Carl von Linné

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Carl von Linné
(Carolus Linnaeus) [1]
Carl von Linné.jpg
Retrato de Carl von Linné pintado por Alexander Roslin en 1775. Óleo sobre lenzo exposto actualmente no Castelo de Gripsholm.
Datos persoais
Carl Nilsson Linnaeus
Nacemento 23 de maio de 1707 [nota 1]
Lugar Råshult Småland Suecia Suecia [2]
Falecemento 10 de xaneiro de 1778
(70 anos)
Lugar Uppsala
Soterrado Catedral de Uppsala
Residencia Suecia
Nacionalidade
Cónxuxe
  • Sara Elisabeth Moræa
Fillos
  • Carl
  • Elisabeth Christina
  • Sara Magdalena
  • Lovisa
  • Sara Christina
  • Johannes
  • Sophia
Actividade
Campo
Alma máter
  • Universidade de Lund
  • Universidade de Uppsala
  • Universidade de Harderwijk
Director de tese Olof Olai Rudbeck e Johannes Gorter
Alumnos de tese
  • Peter Ascanius
Contribucións e premios
Coñecido por Sentar as bases da taxonomía moderna
Nomenclatura binomial
Premios Order of the Polar Star - Knight 2nd Class e Order of the Polar Star - Knight 2nd Class
Linne autograph.svg
autor do nome científico: L
Escudo de armas de Carl von Linné
A afección temperá de Linné polas flores reflíctese no seu traballo, a Linnaea borealis converteríase no seu emblema persoal.

Carl Linnaeus [nota 2], (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnaeus, [1] [nota 3] tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio [2] [nota 1] de 1707 en Råshult, na provincia de Småland, Suecia, e finado o 10 de xaneiro de 1778 [2] en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna» [3] e fundador da bioxeografía vexetal. [4] Linné introduciu o concepto de «economía natural» [5] para argumentar como os organismos, creados por " Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza; [4] [6] e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía. [6]

Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e, cara a 1730, empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735-1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de medicina e de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para colleitar e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema.

No momento da súa morte, era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa. O filósofo suízo Jean-Jacques Rousseau envioulle a mensaxe: "Dígalle que non coñezo a un home máis grande na terra". [7] O escritor alemán Goethe escribiu: "Coa excepción de Shakespeare e Spinoza, non coñezo a ninguén, entre os que xa non viven, que me influira máis intensamente". [7] O autor sueco Strindberg escribiu: "Linné era en realidade un poeta que se converteu en naturalista". [8] Entre outros cumpridos, Linné foi chamado "Princeps Botanicorum" ("Príncipe de Botánicos"), "O Plinio do Norte" e "O Segundo Adán". [9] Así mesmo, é considerado heroe nacional de Suecia. [10]

En 1959, Linné foi designado lectotipo de Homo sapiens, [11] cousa que significa que segundo as regras de nomenclatura, Homo sapiens foi definido de xeito válido como a especie de animal á cal pertencía Linné.

En botánica, a abreviación de autor usada para indicar a Linné como autoridade para os nomes de especies é L. [12]

Se ignoras o nome das cousas, desaparece tamén o que sabes delas.
Carl von Linné. [13]

Traxectoria

Primeiros anos

Infancia

Casa natal de Linné en Råshult.

Carl Nilsson Linné naceu en Råshult, Småland, Suecia o 23 de maio de 1707. Foi o primeiro fillo de Nils Ingemarsson Linnaeus (1674-1748) e Christina Brodersonia (1688-1733). Os antepasados de Nils foron campesiños ou sacerdotes durante moitas xeracións. O seu pai, Nils, era un botánico afeccionado, un ministro do luteranismo, e o cura do pequeno pobo de Stenbrohult, en Småland. A súa nai, Christina, era a filla do reitor de Stenbrohult, Samuel Brodersonius. Despois de Carl tiveron tres fillas e outro fillo, chamado Samuel, que sucedería finalmente ao seu pai como reitor en Stenbrohult e escribiría un manual sobre apicultura. [14] [15] [16] Un ano despois do nacemento de Carl Linné, morreu o seu avó, Samuel Brodersonius, e o seu pai, Nils, convertíase no reitor de Stenbrohult. Así, Linné e os seus pais trasladáronse ó reitorado deixando a casa do cura onde viviran. [17] [18]

Xa nos seus primeiros anos Linné parecía mostrar unha grande atracción polas plantas e polas flores en particular. Cando estaba preocupado ou enfadado dábanlle unha flor e inmediatamente acougaba. Nils pasaba moito tempo no seu xardín e a miúdo mostraba flores a Linné, ensinándolle os seus nomes. [18] Pronto Linné tivo a súa propia parcela de terra no xardín do seu pai onde podía cultivar plantas. [19]

