CB Estudiantes

Movistar Estudiantes
Camiseta del Estudiantes (Kirksay).jpg
Información xeral
LigaLiga ACB
Fundación1948
HistoriaRamiro de Maeztu (1948)
Cores          Azul, negro
PresidenteEspaña Juan Francisco García
AdestradorGalicia Diego Ocampo
PatrocinadorMovistar
VestimentaJoma
SeareirosDemencia
Localización
CidadeEspaña Madrid, España
PavillónPalacio de la CAM
Capacidade15.000
Inauguración1960
Campionatos
Copa3 (1962, 1992, 2000)
Príncipe1 (1986)
clubestudiantes.com

O Club Baloncesto Estudiantes S.A.D, coñecido tamén coma Movistar Estudiantes por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional da cidade de Madrid (España). Fundado en 1948 por un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu é, xunto co Real Madrid e o Joventut de Badalona, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan tres Copas do Rei e unha Copa Príncipe de Asturias.

O pavillón onde xogan os seus partidos como local é o Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid, recinto inaugurado no ano 2005, con capacidade para 15.000 espectadores. O seu presidente é Juan Francisco García. O Estudiantes é tamén coñecido polos seus fieis seareiros, coñecidos popularmente como a "Demencia".

Historia

Fundación

O club foi fundado durante o curso 1947-48, cando un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu inscribiu na "Federación Castellana de Baloncesto" (do castelán: Federación Castelá de Baloncesto) un equipo co nome de "Ramiro de Maeztu" na Terceira Divi­sión. Un ano máis tarde, no curso 1948-49, trocou o nome e constituíuse formalmente como "Club Baloncesto Estudiantes", baixo os auspicios e o apoio decisivo de Antonio Magariños, catedrático e xefe de estudos do Instituto. Ese ano inscribíronse con ese nome dous equipos, sendo o propio Antonio Magariños o primeiro presidente do club.

Na tempada 1947-1948 o Estudiantes queda subcampión de Terceira División de Castela e ascende á Segunda categoría. Na tempada 1948-49 ascende de Segunda a Primeira e na 1949-50 alcanza a máxima categoría existente entón. A primeira liga española de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto, disputouse no ano 1957 con seis equipos: Aismalibar, FC Barcelona, Estudiantes, Joventut de Badalona, Orillo Verde de Sabadell e Real Madrid. O Real Madrid e o Estudiantes participaron como primeiro e segundo do Campionato de Castela. Dende aquela, o Estudiantes é un dos tres únicos clubs españois que mantiveron a máxima categoría en competición española.

Primeiro título (anos 1960)

Nos anos sesenta chegan os primeiros títulos, conseguindo a súa primeira Copa do Rei en 1963: tras gañar na final ao Real Madrid por 94-90, sendo tamén subcampión da Liga, tralos seus compañeiros de cidade. Xa na tempada anterior o Estudiantes fora subcampión de Copa, perdendo na final ante o Real Madrid por 80-66, e terceiro na Liga (tras Real Madrid e Joventut). Á tempada seguinte, 1963-64, o Estudiantes non repite éxito, e consegue o segundo posto na Copa do Rei disputada en Lugo, con todo este posto conseguise tras vencer ao Real Madrid no partido polo terceiro e cuarto posto por 114-62, a vitoria máis avultada sobre o seu gran rival.

Anos despois, o 19 de marzo de 1967, data correspondente á última Último partido de la liga 1966-67, o Estudiantes vence ao seu gran rival por mor dunha canastra de Emilio Segura nos últimos segundos, poñendo o marcador 77-75, e privando ao Real Madrid do título de liga que foi parar ao Joventut. Ao ano seguinte, en Badalona, La Penya ofreceu ao Estudiantes unha placa á deportividade e durante dos minutos el público badalonés estibo aplaudindo en pé. A importancia da xesta do Estudiantes radica en que durante as décadas dos sesenta e setenta o Real Madrid gañara dezaseis ligas consecutivas, dende 1959 até 1977 exceptuando ese ano. Actualmente unha peña de seareiros do Estudiantes denomínase "Peña Emilio Segura" en lembranza da xesta protagonizada polo xogador "estudiantil", o cal é socio de honra da mesma. O último momento destacable deste época sucedeu o 9 de marzo de 1969 cando nun partido ante o Joventut en Badalona, José Luis Sagi-Vela conseguiu 50 puntos, mellor rexistro na historia do club, e sendo tan só igualado quince anos máis tarde por David Russell.

