Cabul

Cabul
کابل‎
Atlas Air flying off from Kabul Airport in 2010.jpg Abdul Rahman Mosque in March 2010.jpg
Ghazi Stadium in 2011.jpg Gardens of Babur (September 2011).jpg
A view from Kabul InterContinental.jpg Serena Hotel in Kabul.jpg
National museum of Afghanistan.jpg National gallery of Afghanistan.jpg
Localización
Cabul en Afganistán
Cabul
Cabul
PaísFlag of Afghanistan.svg Afganistán
ProvinciaCabul
Xeografía
Altitude1 791 msnm
Superficie275 km²
Demografía
Poboación3 289 000 hab. (2012)
Densidade7 738 hab/km²
XentilicioKabuli
Outros datos
AlcaldeMohammad Yunus Noandesh

Cabul,[1][2] Kabul[3][4] ou Kābul[5] (persa: کابل Kâb'l',), é a capital e a meirande cidade de Afganistán, cunha poboación de 3 120 963 habitantes (2006).

Destes habitantes, un 45% son taxicos, un 25% pashtun, e 25% hazara.

Capital da provincia de Cabul, é un centro económico e cultural situado estratexicamente nun estreito val que rodea ao río Kabul, na parte alta das montañas antes do paso Khyber, a unha altitude media de 1765 metros. Kabul comunícase coa fronteira de Taxikistán por un túnel baixo as montañas Hindu Kush. Os principais produtos da rexión inclúen produtos téxtiles, mobles e azucre, se ben as continuas guerras dende 1979 limitaron a produtividade económica da cidade.

Historia

As primeiras trazas de urbanización na cunca do río Cabul déronse na época de Alexandre o Grande ao desenvolverse no norte da cunca a cidade de Kapisa pero nunha zona que non era doada de defender das incursións nómades polo que adquiriu importancia outro asentamento ao sur, máis doado de defender pero non foi ata o século VIII que aparece a cidade na súa forma definitiva[6]. Despois da conquista árabe do territorio foi gradualmente gañando importancia e no século IX, coa chegada de Ya'qub bin Laith as-Saffar, fundador da dinastía saffarí do leste de Irán, instáurase definitivamente o control islámico de Cabul e Afganistán.

Durante os seguintes séculos, a cidade foi sucesivamente controlada polos Samánidas, a dinastía Hindú Shahí, os Gaznávidas e o Imperio Gurida . No século XIII, as hordas mongois ocuparon a cidade, e no século XIV volveu a rexurdir como centro de comercio, baixo o control de Tamerlán, quen casou coa irmá do gobernante de Kabul. Con todo, ao decaer o poder dos Timúridas (descendentes de Tamerlán), a cidade conquistouna, no 1504, Babur, emperador mogol que instalou nela o seu cuartel xeral.

Nader Shah, emperador coñecido como o Napoleón Persa, conquistou a cidade en 1738, pero asasinárono 9 anos máis tarde. Ahmed Sha, militar afgán que comandaba a garda persoal de Nader Shah, asumiu o trono á morte deste. Reafirmando o poder dos Pashtun, estendeu os seus dominios formando un novo Imperio Afgán. Por esta razón é considerado acotío como o fundador da actual Afganistán. Trala súa morte, o seu fillo ( Timur Shah Durrani), herda o poder, trasladando a capital de Afganistán de Kandahar a Kabul.

En 1826, Dost Muhammad asume como novo monarca afgán, con todo, en 1833 o Imperio Británico invade o país, ante o temor de que a influencia rusa se expandira ata as fronteiras da India, quen poñen no poder a un impopular goberno monicreque ao mano de Shah Shuja, dando comezo á Primeira Guerra Anglo-Afgá, a cal finaliza en 1842 coa derrota dos británicos. Dost Muhammad resultou, entón, liberado do seu encarceramento recobrando o seu trono.

En 1878, os británicos volven invadir Afganistán, dando comezo á Segunda Guerra Anglo-Afgá, a cal se estende ata 1881, cando se retiran á India, deixando no poder a Amir Abdur Rahman. En 1919, o rei Amanullah Khan asume o poder, iniciando unha serie de reformas occidentalizantes, decretando ademais a independencia de Afganistán de todo control estranxeiro, na Mesquita de Id Gah, dando comezo á Terceira Guerra Anglo-Afgá. As negociacións de paz a propósito desta guerra concluíron en 1921. En 1929 Amanullah vese na obriga de abandonar Cabul, debido ao alzamento do seu irmán Nadir Khan quen toma o poder. No 1933, Nadir Khan é asasinado, asumindo o trono o seu fillo, de tan só 19 anos, Mohammed Zahir Shah, quen sería o último rei de Afganistán. En 2002 recibe o título honorario de "Padre da Patria".

En 1932, fúndase a primeira universidade afgá, a Universidade de Kabul. Comezando a crecer a cidade como centro industrial do país na década dos anos 1940. Nos anos 1950, iníciase a pavimentación de rúas en Kabul. Nos 1960, a cidade adquire características máis cosmopolitas, abríndose a primeira tenda dunha cadea internacional (Marks & Spencer) de todo Asia Central, no 1967 inaugúrase o Zoolóxico de Kabul.

En 1969, rexístrase un alzamento relixioso en protesta pola crecente influencia soviética na política e a relixión do país, a cal se aplacará, encarcerando tamén aos seus líderes. No 1973, un golpe de estado, encabezado polo Primeiro Ministro Mohammed Daoud Khan, derroca ao rei, acabando coa Monarquía e instaurando unha República.