Educación básica

O seu pai comezou a ensinar a Linné latín, relixión e xeografía desde pequeno, pero cando Linné tiña sete anos considerou que era mellor que tivese un educador. Os seus pais elixiron a Johan Telander, o fillo dun "yeoman" local (un granxeiro). Telander non era apreciado por Linné quen máis tarde escribiría na súa autobiografía que Telander "era mellor extinguindo o talento dun neno que desenvolvéndoo". [19] Dous anos despois de que comezase o ensino foi enviado ao Instituto elemental en Växjö. [20] Linné raramente estudaba, en cambio a miúdo íase ao campo para buscar plantas. Con todo conseguiu chegar ao último ano da escola elemental cando tiña quince anos. Este curso era impartido polo director de escola primaria, Daniel Lannerus, quen estaba interesado pola botánica. Lannerus deuse de conta do interese de Linné pola botánica e deulle clases no seu xardín. Tamén lle presentou a Johan Rothman, que era o doutor estatal de Småland e profesor no ximnasio de Växjö. Rothman, que para ser doutor naquela época tamén era botánico, profundou o interese de Linné pola botánica e axudoulle a desenvolver o interese pola medicina. [19] [20]

En 1724 logo de pasar os últimos sete anos no instituto, Linné entrou no Ximnasio de Växjö. No ximnasio estudábase principalmente teoloxía, grego, hebreo e matemáticas, un currículo deseñado para alguén que aspirase a ser sacerdote. [20] [21] No último ano no ximnasio, Nils, o pai de Carl Linné, visitouno para preguntar aos seus profesores como estaban progresando os estudos de Linné, para a súa sorpresa a maioría deles díxolle que "Linné nunca sería un bo estudante". Con todo, Rothman estaba convencido e suxería que Linné podería ter un futuro en medicina. Rothman tamén se ofreceu a dar casa a Linné en Växjö e ensinarlle fisioloxía e botánica. Nils moi agradecido aceptou esta oferta. [22] [23]

Universidade

Estatua na Universidade de Lund.
Descrición da polinización en Praeludia Sponsaliorum Plantarum (1729).

Lund

Rothman mostrou a Linné que a botánica era un tema serio e non un simple entretemento. Ensinaba a Linné a clasificar plantas segundo o sistema de Tournefort. Linné tamén se formou sobre a sexualidade das plantas segundo Sébastien Vaillant. [22] En 1727 Linné, con 21 anos, matriculouse na Universidade de Lund en Escania. [24] [25] Linné tivo titoría e aloxamento do doutor local Kilian Stobaeus. Alí podía usar a biblioteca do doutor, que tiña moitos libros sobre botánica, e contaba con acceso libre ás conferencias que impartía o propio Stobaeus. [26] [27] Nos seu tempos libres, Linné exploraba a flora de Escania xunto cos estudantes que compartían os mesmos intereses. [27]

Uppsala

En agosto de 1728 Linné decidiu marchar á Universidade de Uppsala por consello de Rothman quen cría que sería a mellor elección tanto se Linné quería estudar medicina como botánica. Rothman baseaba esta recomendación nos dous profesores que ensinaban na facultade médica de Uppsala: Olof Rudbeck o mozo e Lars Roberg. Tanto Rudbeck como Roberg foran indubidablemente bos profesores, pero naquela época xa eran maiores e estaban pouco interesados en ensinar. Rudbeck, por exemplo, deixou de dar conferencias ao público, e permitía que outras persoas menos preparadas o fixesen por el. Así as conferencias de botánica, zooloxía, farmacoloxía e anatomía non se impartían no seu mellor nivel. [28] En Uppsala, Linné atopou un novo benfeitor, Olof Celsius. Olof era un profesor de teoloxía e un botánico afeccionado. [29] Olof recibiu a Linné na súa casa e deulle entrada na súa biblioteca, que era unha das bibliotecas botánicas máis completas de Suecia. [30]

En 1729 Linné escribiu a tese Praeludia sponsaliorum plantarum sobre a sexualidade das plantas. Isto chamou a atención de Olof Rudbeck quen en maio de 1730 seleccionou a Linné para empezar a dar conferencias na universidade, aínda que Linné era só un estudante de segundo ano. As conferencias eran moi populares e Linné podíase atopar falando para unha audiencia de 300 persoas. [31] En xuño Linné trasladouse da casa de Celsius á casa de Rudbeck para facer de titor e ensinar aos tres fillos máis pequenos dos 24 que tiña. A súa amizade con Celsius non diminuíu e continuaron indo xunto a expedicións botánicas. [32] Durante aquel inverno Linné empezou a dubidar do sistema de clasificación de Tournefort, e decidiu crear un propio. O seu plan consistía en dividir as plantas polo número de estames e pistilos. Comezou a escribir unhas cantas anotacións que máis tarde se converterían en libros, por exemplo Generalitat plantarum e Critica botanica. Tamén produciu o libro Adonis Uplandicus relativo ás plantas cultivadas no seu xardín. [33]

