Canle de Panamá

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Canle de Panamá
Localización administrativa
Estado Flag of Panama.svg Panamá
Localización xeográfica
Océano / Mar Océano Pacífico - Mar Caribe ( Océano Atlántico)
Continente América Central
Xeografía
Mares contiguos Océano Atlántico, Océano Pacífico
Illas interiores Barro Colorado
Afluentes Chagres
Cidades ribeiregas Balboa
Panamá
Características
Lonxitude máxima 76,9
Outros datos
Construción 1878-1914
Posta en servizo 15 de agosto de 1914
Ampliación 26 de xuño de 2016
Medidas máximas dos buques: 33,53 m (110 pés) de manga e 320 m (1050 pés) de eslora
Dende 2016: 426,72 m (1400 pés) de eslora, 54,86 m (180 pés) de manga
Mapa
Panama Canal PIA03368 lrg.jpg

A Canle de Panamá uniu dous océanos. Cara ao leste (arriba da imaxe) o mar Caribe (O. Atlántico) e abaixo á esquerda o océano Pacífico). (Imaxe NASA)
Esquema del Canal de Panamá.png

Esquema_do_Canle_de_Panamá
Localización de Canle de Panamá en Panamá
Canle de Panamá
Localización da Canle de Panamá

A canle de Panamá (en castelán: Canal de Panamá) é unha canle de navegación interoceánica de 77,1 quilometros, localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes os pasos naturais utilizados entre estes océanos eran o estreito de Magallanes e o cabo de Fornos, situados no extremo austral de Chile, [1] este feito provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX.

Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os patróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ó Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa máis curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.

En 2012, Estados Unidos, China, Chile, Xapón e Corea do Sur foron os cinco principais usuarios da canle. [2]

Introdución

Esclusas da Canle.

Na súa gran maioría, o tráfico da canle é o que liga a costa atlántica dos Estados Unidos e o oriente asiático, mentres que o tráfico entre Europa e a costa oeste dos Estados Unidos e Canadá constitúen a segunda rota principal. Porén, outras rexións e países de Centro e Suramérica dependen proporcionalmente moito máis desta vital arteria para mellorar a súa economía e incrementar o comercio.

Dende a súa apertura, a canle proporcionou un servizo de tránsito de calidade a mais de 700.000 barcos. Aínda cando nos últimos anos se produciu un aumento no número e tamaño dos barcos que o transitan, grazas á execución de melloras deseñadas para responder á demanda do tráfico, o tempo medio de permanencia dun barco nas súas augas segue sendo inferior ás 24 horas.

A República de Panamá asumiu a responsabilidade total da administración, funcionamento e mantemento da canle de Panamá o mediodía do 31 de decembro de 1999 (ver Tratado Torrijos-Carter). A entidade gobernamental, denominada Autoridade da Canle de Panamá (ACP), creada pola constitución panameña e regulada pola lei 19 do 11 de xuño de 1997, é a responsable da administración da canle. Conforme esta constitución a canle constitúe un patrimonio inalienable de Panamá, polo cal non pode ser vendido, nin cedido, nin hipotecado, nin, de ningún outro modo, gravado ou alleado. O réxime xurídico que se estableceu para a ACP, ten como obxectivo fundamental preservar as condicións de funcionamiento da canle.

Anualmente, invístense arredor de dez millóns de dólares en programas de adestramento do persoal de funcionamento e mantemento. Existe un servizo de reservas de tránsito que lles permite a unha cantidade limitada de naves garantir unha data de tránsito, ata cun ano de anticipación, por medio do pagamento dunha tarifa preferencial.

Other Languages
Afrikaans: Panamakanaal
Alemannisch: Panamakanal
aragonés: Canal de Panamá
العربية: قناة بنما
অসমীয়া: পানামা খাল
asturianu: Canal de Panamá
azərbaycanca: Panama kanalı
башҡортса: Панама каналы
Boarisch: Panamakanal
žemaitėška: Panamas kanals
беларуская: Панамскі канал
беларуская (тарашкевіца)‎: Панамскі канал
български: Панамски канал
भोजपुरी: पनामा नहर
brezhoneg: Kanol Panamá
bosanski: Panamski kanal
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Panama Ông-ò̤
Cymraeg: Camlas Panama
Deutsch: Panamakanal
ދިވެހިބަސް: ޕެނަމާ ކެނަލް
Ελληνικά: Διώρυγα Παναμά
English: Panama Canal
Esperanto: Panama kanalo
føroyskt: Panamaveitin
français: Canal de Panama
客家語/Hak-kâ-ngî: Panama Yun-hò
עברית: תעלת פנמה
हिन्दी: पनामा नहर
Fiji Hindi: Panama Canal
hrvatski: Panamski kanal
interlingua: Canal de Panama
Bahasa Indonesia: Terusan Panama
Ilokano: Kanal Panama
日本語: パナマ運河
Basa Jawa: Terusan Panama
ქართული: პანამის არხი
한국어: 파나마 운하
къарачай-малкъар: Панама илипин
Кыргызча: Панама каналы
Lëtzebuergesch: Panamakanal
Limburgs: Panamaknaal
lumbaart: Canal de Panama
lietuvių: Panamos kanalas
latviešu: Panamas kanāls
олык марий: Панама канал
Baso Minangkabau: Tarusan Panama
македонски: Панамски Канал
മലയാളം: പനാമ കനാൽ
Bahasa Melayu: Terusan Panama
नेपाली: पानामा नहर
नेपाल भाषा: पनामा नहर
Nederlands: Panamakanaal
norsk nynorsk: Panamakanalen
ਪੰਜਾਬੀ: ਪਨਾਮਾ ਨਹਿਰ
Piemontèis: Canal ëd Panamà
پنجابی: نہر پانامہ
português: Canal do Panamá
română: Canalul Panama
tarandíne: Canale de Panama
русиньскый: Панамскый канал
srpskohrvatski / српскохрватски: Panamski kanal
Simple English: Panama Canal
slovenčina: Panamský prieplav
slovenščina: Panamski prekop
Soomaaliga: Kanaalka Banama
српски / srpski: Панамски канал
Seeltersk: Panamakanoal
svenska: Panamakanalen
Türkmençe: Panama kanaly
Türkçe: Panama Kanalı
татарча/tatarça: Panama kanalı
українська: Панамський канал
oʻzbekcha/ўзбекча: Panama kanali
vepsän kel’: Panaman kanal
Tiếng Việt: Kênh đào Panama
Yorùbá: Ìladò Panamá
Zeêuws: Panamakanaol
Bân-lâm-gú: Panamá Ūn-hô