Capacidade

O termo capacidade refírese, na linguaxe corrente, ao espazo interior que ten un recipiente, un local etc. considerado en función do que pode conter nel, e tamén ao conxunto de condicións propias dunha persoa ou un animal, en particular os seus dotes intelectuais, que determinan a súa posibilidade de realizar con éxito determinadas tarefa ou cometido, e aínda tamén á maior ou menor posibilidade de actuar, de producir, de xestionar etc., alguén ou algunha colectividade, en función dos medios e recursos de que se dispón. [1]

Ademais, en campos específicos, pode referirse a:

  • En física:
  • En matemáticas:
    • a capacidade dun conxunto do espazo euclídeo é a medida da súa "grandeza".
  • En anatomía e antropoloxía:
    • a capacidade cranial ou capacidade cranial é a medida do volume do interior da caixa cranial.
    • a capacidade de traballo, a capacidade máxima de traballo físico que pode producir un individuo, expresado en volume de oxíxeno por unidade de tempo.
  • En medicina e fisioloxía:
    • a capacidade cardíaca máxima, a capacidade do noso corazón de bombear unha maior cantidade de veces por minuto.
    • a capacidade de difusión do pulmón é a medida da transferencia de gases deste órgano aos glóbulos vermellos nos vasos sanguíneos pulmonares.
    • a capacidade inspiratoria, o volume máximo de aire inspirado despois unha inspiración normal.
    • a capacidade pulmonar, o volume total de aire que poden conter os pulmóns cando están totalmente inchados.
      • a capacidade pulmonar funcional, o volume máximo de aire que pode expulsarse no curso dunha expiración forzada ao máximo.
      • a capacidade pulmonar total, o volume máximo de aire contido nos pulmóns, suma de todos os volumes respiratorios medidos: volume de reserva inspiratoria, volume corrente, volume de reserva expiratoria e volume residual. O seu valor nos humanos oscila entre os 4 500 e os 6 000 cm³.
      • a capacidade pulmonar vital, o volume máximo de aire que pode inspirarse despois dunha expiración forzada; os valores medios nos humanos oscilan, no home, entre 4,4 e 5,5 litros, e na muller, entre 3 e 3,5 litros.
    • a capacidade residual funcional, o volume de aire que queda nos pulmóns despois dunha expiración normal.
    • a capacidade respiratoria máxima, o volume máximo de aire que un individuo é capaz de inspirar en 1 min; os valores normais nos humanos oscilan entre 100 e 150 litros.
  • En fisioloxía
    • a capacidade aerobia, o consumo máximo de oxíxeno dun organismo nunha unidade de tempo.
  • En edafoloxía:
    • a capacidade de campo, a cantidade máxima de auga que pode reter un solo, expresada en porcentaxe, unha vez perdida a auga de percolación. Non se debe confundir coa capacidade de retención.
    • a capacidade de intercambio dun solo, a cantidade total dun ión que o solo pode fixar facilmente.
    • a capacidade de retención, ou retención específica, a relación entre o volume máximo de auga non drenábel por gravidade que pode conter un medio poroso ou fisurado e o seu volume total. Nos se debe confundir coa capacidade de campo.
  • En ecoloxía:
    • a capacidade de carga de poboación é a capacidade dun ambiente para soster unha especie.
    • a capacidade de soporte, a capacidade dun hábitat para proporcionar alimentos, auga e refuxio aos seres que viven nel.
    • a capacidade de tolerancia, a cantidade máxima dun contaminante que pode ser soportada por un ser vivo ou por un ecosistema.
  • En xeomorfoloxía:
    • a capacidade de transporte dunha corrente, a máxima cantidade de achegas detríticas que pode arrastrar unha corrente de auga.
  • En citoloxía:
    • a capacidade mitótica, a probabilidade de que unha célula produza, por mitose, dúas células viábeis.
  • En teoría da información:
    • a capacidade de canle é a capacidade dunha canle de comunicación, é dicir, a cantidade máxima de información que pode transportar dita canle de forma fiábel.
  • En dereito:
    • a capacidade de obrar refírese á calidade xurídica dunha persoa física para realizar validamente determinados actos xurídicos.
    • a capacidade xurídica refírese á posibilidade legal de facer certos actos, tales como a celebración dun contrato.
  • En química industrial:
    • a capacidade do proceso é a cantidade de produto que se obtén nun proceso de fabricación por unidade de tempo.
  • En arquitectura e enxeñaría da construción:
    • a capacidade portante é a capacidade dun terreo para soportar estruturas apoiadas sobre el sen perder a estabilidade.
  • En bioloxía:
    • a capacidade tóxica é a capacidade dun organismo, un sistema orgánico ou un ecosistema de soster a introdución dunha toxina.

Notas

  1. capacidade no dicionario da RAG
Other Languages
български: Капацитет
català: Capacitat
čeština: Kapacita
Deutsch: Kapazität
Ελληνικά: Χωρητικότητα
English: Capacity
español: Capacidad
فارسی: ظرفیت
français: Capacité
hrvatski: Kapacitet
italiano: Capacità
日本語: 容量
қазақша: Сыйымдылық
한국어: 용량
latgaļu: Vydums
latviešu: Kapacitāte
नेपाल भाषा: क्षमता
Nederlands: Capaciteit
norsk nynorsk: Kapasitet
polski: Pojemność
português: Capacidade
română: Capacitate
русский: Ёмкость
sicilianu: Capacitati
Simple English: Capacity
slovenčina: Kapacita
shqip: Kapaciteti
српски / srpski: Капацитивност
svenska: Kapacitet
українська: Ємність