O anterior axudante de Rudbeck, Nils Rosén, regresou á Universidade en marzo de 1731 xa graduado en medicina. Rosén empezaba a dar conferencias de anatomía e intentaba apropiarse das conferencias de botánica de Linné, cousa que Rudbeck evitou. Ata decembro Rosén fixo a titoría de Linné en medicina. En decembro, Linné tivo un "desacordo" coa muller de Rudbeck e tivo que irse fóra da súa casa, aínda que a relación con Rudbeck parece que quedou indemne. Aquel Nadal Linné regresou a casa en Stenbrohult para visitar aos seus pais por primeira vez en aproximadamente tres anos. Os sentimentos da súa nai por el arrefriáranse desde que decidira non converterse en sacerdote pero sentiuse satisfeita cando viu que estaba ensinando na Universidade. [33] [34]

Other Languages
Afrikaans: Carolus Linnaeus
Alemannisch: Carl von Linné
aragonés: Carl von Linné
asturianu: Carl von Linné
azərbaycanca: Karl Linney
تۆرکجه: کارل لینه
башҡортса: Карл Линней
Boarisch: Carl von Linné
žemaitėška: Karls Liniejos
беларуская: Карл Ліней
беларуская (тарашкевіца)‎: Карл Лінэй
български: Карл Линей
brezhoneg: Carl von Linné
bosanski: Carl von Linné
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Carl Linnaeus
нохчийн: Линней, Карл
corsu: Linneu
čeština: Carl Linné
kaszëbsczi: Karol Linneùsz
Чӑвашла: Линней Карл
dolnoserbski: Carl von Linné
English: Carl Linnaeus
Esperanto: Karolo Lineo
español: Carlos Linneo
euskara: Lineo
estremeñu: Carl von Linné
فارسی: کارل لینه
français: Carl von Linné
Nordfriisk: Carl von Linné
Gàidhlig: Carl von Linné
Avañe'ẽ: Carolus Linnaeus
Fiji Hindi: Carl Linnaeus
hrvatski: Carl Linné
hornjoserbsce: Carl von Linné
Հայերեն: Կառլ Լիննեյ
interlingua: Carl von Linné
Bahasa Indonesia: Carolus Linnaeus
íslenska: Carolus Linnaeus
italiano: Linneo
Basa Jawa: Carolus Linnaeus
ქართული: კარლ ლინე
Kabɩyɛ: Carl von Linne
қазақша: Карл Линней
한국어: 칼 폰 린네
Кыргызча: Карл Линней
Lëtzebuergesch: Carl von Linné
Limburgs: Carl Linnaeus
lumbaart: Carl von Linné
lingála: Carl von Linné
lietuvių: Carl von Linné
latviešu: Kārlis Linnejs
Malagasy: Carl von Linné
олык марий: Линне Карыл
Baso Minangkabau: Carolus Linnaeus
македонски: Карл Лине
монгол: Карл Линней
Bahasa Melayu: Carl Linnaeus
Mirandés: Carolus Linnaeus
မြန်မာဘာသာ: ကားလ် လင်းနီးယပ်
Dorerin Naoero: Carl Linnaeus
Napulitano: Carl von Linné
Plattdüütsch: Carl von Linné
Nedersaksies: Carolus Linnaeus
Nederlands: Carl Linnaeus
norsk nynorsk: Carl von Linné
Livvinkarjala: Carl Linnaeus
Kapampangan: Carolus Linnaeus
Piemontèis: Carl von Linné
پنجابی: کارل لنیاس
português: Carolus Linnaeus
Runa Simi: Carl von Linné
română: Carl Linné
armãneashti: Carolus Linnaeus
русский: Линней, Карл
русиньскый: Карл Лінней
संस्कृतम्: केरोलस् लीनियस्
саха тыла: Карл Линней
sicilianu: Carolus Linnaeus
srpskohrvatski / српскохрватски: Carolus Linnaeus
Simple English: Carolus Linnaeus
slovenčina: Carl Linné
slovenščina: Carl Linnaeus
shqip: Karl Lineu
српски / srpski: Карл фон Лине
Seeltersk: Carolus Linnaeus
Basa Sunda: Carolus Linnaeus
Kiswahili: Carl Linnaeus
ślůnski: Carl von Linné
Türkmençe: Karl Linneý
Tagalog: Carl Linnaeus
Türkçe: Carl Linnaeus
татарча/tatarça: Карл Линней
українська: Карл Лінней
اردو: لنی اس
oʻzbekcha/ўзбекча: Carl Linnaeus
vepsän kel’: Linnei Karl
Tiếng Việt: Carl Linnaeus
West-Vlams: Carolus Linnaeus
Winaray: Carl Linnaeus
მარგალური: კარლ ლინე
Yorùbá: Carl Linnaeus
Bân-lâm-gú: Carolus Linnaeus
粵語: 林奈