Carlos Souto Vidal

Carlos Souto
Información persoal
Nome completoCarlos Souto Vidal
Nacemento4 de novembro de 1976 (41 anos)
LugarOviedo, España
Altura1,91 m.
Peso110 kg.
PosiciónTerceira liña
Carreira sénior
AnosEquipos
????-1993España Pilier R.C.
1993-2001España Oviedo R.C.
2001-2003España M.A.R.U.
2003-2012España C.R. El Salvador
2012-????España Oviedo R.C.
Selección nacional
1996-2010España España50 caps

Carlos Souto Vidal, nado o 4 de novembro de 1976 en Oviedo, é un ex xogador de rugby internacional 50 veces coa selección española. Cunha estatura de 1'91 metros e máis de 110 quilos, a súa posición no campo era a terceira liña.

Traxectoria

Formado no club Pilier de Grado, en 1993 foi fichado polo Oviedo Rugby Club no que xogou ate 2001, ano no cal o equipo acadou o ascenso á División de Honra B. Ese mesmo ano marchou a Alcobendas para formar parte do proxecto profesional do MARU, que gañou a liga 2001/02 e foi subcampión ó ano seguinte. En 2003 fixo as maletas novamente para fichar polo Club de Rugby El Salvador de Valladolid no cal botou nove tempadas e gañou catro ligas e catro copas entre outros títulos. En 2012 volveu ó Oviedo Rugby Club no que se retirou.

Other Languages