Camaleón

Camaleón
Camaleón verde
Camaleón verde
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Reptilia
Orde:Squamata
Suborde:Iguania
Infraorde:Acrodonta
Familia:Chamaeleonidae
Xénero
  • Archaius
  • Bradypodion
  • Brookesia
  • Calumma
  • Chamaeleo
  • Furcifer
  • Kinyongia
  • Nadzikambia
  • Palleon
  • Rieppeleon
  • Rhampholeon
  • Trioceros

Camaleón (familia Chamaeleonidae) refírese a unha familia de réptiles escamosos, e unha das máis coñecidas familias de lagartos. Hai preto de oitenta especies de camaleóns, a maior parte delas na África, ao sur do Sáhara.

Os camaleóns son famosos pola súa habilidade en trocar de cor conforme ao ambiente (de feito un mito), pola súa lingua rápida e alongada, e polos seus ollos, que poden ser movidos independentemente un do outro.

O nome "Camaleón" significa "león da terra", e é derivado das palabras gregas Chamai ("na terra, no chan") e leon ("león").

É un lagarto bastante antigo, xa que hai rexistros fósiles de camaleóns desde períodos tan distantes como o Terciario.

Características físicas

Os camaleóns teñen até 60 cm de lonxitude, lingua protráctil, rabo prénsil e patas fortes.

Móvese con extrema lentitude. Para apañar á súa presa, utiliza a lingua como se fose un lazo. Consegue, cunha velocidade sorprendente, estender a lingua case un metro. A punta pegañosa prende o insecto, que é despois tragado. Ese proceso só se pode capturar en detalle con fotografías tomadas con cámaras de alta velocidade.

Os seus ollos poden ser movidos independentemente, o que lle confire aparencia curiosa. Son recubertos por unha pálpebra que deixa libre apenas unha pequena área circular no centro, que corresponde ao iris e á pupila.

A súa pel ten bastante queratina, o que presenta unha serie de vantaxes (en especial, a resistencia). Mais esa característica fai que o camaleón faga a "muda" de pel durante o seu crecemento (a pel antiga descama, dando lugar a outra), como as cobras.

É unha especie ovípara, e as posturas varían entre 30 e 40 ovos, que son depositados no solo. A incubación é longa, dura de 8 a 9 meses. O camaleón atinxe a madurez sexual nun ano e pode vivir de 4 a 5 anos.

Os machos son normalmente máis coloridos e con ornamentacións máis preminentes na cabeza.

Other Languages
አማርኛ: እስስት
aragonés: Chamaeleonidae
العربية: حرباء
asturianu: Chamaeleonidae
azərbaycanca: Buqələmunlar
беларуская: Хамелеоны
български: Хамелеони
Bahasa Banjar: Anguy
brezhoneg: Kameleon
bosanski: Kameleoni
català: Camaleó
čeština: Chameleonovití
Deutsch: Chamäleons
Ελληνικά: Χαμαιλέοντας
English: Chameleon
Esperanto: Ĥameleono
español: Chamaeleonidae
euskara: Kameleoi
føroyskt: Kamelónir
français: Chamaeleonidae
Gaeilge: Caimileon
Gàidhlig: Leòmhann-làir
Hausa: Hawainiya
客家語/Hak-kâ-ngî: Pien-set-liùng
עברית: זיקיתיים
हिन्दी: गिरगिट
hrvatski: Kameleoni
Հայերեն: Քամելեոն
íslenska: Kameljón
italiano: Chamaeleonidae
Basa Jawa: Bunglon
қазақша: Хамелеон
ಕನ್ನಡ: ಗೋಸುಂಬೆ
한국어: 카멜레온
kurdî: Margîse
Кыргызча: Хамелеондор
Lëtzebuergesch: Chamäleonen
lingála: Longónya
lietuvių: Chameleonai
latviešu: Hameleoni
Basa Banyumasan: Londok
македонски: Камелеон
മലയാളം: ഓന്ത്
кырык мары: Хамелеон
Bahasa Melayu: Sumpah-sumpah
Nederlands: Kameleons
norsk nynorsk: Kameleonar
norsk: Kameleoner
ਪੰਜਾਬੀ: ਗਿਰਗਿਟ
پنجابی: گرگٹ
português: Camaleão
română: Cameleon
русский: Хамелеоны
Kinyarwanda: Uruwumvu
Scots: Chameleon
srpskohrvatski / српскохрватски: Kameleoni
Simple English: Chameleon
slovenčina: Chameleónovité
slovenščina: Kameleoni
chiShona: Rwavhi
Soomaaliga: Jirjiroole
shqip: Kameleoni
српски / srpski: Камелеон
Basa Sunda: Londok
svenska: Kameleonter
Kiswahili: Kinyonga
தமிழ்: ஓந்தி
తెలుగు: ఊసరవెల్లి
Tagalog: Hunyango
Türkçe: Bukalemun
українська: Хамелеони
oʻzbekcha/ўзбекча: Xameleonlar
Tiếng Việt: Họ Tắc kè hoa
West-Vlams: Kameleong
中文: 變色龍
Bân-lâm-gú: Kim-chîⁿ-ku
粵語: 變色龍