Chegada a Europa (anos 1970)

Os anos setenta son uns anos con grandes e entrañables xogadores, co club e a afección asentados no Pavillón Magariños, inaugurado en 1971, e onde a "Demencia" empeza a estar máis organizada. É a época en que empeza a xogar o primeiro americano remunerado en Estudiantes, Ron Taylor. Entre os logros da época destacan dous subcampionatos de Copa, en 1973 e 1975; e as primeiras participacións en competicións europeas, en concreto a Recopa.

Así, en 1973, o Estudiantes chega á súa primeira final da Copa da década, denominada naquela época do "Copa del Generalísimo". Perdeu en Valencia contra o Real Madrid por 123-79. Con todo, isto serviulle para que en 1973-74 disputase por primeira vez unha competición europea oficial, a Recopa. Os colexiais debutaron ante o SL Benfica portugués en segunda rolda. Tras eliminar ao Mounier Wels en oitavos de final, e pasar como segundos na liguiña de cuartos (na que o equipo do Ramiro compartiu grupo co Spartak de Brno e co Steaua de Bucarest), Estudiantes caeu en semifinais ante o Estrela Vermella iugoslavo, ao cabo campión.

En 1975 o Estudiantes xoga á súa segunda é última final de Copa destes anos, perdendo na final en Xerez da Fronteira de novo fronte ao Real Madrid, esta vez por 114-85. Este resultado valeulle de novo para xogar a Recopa na tempada seguinte, xa na mesma, en oitavos de final eliminou ao Honka Playboys, na liguiña de cuartos de final quedan primeiros de grupo e xa en semifinais perden fronte os franceses do o ASPO Tours.

Comeza a ACB (anos 1980)

Na tempada 1980-81 o Estudiantes consegue ser subcampión de liga por terceira vez. O equipo xogaba de maneira moi consistente e encestaba habitualmente máis de 100 puntos por partido. Soamente o Barcelona resistiu no Palau, quedando campión de liga ese ano. Esa tempada destacou tamén pola explosión de Fernando Martín, daquela con 19 anos. Con todo, ao ano seguinte, Martín e outros xogadores claves foron fichados por clubs con maior potencial económico e rivais directos. Así, en 1984, ano de debut da ACB, o club ten que loitar por non descender, salvándose tras eliminar ao Peñas Recreativas de Huesca no playoff pola permanencia.

En 1984-85 comeza a reconstruírse un equipo máis competitivo, chega David Russell e volve Vicente Gil. Esa mesma tempada, Russell empatou con José Luís Sagi-Vela o tope máximo de anotación individual dun xogador de Estudiantes, ao conseguir 50 puntos no partido que enfrontou a Estudiantes contra a Caja de Álava o 20 de outubro de 1984. O 10 de novembro dese mesmo ano, debuta de John Pinone, abrindo unha época mítica en Estudiantes e sendo un dos súa xogadores icona do club durante anos.

En 1986 o Estudiantes consegue o seu segundo título, a Copa Príncipe de Asturias, conseguindo así o dereito a participar en competicións europeas. Nas tempadas 1984-85, 1985-86, 1986-87 o Estudiantes chega a cuartos de final na liga. David Russell gaña o primeiro concurso de mates da ACB, en Don Benito (Badaxoz). O 28 de marzo de 1987 sería unha das datas máis lembradas da historia do club, tras gañar ao Real Madrid nos Cuartos de Final da liga por 121 a 115 tras tres prórrogas nun Pavillón Antonio Magariños ateigado. Este encontro supuxo o partido de playoff da historia ACB con máxima anotación conxunta (236 puntos). Aquel ano Estudiantes acabou finalmente quinto.

Novo título (anos 1990)

Nacho Azofra.

No ano 1990 o Estudiantes logra o subcampionato na Copa do Rei e un terceiro posto na liga, tras ser eliminado polo futuro campión, o FC Barcelona, nas semifinais. Juan Antonio Orenga foi nomeado Mellor Xogador da final de Copa. En 1992, despois da boa tempada anterior, o equipo continua crecendo e nese ano chegan unha serie de resultados históricos. Ese ano estaban no equipo xogadores como Orenga, Alberto Herreros, John Pinone, Nacho Azofra ou Alfonso Reyes.