En 1975, un sistema de trolebuses eléctricos proveu de transporte público á cidade. O sistema construíuse coa asistencia técnica de Checoslovaquia. No 1979, A Unión Soviética invade o país, que instalou en Kabul o seu comando central durante os 10 anos que durou o conflito entre o Goberno prosoviético e os rebeldes muyahidines. No 1989 Péchase a Embaixada de Estados Unidos en Kabul, trala retirada das tropas soviéticas. No 1992, derrócase ao goberno comunista de Mohammad Najibullah, caendo a cidade en poder de milicias locais, quen ao estar divididas en faccións continuaron loitando entre si. En decembro de 1992 detívose o último dos trolebuses da cidade, a causa do conflito armado, sendo substituídos por un sistema de 800 autobuses públicos que continuou proporcionando o transporte á poboación. Sobre 1993, o servizo de electricidade e auga potable da cidade resultou completamente interrompido.

En setembro de 1996 a cidade caeu en poder dos Talibán, quen lincharon publicamente ao ex-presidente Najibullah e ao seu irmán. Trala vitoria Talibán, as loitas na rúa entre as faccións finalizaron. Cinco anos máis tarde, en 2001, as forzas de Estados Unidos invadiron Afganistán, provocando a fuxida dos talibán de Kabul, mentres que a Alianza do Norte tomaba o control da cidade. A partir de 2003, a cidade comezou lentamente a recuperarse, coa axuda do investimento estranxeiro.

Other Languages
Acèh: Kabul
Afrikaans: Kaboel
Alemannisch: Kabul
አማርኛ: ካቡል
aragonés: Kabul
Ænglisc: Cabūl
العربية: كابل
asturianu: Kabul (ciudá)
azərbaycanca: Kabil
تۆرکجه: کابول
башҡортса: Ҡабул
Bikol Central: Kabul
беларуская: Кабул
беларуская (тарашкевіца)‎: Кабул
български: Кабул
বাংলা: কাবুল
བོད་ཡིག: ཁ་པུལ།
brezhoneg: Kaboul
bosanski: Kabul
буряад: Кабул
català: Kabul
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Kabul
нохчийн: Кабул
Cebuano: Kabul
کوردی: کابول
čeština: Kábul
Чӑвашла: Кабул
Cymraeg: Kabul
dansk: Kabul
Deutsch: Kabul
Zazaki: Kabil
डोटेली: काबुल
Ελληνικά: Καμπούλ
English: Kabul
Esperanto: Kabulo
español: Kabul
eesti: Kabul
euskara: Kabul
فارسی: کابل
suomi: Kabul
Võro: Kabul
føroyskt: Kabul
français: Kaboul
arpetan: Caboul
Nordfriisk: Kabul
Frysk: Kabûl
Gaeilge: Cabúl
Gàidhlig: Kabul
ગુજરાતી: કાબુલ
Gaelg: Kabul
客家語/Hak-kâ-ngî: Kabul
עברית: קאבול
हिन्दी: काबुल
Fiji Hindi: Kabul
hrvatski: Kabul
hornjoserbsce: Kabul
Kreyòl ayisyen: Kaboul
magyar: Kabul
հայերեն: Քաբուլ
interlingua: Kabul
Bahasa Indonesia: Kabul, Afganistan
Interlingue: Kabul
Ilokano: Kabul
Ido: Kabul
íslenska: Kabúl
italiano: Kabul
日本語: カーブル
ქართული: ქაბული
Qaraqalpaqsha: Kabul
Taqbaylit: Kabul
Kabɩyɛ: Kabuli
Gĩkũyũ: Kabul
қазақша: Кабул
kalaallisut: Kabul
ភាសាខ្មែរ: ទីក្រុងកាបូល
ಕನ್ನಡ: ಕಾಬುಲ್
한국어: 카불
kurdî: Kabûl
Кыргызча: Кабул
Latina: Cabura
Lëtzebuergesch: Kabul
Ligure: Kabul
lumbaart: Kabul
lingála: Kabul
lietuvių: Kabulas
latviešu: Kabula
мокшень: Кабул
Malagasy: Kabul
олык марий: Кабул
Māori: Kabul
македонски: Кабул
മലയാളം: കാബൂൾ
монгол: Кабул
मराठी: काबुल
Bahasa Melayu: Kabul
မြန်မာဘာသာ: ကဘူးလ်မြို့
Dorerin Naoero: Kabul
नेपाली: काबुल
Nederlands: Kabul (stad)
norsk nynorsk: Kabul
norsk: Kabul
Novial: Kabul
occitan: Kabol
ଓଡ଼ିଆ: କାବୁଲ
Ирон: Кабул
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਾਬੁਲ
Papiamentu: Kabul
polski: Kabul
Piemontèis: Kabul
پنجابی: کابل
پښتو: کابل
português: Cabul
română: Kabul
русский: Кабул
Kinyarwanda: Kabul
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱠᱟᱵᱩᱞ
sicilianu: Kabul
Scots: Kabul
davvisámegiella: Kabul
srpskohrvatski / српскохрватски: Kabul
සිංහල: කාබුල්
Simple English: Kabul
slovenčina: Kábul
slovenščina: Kabul
chiShona: Kabul
Soomaaliga: Kabul
shqip: Kabuli
српски / srpski: Кабул
Basa Sunda: Kabul
svenska: Kabul
Kiswahili: Kabul
ślůnski: Kabul
தமிழ்: காபூல்
тоҷикӣ: Кобул
ไทย: คาบูล
Tagalog: Kabul
Türkçe: Kâbil
татарча/tatarça: Кабул
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: كابۇل
українська: Кабул
اردو: کابل
oʻzbekcha/ўзбекча: Kobul (shahar)
vepsän kel’: Kabul
Tiếng Việt: Kabul
Winaray: Kabul
მარგალური: ქაბული
ייִדיש: קאבול
Yorùbá: Kabul
中文: 喀布尔
Bân-lâm-gú: Kabul
粵語: 喀布爾