Carrasca branca

Carrasca branca
Carrasca branca en Cornualles (Erica vagans)
Carrasca branca en Cornualles (Erica vagans)
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: Erica
Especie: E. vagans
Nome binomial
'Erica vagans'
L.

A carrasca branca [1] (Erica vagans L.) é unha uz que poucas veces acada o metro de altura; moi ramalluda e de fino arume verticilado (4 ou 5) fortemente revolutas, que abunda nas rexións de montaña de toda Europa. Aparece tamén en Galiza.

Descrición

Medra maiormente de xeito patente (en horizontal) no medio natural, polo que non adoita acadar grandes alturas, mais si cubrir extensións en noiros e abas. É unha planta vizosa e perenne. As inflorescencias son racemosas e aparecen nas partes superiores dos talos. As flores son urceoladas (cos pétalos soldados e de aspecto de campá) e de cor rosada-morada, diferenciándose doutras especies de Erica en que tanto os estames como o estigma sobresaen por fóra da corola. Segundo a zona florea a partir de xuño deica setembro-outubro.

Other Languages
العربية: خلنج هائم
català: Bruc vagant
Cebuano: Erica vagans
Cymraeg: Grug Cernyw
dansk: Høstlyng
English: Erica vagans
español: Erica vagans
français: Erica vagans
kernowek: Kekesow
norsk: Høstlyng
svenska: Erica vagans
Tiếng Việt: Erica vagans
Winaray: Erica vagans