Camarón de area

O camarón de area[1] ou areeiro[2] ( Crangon crangon, Linnaeus 1758)[3][4] é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, familia dos crangónidos, incluída no seu xénero tipo, Crangon que se encontra nas costas do Atlántico oriental, habitualmente nadando sobre as areas das praias.

Está presente en todas as praias do Atlántico oriental, especialmente nas europeas, desde Escandinavia polo norte, onde abunda, até Marrocos, polo sur, incluíndo os mares Mediterráneo e Negro.[5]

É un marisco moi degustado, especialmente nos países ribeiráns do mar do Norte (Países Baixos, Alemaña e países escandinavos), pero tamén en España.

Taxonomía

A especie foi definida en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Cancer crangnon.[3][4][6]

Sinónimos

Posteriormente foi reclasificada en diversos outros xéneros, até chegar ao seu nome oficial actual, polo que se coñece tamén polos seguintes sinónimos:[4]

  • Astacus crangon (Linnaeus, 1758)
  • Cancer crangon Linnaeus, 1758
  • Crago vulgaris (Fabricius, 1798)
  • Crangon vulgaris Fabricius, 1798
  • Crangon rubropunctatus Risso, 1816
  • Crangon maculosa Rathke, 1837
  • Crangon maculatus Marcusen, 1867
  • Crangon maculosa typica Czerniavsky, 1884
  • Crangon maculosa brevirostris Czerniavsky, 1884
  • Crangon maculosa suchumica Czerniavsky, 1884
  • Steiracrangon orientalis Czerniavsky, 1884
  • Steiracrangon orientalis longicauda Czerniavsky, 1884
  • Steiracrangon orientalis intermedia Czerniavsky, 1884
  • Steiracrangon orientalis brevicauda Czerniavsky, 1884
  • Crangon crangon typicus Doflein, 1900
  • Crangon crangon mediterranea Brashnikov, 1907
Other Languages
brezhoneg: Chevr-traezh
dansk: Hestereje
español: Crangon crangon
euskara: Izkira zuri
français: Crevette grise
Nordfriisk: Por
Ido: Kreveto
italiano: Crangon crangon
қазақша: Креветка
Plattdüütsch: Granaat
Nederlands: Gewone garnaal
norsk: Sandreke
Picard: Soetréle
svenska: Hästräka
українська: Шримс звичайний