diferente grao de protección, algúns xestionados xunto á Generalitat. Ademais deses parques, existe unha rede máis extensa de espazos específicos protexidos mediante leis menos específicas cuxo obxectivo é axuntar a diversidade do territorio catalán e a súa flora e fauna local. Esta rede, chamada PEIN (Pla d'Espais d'Interès Natural) incorpora ademais os parques naturais e nacionais antes mencionados que si contan cunha lexislación específica. A abril de 2007, os espazos incluídos no PEIN ascendían a 165.

Other Languages
Afrikaans: Katalonië
Alemannisch: Katalonien
አማርኛ: ካታሎኒያ
aragonés: Catalunya
العربية: كتالونيا
ܐܪܡܝܐ: ܩܛܠܘܢܝܐ
asturianu: Cataluña
azərbaycanca: Kataloniya
تۆرکجه: کاتالونیا
башҡортса: Каталония
Boarisch: Katalonien
žemaitėška: Kataluonėjė
Bikol Central: Katalunya
беларуская: Каталонія
беларуская (тарашкевіца)‎: Каталёнія
български: Каталония
भोजपुरी: कैटालोनिया
brezhoneg: Katalonia
bosanski: Katalonija
буряад: Каталони
català: Catalunya
нохчийн: Каталони
Cebuano: Katalunya
کوردی: کەتەلۆنیا
corsu: Catalunia
čeština: Katalánsko
kaszëbsczi: Katalońskô
Cymraeg: Catalwnia
dansk: Catalonien
Deutsch: Katalonien
Zazaki: Katalonya
dolnoserbski: Kataloniska
Ελληνικά: Καταλονία
English: Catalonia
Esperanto: Katalunio
español: Cataluña
eesti: Kataloonia
estremeñu: Cataluña
فارسی: کاتالونیا
suomi: Katalonia
Võro: Kataloonia
français: Catalogne
Nordfriisk: Kataloonien
Frysk: Kataloanje
Gaeilge: An Chatalóin
Gàidhlig: Catalòinia
Avañe'ẽ: Katalúña
Hausa: Katalunya
客家語/Hak-kâ-ngî: Catalunya
עברית: קטלוניה
हिन्दी: कैटलोनिया
hrvatski: Katalonija
hornjoserbsce: Katalanska
Kreyòl ayisyen: Kataloy
magyar: Katalónia
հայերեն: Կատալոնիա
interlingua: Catalonia
Bahasa Indonesia: Catalunya
Interlingue: Catalonia
íslenska: Katalónía
italiano: Catalogna
Basa Jawa: Catalunya
ქართული: კატალონია
Qaraqalpaqsha: Kataloniya
Taqbaylit: Katalunya
қазақша: Каталония
한국어: 카탈루냐
къарачай-малкъар: Каталония
kurdî: Katalonya
kernowek: Kataloni
Кыргызча: Каталония
Latina: Catalaunia
Ladino: Katalunya
Lëtzebuergesch: Katalounien
Lingua Franca Nova: Catalunia
Limburgs: Catalonië
Ligure: Catalogna
lumbaart: Catalògna
lietuvių: Katalonija
latviešu: Katalonija
Māori: Catalonia
македонски: Каталонија
മലയാളം: കാറ്റലോണിയ
Bahasa Melayu: Catalonia
مازِرونی: کاتالونیا
Nederlands: Catalonië
norsk nynorsk: Catalonia
norsk: Catalonia
Novial: Katalunia
Nouormand: Catalongne
Livvinkarjala: Katalunii
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਾਤਾਲੋਨੀਆ
Kapampangan: Catalonia
Picard: Catalongne
polski: Katalonia
پنجابی: کیتلونیا
português: Catalunha
Runa Simi: Katalunya
română: Catalonia
tarandíne: Catalogna
русский: Каталония
sardu: Catalugna
sicilianu: Catalugna
Scots: Catalonie
davvisámegiella: Katalonia
srpskohrvatski / српскохрватски: Katalonija
Simple English: Catalonia
slovenčina: Katalánsko
slovenščina: Katalonija
Soomaaliga: Katalooniya
shqip: Katalonia
српски / srpski: Каталонија
Seeltersk: Katalonien
svenska: Katalonien
Kiswahili: Catalonia
ślůnski: Katalůńijo
Türkmençe: Kataloniýa
Tagalog: Cataluña
Türkçe: Katalonya
татарча/tatarça: Каталония
reo tahiti: Tatarūnia
удмурт: Каталония
українська: Каталонія
oʻzbekcha/ўзбекча: Kataloniya
vèneto: Catełogna
Tiếng Việt: Catalunya
West-Vlams: Catalonië
Volapük: Katalonän
walon: Catalogne
Winaray: Catalunya
მარგალური: კატალონია
ייִדיש: קאטאלאניע
Bân-lâm-gú: Catalunya