Cartagena, Chile

Cartagena é unha comuna chilena localizada no litoral central de Chile, na provincia de San Antonio.

Historia

No século XVII, as zonas do lugar eran grandes produtora de trigo, que era embarcado a Perú e España a través do porto de Cartagena. Debido a esta economía unha crecente burguesía crioula, que recibe terras por encomenda e herdanzas, irá establecendo facendas ao longo do val do Río Maipo, a zona de Melipilla e, cara o sur, San Fernando e Curicó.

Trala Independencia, na segunda década do século XIX, a cultura europeizante da clase ilustrada, poténciase coa integración na sociedade chilena de ingleses, franceses, alemáns, imprimindo o selo europeo na característica arquitectura que identifica aos balnearios chilenos. En 1850 Cartagena perfílase como o balneario de Santiago, e a xente comezou a comprar casas de veraneo. O tren chegaba até Leyda, e dende alí facían o camiño con bois.

Entre 1890 e 1930 a cidade vive a súa época de gloria. O fortalecemento da economía trala guerra do Pacífico induce un rápido crecemento de todos os balnearios situados na zona central, en tanto que Valparaíso se consolida como porto e centro comercial. A Revolución do '91, trala morte de José Manuel Balmaceda, define o perfil social que adquire Cartagena, identificándose coa intelectualidade liberal e laica, en contraste co conservadurismo católico.

Cartagena foi designada como comuna o 10 de agosto de 1901, baixo o Decreto Supremo Nº 1955 firmado polo momento Presidente de Chile, Federico Errázuriz Echaurren, séndolle asignado o territorio da sexta subdelegación da comuna de San Antonio. Antes, Cartagena era unha dependencia da comuna de San Antonio, que era parte do departamento de Melipilla. O 3 de maio de 1903 realizouse a primeira sesión do concello, onde foi escolleito Pedro Antonio Moyano como alcalde, sendo o primeiro edil da comuna.