Cancro

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Cancro
Clasificación e recursos externos
28843
001289
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O cancro ou cáncer[1] é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.

Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros de pel), algúns virus (cancro de pene, colo do útero, algúns linfomas). Non obstante as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros de pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro de estómago e do páncreas).

O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito está moitas veces asociada á neoplasia maligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou na tose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente.

Hoxe en día, un 40 % dos casos de cancro son curables ou permiten unha supervivencia prolongada. Con todo case todos os casos de bo prognóstico continúan a ser os de detección precoz: o cancro diagnosticado en fase avanzada aínda resulta case sempre na morte do paciente, con poucas excepcións.

O 4 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial Contra o Cancro.

Neoplasia e cancro

Os tumores neoplásicos son calquera masa de células que xorden por divisións inapropiadas dunha célula nai orixinal (multiplicación clonal), na cal a expresión dos xenes que regulaban esa división están alterados. O cancro é entendido como a grave situación patolóxica clínica que se xera por unha neoplasia, a cal se clasifica como maligna debido á situación clínica que orixina, potencialmente fatal.

Tumores malignos e benignos

O tumor maligno ou cancro distínguese do tumor benigno principalmente porque o primeiro pon a vida do doente en risco e o segundo, xeralmente, non. A gran maioría dos tumores malignos é invasivo, e a súa infiltración progresiva en estruturas adxacentes ou distantes a través de metástases é o que crea disfuncións nos órganos invadidos e mais reaccións inmunitarias ás lesións, que levan á insuficiencia ou malfunción de órganos vitais e á morte. Así e todo, non todos os cancros son invasivos. Algúns tumores son considerados malignos a pesar de seren en todo semellantes aos benignos porque producen graves danos na produción de hormonas (como tal, o feocromocitoma), mentres outros comprimen órganos debido ás limitacións ao seu crecemento como os tumores do cerebro que non se poden expandir debido ao cranio e acaban comprimindo o cerebro, o que resulta na morte.

As neoplasias benignas en xeral non se transforman en malignas (aínda que existen numerosas excepcións) e poden polo tanto manterse no corpo do paciente, mais xeralmente recoméndase a retirada por motivos estéticos.

Porén, en casos raros as neoplasias de comportamento benigno poden levar á morte se o seu crecemento, por azar, comprimise mecanicamente unha arteria, vea ou nervio importante, por exemplo.

Metástase

As células cancerosas poden tamén desprenderse do tecido neoplásico orixinal e, a través da corrente sanguínea, linfática ou a través doutros líquidos ( peritoneal, pleural) instalárense noutros órganos distantes da localización inicial, o que se denomina metástases. A metastasización constitúe a fase do cancro cuxo tratamento é máis difícil e cando é obtido menos éxito na recuperación dos pacientes. O paciente con cancro debe, sempre que se poida, ser operado o máis axiña posíbel para a extracción do tecido ou do órgano afectado, seguido dun tratamento de quimioterapia ou radioterapia.

Other Languages
Afrikaans: Kanker
Alemannisch: Krebs (Medizin)
አማርኛ: ካንሰር
aragonés: Cáncer
العربية: سرطان
ܐܪܡܝܐ: ܬܠܗܝܐ
مصرى: سرطان
অসমীয়া: কৰ্কট ৰোগ
asturianu: Cáncanu
azərbaycanca: Xərçəng xəstəliyi
تۆرکجه: سرطان
башҡортса: Яман шеш
žemaitėška: Viežīs (lėga)
беларуская (тарашкевіца)‎: Рак (захворваньне)
български: Рак (болест)
भोजपुरी: कैंसर
བོད་ཡིག: འབྲས་སྐྲན།
brezhoneg: Krign-bev
bosanski: Rak (bolest)
català: Càncer
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Ngàng
کوردی: شێرپەنجە
čeština: Rakovina
Cymraeg: Canser
dansk: Kræft
Zazaki: Qanser
डोटेली: कर्कट रोग
ދިވެހިބަސް: ކެންސަރު
Ελληνικά: Καρκίνος
English: Cancer
Esperanto: Kancero
español: Cáncer
euskara: Minbizi
estremeñu: Cancru
فارسی: سرطان
suomi: Syöpä
Võro: Vähktõbi
français: Cancer
Nordfriisk: Kreeft
Frysk: Kanker
Gaeilge: Ailse
贛語:
Gàidhlig: Aillse
Avañe'ẽ: Akytã'ai
Gaelg: Kahngyr
Hausa: Sankara
客家語/Hak-kâ-ngî: Ngàm
हिन्दी: कर्कट रोग
Fiji Hindi: Cancer
hrvatski: Rak (bolest)
Kreyòl ayisyen: Kansè
interlingua: Cancere
Bahasa Indonesia: Kanker
Ilokano: Kanser
Ido: Kancero
íslenska: Krabbamein
日本語: 悪性腫瘍
Patois: Kiansa
Basa Jawa: Kanker
ქართული: სიმსივნე
қазақша: Қатерлі ісік
한국어:
kurdî: Şêrpence
Luganda: Kokolo
Limburgs: Kaanker
lietuvių: Vėžys (liga)
македонски: Рак (болест)
മലയാളം: അർബുദം
монгол: Хорт хавдар
मराठी: कर्करोग
Bahasa Melayu: Barah
မြန်မာဘာသာ: ကင်ဆာရောဂါ
Nedersaksies: Kaanker
नेपाली: क्यान्सर
नेपाल भाषा: क्यान्सर
Nederlands: Kanker
norsk nynorsk: Kreft
norsk: Kreft
occitan: Càncer
ଓଡ଼ିଆ: କର୍କଟ ରୋଗ
ਪੰਜਾਬੀ: ਕੇਂਸਰ
Kapampangan: Cancer
پنجابی: سرطان
پښتو: سرطان
português: Câncer
Runa Simi: Apanqara unquy
română: Cancer
русиньскый: Раковіна
संस्कृतम्: कर्कटरोगः
Scots: Cancer
سنڌي: ڪينسر
davvisámegiella: Boras
srpskohrvatski / српскохрватски: Kancer
සිංහල: පිළිකා
Simple English: Cancer
slovenčina: Zhubný nádor
slovenščina: Rak (bolezen)
Soomaaliga: Kansar
shqip: Kanceri
српски / srpski: Рак (болест)
Basa Sunda: Kangker
svenska: Cancer
Kiswahili: Saratani
తెలుగు: కాన్సర్
Tagalog: Kanser
Tok Pisin: Kensa
Türkçe: Kanser
Xitsonga: Fukuzana
татарча/tatarça: Яман шеш
українська: Злоякісна пухлина
oʻzbekcha/ўзбекча: Saraton (kasallik)
vèneto: Càncaro
Tiếng Việt: Ung thư
Winaray: Kanser
吴语:
მარგალური: კიბო
ייִדיש: קענסער
Vahcuengh: Bingh'aizcwng
中文: 癌症
文言:
Bân-lâm-gú: Gâm
粵語: