Canaán
English: Canaan

Mapa da rexión de Canaán.

Canaán[1] (en fenicio 𐤊‏𐤍‏𐤏‏𐤍‏, knʕn; en hebreo: כְּנַעַן, kanaʕan; en árabe کنعان, kanaʕān; en grego Χαναάν, Khanaán) é a denominación antiga dunha rexión de Asia Occidental, situada entre o mar Mediterráneo e o río Xordán e que abrangue parte da faixa sirio-fenicia coñecida tamén coma o Crecente fértil. En 2016 correspóndese co Estado de Israel, a Faixa de Gaza e Cisxordania, xunto coa zona occidental de Xordania e algúns puntos de Siria e o Líbano. As súas estremas comportarían dende a antiga Gaza ao Sur, deica a foz do río Orontes ao Norte, englobando todas as terras non desérticas do interior, até unha profundidade duns 150 km dende a beiramar Mediterránea, deica algúns quilómetros máis aló da ribeira oriental do río Xordán.

Uso do termo

O marco temporal para a utilización do termo Canaán soe estar comprendido dende o ano 3000 a. C. até que os romanos, durante a súa extensa dominación, mudáronlle o nome polo de Palestina como represalia inmediata contra os hebreos tras sufocar a súa rebelión dos anos 132 a 135.

Canaán era o nome do fillo de Cam, e neto de Noé. Canaán recibiría a maldición de seu avó cando Cam, seu pai, viu a Noé bébedo e espido.[2]

No Dicionario hebreo Strong, «cananeo» recibe o significado de ‘mercador’, ‘comerciante’. «Cananeo» chega a ser símbolo de ‘mercador’ (véxase Proverbios 31:24 e Xob 41:6).

O pobo cananeo era adorador de deuses tales como El ( Dagan), Baal e Asera,[3] e iso implicaba un xeito de vida repudiada polos hebreos, o que pode verse nas prohibicións do Antigo Testamento sobre render culto a ditos deuses, especialmente a Asera.

Existen outras denominacións para se referir á mesma rexión, ou partes dela, porén asociadas ás mesmas entidades xeográficas e históricas, tales como Terra de Israel, Xudá, Fenicia, Aram, Siria, etcétera. Tamén eran cananeos os fenicios e importantes cidades que fundaron no Mediterráneo occidental, como o caso de Cartago.

A Biblia , nos evanxeos de Mateo e Marcos, salienta a Simón o Cananeo, refiríndose ao apóstolo Simón (tamén coñecido coma «o celote»), un dos 12 discípulos directos de Xesús Cisto.

Other Languages
Afrikaans: Kanaän
Alemannisch: Kanaan
العربية: كنعانيون
ܐܪܡܝܐ: ܟܢܥܢ
مصرى: كنعان
asturianu: Canaán
azərbaycanca: Kənan
беларуская: Ханаан
беларуская (тарашкевіца)‎: Ханаан
български: Ханаан
brezhoneg: Kenaan
català: Canaan
нохчийн: КанӀан
کوردی: کەنعان
čeština: Kanaán
dansk: Kana'an
Deutsch: Kanaan
Zazaki: Kenan
Ελληνικά: Χαναάν
English: Canaan
Esperanto: Kanaano
español: Canaán
eesti: Kaanan
euskara: Kanaan
français: Canaan (région)
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌺𐌰𐌽𐌰𐌽
עברית: כנען
hrvatski: Kanaan
magyar: Kánaán
հայերեն: Քանան
Bahasa Indonesia: Kanaan
íslenska: Kanansland
italiano: Cananea
日本語: カナン
ქართული: ქანაანი
한국어: 가나안
Latina: Chanaan
lietuvių: Kanaanas
latviešu: Kanaāna
монгол: Канаан
Bahasa Melayu: Kanaan
Nederlands: Kanaän (gebied)
norsk nynorsk: Kanaan
norsk: Kanaan
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਨਾਨ
polski: Kanaan
português: Canaã
română: Canaan
русский: Ханаан
sicilianu: Canaan
Scots: Canaan
سنڌي: ڪنعان
srpskohrvatski / српскохрватски: Kanaan
Simple English: Canaan
slovenščina: Kanaan
српски / srpski: Ханан
svenska: Kanaan
Kiswahili: Kanaani
தமிழ்: கானான்
Türkçe: Kenan
українська: Ханаан
اردو: کنعان
Tiếng Việt: Canaan
Winaray: Canaan
中文: 迦南