Carracha

Carracha

Chámase carracha, carracho ou carraza[1][2] a diversos xéneros de arácnidos hematófagos (aliméntanse de sangue) do filo Arthropoda, Clase Arachnida e orde Ixodida[3]. Encádranse nas familias Ixodidae, Argasidae e Nuttalliellidae.

Este tipo de animais practica o parasitismo (ectoparasitos) unha das relacións interespecíficas que ten lugar entre individuos de distinta especie.

Para atopar un hóspede adecuado poden esperar semanas ou mesmo meses entre a herba ou nas árbores. Cando se atopan cun posible candidato apropiado, ruben sobre el (algúns deixanse caer dende a vexetación alta), e por medio dos seus quelíceros, penetran a pel e empezan a chuparlle o sangue. O seu corpo ínchase e cando está cheo sóltanse. Os Ixodidae atacan a numerosos mamíferos, incluído o home, e os Argasidae parasitan sobre todo a aves.

As carrachas atópanse a miúdo na herba alta, onde esperan no extremo dunha folla para tentar engancharse a calquera animal ou persoa que pase. Unha idea falsa moi común é pensar que a carracha é capaz de saltar da planta ao hóspede, pero o único método de transmisión é o contacto físico.

A carracha termina caendo do animal cando se enche, pero isto pode tardar varios días. Na súa boca, as carrachas teñen unha estrutura que lles permite engancharse firmemente ao lugar do que están a chuchar sangue.

Ciclo biolóxico

As carrachas poden precisar ata 3 hospedeiros ao longo da súa vida. Na península ibérica a maioría das especies precisan de 3[4].

As carrachas detectan ao seu hospedeiro a través das correntes de aire, o dióxido de carbono liberado, as modificacións de luminosidade, pola calor que desprende[4] e polo ácido butírico[5]. As carrachas buscan zonas corporais coma cara, orellas, colo, axilas ou rexión inguinal pois son zonas de difícil acceso para o seu hospedeiro e proporcionan protección fronte a condicións adversas[4].

As femias adultas unha vez repletas de sangue despréndense e poden poñer milleiros de ovos. As larvas deben alimentarse antes de pasar a seguinte fase, ata converterse novamente en adultos se se alimentarán para reproducirse.[4]

Other Languages
Afrikaans: Bosluis
aragonés: Caparra
Aymar aru: Jamak'u
azərbaycanca: Gənə
تۆرکجه: گنه
žemaitėška: Erkė
български: Кърлежи
brezhoneg: Tarlask
bosanski: Krpelj
català: Paparra
Cebuano: Garapata
corsu: Zicca
čeština: Klíšťatovci
kaszëbsczi: Klészcz
Cymraeg: Trogen
Deutsch: Zecken
Ελληνικά: Τσιμπούρι
English: Tick
Esperanto: Iksodo
español: Ixodida
eesti: Puugid
euskara: Akain
فارسی: کنه
français: Tique
Gaeilge: Sceartán
Gàidhlig: Gartan
Avañe'ẽ: Jatevu
עברית: קרציות
हिन्दी: किलनी
hrvatski: Krpelji
Kreyòl ayisyen: Tik (bèt)
magyar: Kullancsok
հայերեն: Տզեր
interlingua: Ixodida
Bahasa Indonesia: Caplak
Ido: Zeko
íslenska: Blóðmaurar
italiano: Ixodida
日本語: マダニ
ಕನ್ನಡ: ಉಣ್ಣಿ
한국어: 진드기
kurdî: Qijnîk
Latina: Ixodida
Lëtzebuergesch: Zecken
лакку: СуцӀ
lietuvių: Erkės
latviešu: Ganību ērces
Malagasy: Kongona
മലയാളം: പട്ടുണ്ണി
मराठी: गोचीड
Bahasa Melayu: Sengkenit
Plattdüütsch: Teken (Liddfööt)
Nederlands: Teken (dieren)
norsk: Flåtter
پښتو: خمندک
português: Ixodida
Runa Simi: Amaku
română: Căpușă
русский: Ixodida
sardu: Ixodida
srpskohrvatski / српскохрватски: Krpelj
slovenčina: Kliešťovité
slovenščina: Klopi
Soomaaliga: Shillin (dulin)
shqip: Rriqrat
српски / srpski: Крпељ
svenska: Fästingar
தமிழ்: உண்ணி
Tagalog: Garapata
Türkçe: Kene
українська: Ixodida
Tiếng Việt: Ve (ký sinh)
Winaray: Garapata
中文: 真蜱科