Por unha banda, Estudiantes proclamouse Campión de Copa, por segunda vez na súa historia, ante o CAI Zaragoza, por 61-56, en Granada. John Pinone foi nomeado Mellor Xogador do Torneo. Nesa final, Nacho Azofra saíu desde o banco, pois estaba lesionado, e Ricky Winslow fixo un mate final espléndido. Nos cuartos de final da Copa, o Estudiantes eliminou ao Real Madrid cunha tripla de Juan Aísa no último segundo. En semifinais, gañou ao Joventut nun extraordinario partido de Pablo Martínez. En canto á liga, nas semifinais, o Estudiantes foi eliminado polo Joventut por 3-2. Os de Madrid gañaron o primeiro partido en Badalona, e no segundo perderon na prórroga, á que se chegou despois de fallar Estudiantes dous de tres tiros libres co tempo xa a cero. O Joventut proclamouse posteriormente campión de liga.

Pero o ano 92 é sobre todo lembrado polo maior fito europeo de Estudiantes. Na liga Europea, conseguiu chegar á Final Four disputada ese ano en Istambul. Nas semifinais Estudiantes disputou a semifinal co Joventut, enfrontamento obrigatorio naquela época cando había dous equipos do mesmo país na Final a Catro, perdendo. Finalmente o campión sería o Partizan de Belgrado. Como curiosidade o Partizan tivo que xogar toda a Euroliga fóra de Iugoslavia, escollendo como fogar Fuenlabrada, preto de Madrid. O Partizan gañou tódolos partidos de casa excepto un: Estudiantes.

En 1992-93, o maior logro do club foi chegar ás semifinais da liga, sendo eliminados por 3-2 polo Real Madrid de Arvydas Sabonis, que logo foi campión. Situación que se repetiu na seguinte tempada. En 1997 o Estudiantes consegue o terceiro lugar na liga, sendo eliminado en semifinais polo Barcelona, que acabou campión. A historia volveu repetirse ao ano seguinte. En 1999 o Estudiantes é subcampión da Copa Korać, nunha final española a dobre partido fronte ao FC Barcelona.

Gloria e dificultades (anos 2000)

Sergio Rodríguez.

No ano 2000 Estudaintes proclámase campión da Copa do Rei en Vitoria, ao gañar ao Pamesa Valencia por 73-63. O Estudiantes eliminara en cuartos ao anfitrión, o Tau Cerámica, e en semifinais ao Caja San Fernando de Sevilla, ademais volveu ser semifinalista na liga, perdendo ante o Real Madrid nunha vibrante eliminatoria por 3-2, resolta no último segundo do quinto partido no pavillón Saporta, ao fallar Chandler Thompson unha bandexa. Ao seguinte ano o equipo cae de novo en semifinais, esta vez tras eliminar ao Real Madrid en cuartos co factor cancha en contra. Por fin, o ano seguinte, o Estudiantes consegue chegar á final, perdendo fronte ao FC Barcelona na mesa, despois de partidos cargados de polémica arbitral. Como anécdota, Sergio Rodríguez debutou na ACB no último minuto do último partido, anotando unha penetración por encima do poste.

En 2004-05 o Estudiantes vingouse e eliminou ao Barcelona, vixente campión, por 3-1 nos cuartos de final dos playoffs co factor campo adverso. Con todo, en semifinais, foi eliminado polo Real Madrid, que acabou gañando a liga. Ao ano seguinte, tras conseguir o oitavo posto na liga regular, o Estudiante perde na primeira rolda fronte ao Unicaja Málaga por 3-0. A cousa empeoraría ao ano seguinte, e o Estudiantes cun noveno posto queda fóra das eliminatorias polo título por primeira vez en moitos anos. Mais a cousa non quedaría aí, o seguinte ano foi aínda peor e o Estudiantes sálvase do descenso por unha soa vitoria. O ano seguinte o equipo mellora, mais volve a quedar na parte baixa da táboa. A racha negativa rompeuse por fin en 2010, e o Estudiantes volve a obter unha praza nas eliminatorias polo título tras tres anos.[1]

Other Languages