Calendario chinés

O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Orixe

A súa orixe asóciase ao emperador Huang Ti, ó redor do ano 2637 aC, cando introduciu 5 ciclos de doce anos rexidos por animais distintivos: rata, boi, tigre, coello, dragón, cobra, cabalo, ovella, mono, galo, can e porco. As casas lunares ou shǔ son cada unha das 28 constelacións do zodíaco lunar. Dependendo da data e hora de nacemento da persoa, a lúa estará nalgunha das casas lunares, determinando así o signo da persoa.

O calendario chinés tradicional[1] é tan antigo que non se coñecen ben as súas orixes. Di a lenda que as súas primeiras bases se remontan ós xia, que habitaron aquelas terras sobre o 2205 a.C., mentres que outra tradición o atribúe directamente ó mítico Huang ti, unificador e primeiro emperador da China, que viviu alá polo século III a.C. Os historiadores sitúan as orixes cara á metade da dinastía Shang (1300 a.C.), data da primeira constancia documental da utilización das contas cíclicas para os días.

O problema para os sabios astrónomos chineses foi o mesmo que para o resto dos pobos antigos: tentar combinar os movementos da lúa e do sol, ciclos sempre difíciles de conxeniar. O calendario chinés tradicional era lunar, pero iso causaba graves problemas ós agricultores porque non había forma de fixar as estacións nel. Como para o resto de culturas, a procura dun calendario que reflectise correctamente as estacións era fundamental para o agro, polo que os pobos buscaron maneiras de observar o movemento dos astros (tomando a terra como referente) e reflectilo nun sistema cronolóxico de días completos.

Pasaron os séculos e cara o ano 104 a.C., por medio de sistemas de observación e de medición das sombras proxectadas por un pau vertical (gnomon), os antigos astrónomos chineses chegaron a estimar a duración do ano en 365,2502 días, unha aproximación excelente para a época. Xa sobre o ano 480 da nosa era, o gran sabio Ju Chongzchi estableceuno en 365,2428 días, cun exceso de tan só 52 segundos sobre o valor vixente (365,2422). Ata a reforma gregoriana (proclamada en 1582), o noso calendario acumulaba erros de 11 minutos e 14 segundos por ano (674 segundos). Ju Chongzchi foi trece veces máis preciso once séculos antes.

Other Languages
Afrikaans: Chinese kalender
العربية: تقويم صيني
asturianu: Calendariu chinu
تۆرکجه: چین تقویمی
башҡортса: Ҡытай календары
беларуская: Кітайскі каляндар
беларуская (тарашкевіца)‎: Кітайскі каляндар
brezhoneg: Deiziadur sinaat
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Nùng-lĭk
Esperanto: Ĉina kalendaro
Nordfriisk: Schineesk kalender
贛語: 黃曆
客家語/Hak-kâ-ngî: Nùng-la̍k
Bahasa Indonesia: Imlek
日本語: 中国暦
한국어: 중국력
македонски: Кинески календар
Bahasa Melayu: Kalendar Cina
नेपाल भाषा: चिनिया पात्रो
Nederlands: Chinese kalender
srpskohrvatski / српскохрватски: Kineski kalendar
Simple English: Chinese calendar
српски / srpski: Kineski kalendar
Basa Sunda: Kalénder Tiongkok
Tiếng Việt: Nông lịch
吴语: 农历
Vahcuengh: Liggaeuq
中文: 農曆
文言: 農曆
Bân-lâm-gú: Kū-le̍k
粵語: 黃曆