Carso (xeografía)

O Carso na localidade de Duino (provincia de Trieste (Italia).

O Carso (en italiano Carso, en esloveno Kras, en friulano Cjars, en croata Krš, en alemán Karst), tamén coñecido como meseta Cársica ou meseta do Kras, é unha meseta rochosa calcaria de modesta altitude (máximo de 456 m) que se estende desde o nordeste de Italia, aos pés dos Alpes Xulianos (provincias de Gorizia e Trieste), até os Alpes Dináricos (montañas Velebit), no extremo noroeste de Croacia, en Istria, pasando pola parte occidental de Eslovenia.

Na súa maior parte, é unha rexión fronteiriza no sueste de Eslovenia que se encontra entre o val de Vipava, os baixos outeiros ao redor do val, a parte máis occidental dos outeiros de Brkini, e o golfo de Trieste. A súa marxe occidental é tamén a fronteira étnica tradicional entre italianos e eslovenos.

A rexión é famosa por ter sido a inspiración para o termo xeolóxico karst.

O relevo cársico debe o seu nome ao desta rexión. É un relevo rico en cavidades naturais, dada a extrema solubilidade das rochas calcarias, particularmente en auga cargada de dióxido de carbono, presente na auga da chuvia. Esta grutas posibilitaron a formación de diversas sociedades espeleolóxicas, e a rexión está atravesada por unha gran rede de sendeiros e camiños que permiten de forma especial o desenvolvemento do ecoturismo.

Etimoloxía

Na súa orixe era un termo 'normal' utilizado polos habitantes das montañas dos Alpes orientais para indicar que unha determinada zona está espida, sen vexetación ou pastos.

O topónimo era unha especie de comentario co que se lle indicaba ao viandante que viña de fóra do perigo que corría nestas zonas cheas de funís profundos, a miúdo ocultos entre as pedras. Unha palabra local que os xeólogos, ao redor de 1870, comenzaron a utilizar, converténdoo nun termo técnico.

Hoxe serve para designar un territorio de media montaña composto por calcarias cristalinas degradadas por disolución de augas (na súa maioría subterráneas).

A etimoloxía relaciónase cunha base preindoeuropea kar 'lugar rochoso', pero debemos reflexionar sobre o feito de que os falantes da zona cos termos carso e carsadelo designan tanto a 'culler' como á 'greta que penetra profundamente no solo'. Máis tarde se utilizaría esta idea para designar o resultado da erosión sobre as rochas.

O carsadelo era para o montañés a greta que se interpoñía no seu camiño e que debía evitar coidadosamente. Na mesma zona hai outros dous termos para indicar as fisuras nas montañas, a saber, foiba (do latín fovea) e trebuchet (como unha metáfora, e derivada dunha palabra latina). Máis de un se pregunta por que os romanos e os seus descendentes permaneceron indiferentes cara estes perigosos pozos e se negaron a darlles un nome, e simplemente repetiron un vello termo (que non significaba nada máis que rocha, sen sinalar todas as implicacións de perigo que se mencionaron).

Sabemos que foron empregados polos montañeses moitos termos para indicar as fisuras nas rochas das montañas. Quizais para carso, carst, karst, encontrámonos en presenza non dun nome arcaico senón máis ben dunha metáfora que estaba arraigada na imaxinación popular. Deste tipo lexical, cars-, cras-, deriva o italiano carso e o esloveno karst (con t secundario). Incluso en zonas da ex Iugoslavia úsase este termo véneto e así fálase, por exemplo, de kras en Eslovenia para indicar un abismo que se abre na montaña e tamén de 'rocha de pouca consistencia', 'lugar pedregoso', 'zona pedregosa'.

É de observar que o italiano trabucco ten a mesma connotación que se encontra no carso, krst: a idea do embude onde o pastor a miúdo cae. Trátase dun derivado de trabucco, desbordamento, trampa.[1]

Other Languages
aragonés: Carso
العربية: هضبة كارست
беларуская: Крас
català: Carso
čeština: Kras (pohoří)
español: Carso
français: Carso
עברית: קראס
hrvatski: Kras (regija)
Bahasa Indonesia: Dataran Karst
italiano: Carso
日本語: クラス地方
한국어: 크라스
norsk nynorsk: Kras
norsk: Kras
português: Carso
română: Podișul Karst
русский: Карст (плато)
slovenščina: Kras (območje)
shqip: Karsti
српски / srpski: Крас (географија)
українська: Крас (Істрія)
vèneto: Carso
Tiếng Việt: Kras
中文: 喀斯特