Camarón común

Camarón común
Palaemon serratus
Palaemonserratus-2.JPG
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Subfilo:Crustacea
Clase:Malacostraca
Orde:Decapoda
Infraorde:Caridea
Familia:Palaemonidae
Subfamilia:Palaemoninae
Xénero:Palaemon
Especie:P. serratus
Nome binomial
Palaemon serratus
(Pennant, 1777) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Astacus serratus Pennant, 1777
  • Cancer captivus Nardo, 1847
  • Leander latreillianus Czerniavsky, 1884
  • Leander serratus Sharp, 1893
  • Leander treillianus Adensamer, 1898
  • Melicerta triliana Risso, 1816
  • Palaemon oratelli Monod, 1931
  • Palaemon punctulatus Risso, 1844
  • Palaemon rostratus Gimenez, 1922
  • Palaemon treillianus H. Milne-Edwards, 1837
  • Palaemon trilianus (Risso, 1816)
  • Palaemon trillianus Risso, 1816

O camarón común[2][3] ou camarón[4] (Palaemon serratus, Pennant 1777) é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos que se encontra nas costas do Atlántico oriental, desde Dinamarca até Mauritania, e nos mares Mediterráneo e Negro.[5] É o camarón máis abundante, e máis apreciado, nas rías galegas.

A especie foi descrita por Thomas Pennant en 1777,[6] como Astacus seratus. O xénero Palaemon foi fundado por Friedrich Weber en 1795, e este camarón recibiu ao longo dos anos numerosos sinónimos (véxase sinonimia no cadro da clasificación científica, á dereita).[7]

Descrición

Este camarón ten, como os seus parentes, un corpo longo e comprimido lateralmente. O cefalotórax, máis curto que o abdome, aparece globoso e liso, cun rostro (prologamento cara a diante máis alá dos ollos) ben desenvolvido e dentado en ambas as marxes.[8]

Precisamente o rostro permite distinguir a Palaemon serratrus doutras especies, xa que o ten curvado cara a arriba, coa punta dividida, e presenta de 6 a 7 dentes ao longo do seu bordo superior e de 4 a 5 no inferior,[5] mentres que outros camaróns, aínda que poden ter o rostro lixeramente curvado, neles os dentes continúan no terzo distal do rostro, que é liso en P. serratus.[9]

O abdome é longo e liso, coa marxe anterior da placa do segundo segmento ou metámero cabalgando sobre a a parte posterior do primeiro; o telson é alongado e triangular, con dous pares de espìñas dorsais e o bordo apical rematado en ángulo agudo, saínte, e con dúas espiñas marxinais pequenas e dúas internas máis longas.[8]

Translúcido, a súa coloración é rosado-apardazada, con pequenas manchas vermellas, e con bandas estreitas escuras que comezan no rostro e percorren o pereion transversalmente.[8]

Mide tipicamente uns 10 cm de lonxitude, sen contar as longas e finas antenas,[8] o que fai del o máis grande dos camaróns nativos das costas do mar do Norte.[10]

Este camarón é un dos poucos invertebrados cuxo oído foi estudado en detalle; é sensíbel ás frecuencias entre 100 Hz e 3 kHz, cunha agudeza similar á da xeneralidade dos peixes.[11]

Other Languages
asturianu: Esguila
brezhoneg: Chevr ruz
Deutsch: Sägegarnele
euskara: Izkira handi
Nederlands: Steurgarnaal
українська: Кревет довгопалий