Córdoba, España

Córdoba
Flag of Córdoba, Spain.svg
Escudo oficial de Córdoba (España).svg
Ponte romana.
Templo romano.Torre da Malmuerta.
Calleja de las flores.Iglesia de San Lorenzo (Córdoba, España).jpgArco del Portillo (Córdoba, Spain).jpg
Mesquita de Córdoba.
Localización
Córdoba en España
Córdoba
Córdoba
Córdoba en Provincia de Córdoba
Córdoba
Córdoba
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaCórdoba
ComarcaCórdoba
Xeografía
Altitude120 msnm
Superficie1.255,24 km²
Demografía
Poboación325.453 hab. (INE 2008)
Densidade259,28 hab./km²
XentilicioCordobés/sa, cordobense, cortubí, patriciense
Outros datos
Código postal14001 - 14014
AlcaldeJosé Antonio Nieto (www.cordoba.es

Córdoba é unha cidade andaluza, capital da provincia homónima, situada a beiras do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. Provén do latín Corduba, e posiblemente dunha anterior fenicia, Qorteba, que viría a significar 'muíño de aceite' para algúns autores [1], ou ben 'cidade boa', a partir de Qart-tuba para outros.[2]

Foi capital do Califato Omeia de Occidente, época do seu maior esplendor e da que conserva numerosos monumentos, entre eles o máis importante é a Mesquita de Córdoba.

Córdoba na actualidade é un gran referente cultural do sur de Europa, unha das cidades máis atractivas, conservadas e de maior calidade de vida de España. Cun dos cascos históricos máis extensos do mundo, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 17 de decembro de 1984. Hoxe en día a cidade presenta diversas zonas moi modernas e ben comunicadas referentes da moderna Córdoba do século XXI, destacando a enorme transformación urbana do Plano RENFE e no río Guadalquivir, alén da expansión da cidade cunha gran dimensión urbana e alta calidade de vivenda, aínda que os prezos acadados nos andares dos novos barrios son moi elevados. Foi candidata á capitalidade cultural europea para o ano 2016.

A Xunta de Andalucía está estudando dende fai un tempo, a creación da Área Metropolitana de Córdoba que estaría composta, ademais de pola capital, polas poboacións de Villafranca, Obejo, La Carlota, Villaharta, Villaviciosa de Córdoba, Almodóvar del Río e Guadalcázar, contando así cunha poboación aproximada de 351.000 habitantes.

Xeografía

O seu emprazamento á beira do río Guadalquivir e o seu doado acceso aos recursos mineiros de Serra Morena (carbón, chumbo, zinc) responde o porqué dos seus temperáns asentamentos humanos.

Other Languages
Alemannisch: Córdoba (Spanien)
aragonés: Cordoba
العربية: قرطبة
مصرى: كوردوبا
azərbaycanca: Kordova (İspaniya)
беларуская: Кордава (Іспанія)
беларуская (тарашкевіца)‎: Кордава (горад)
български: Кордоба
বাংলা: কর্দোবা
brezhoneg: Córdoba (Spagn)
català: Còrdova
کوردی: کۆردۆبا
Cymraeg: Córdoba
dansk: Córdoba
Ελληνικά: Κόρδοβα
eesti: Córdoba
euskara: Kordoba
estremeñu: Córduba
français: Cordoue
Nordfriisk: Córdoba
Gaeilge: Córdoba
Kreyòl ayisyen: Cordoue (Cordoue)
interlingua: Cordova (Espania)
Bahasa Indonesia: Kordoba, Spanyol
íslenska: Córdoba
italiano: Cordova
қазақша: Кордоба
kurdî: Kordoba
Latina: Corduba
Ladino: Kordova
Lëtzebuergesch: Córdoba
मराठी: कोर्दोबा
Bahasa Melayu: Córdoba, Sepanyol
эрзянь: Кордова
Plattdüütsch: Córdoba
Nederlands: Córdoba (Spanje)
norsk nynorsk: Córdoba i Spania
occitan: Còrdoa
polski: Kordoba
português: Córdova (Espanha)
संस्कृतम्: कोर्दोबा
sicilianu: Còrdova
srpskohrvatski / српскохрватски: Córdoba (Španjolska)
Simple English: Córdoba, Andalusia
slovenščina: Córdoba, Španija
shqip: Kordova
српски / srpski: Кордоба
தமிழ்: குர்துபா
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: Kordowa
اردو: قرطبہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Kordova (shahar)
Tiếng Việt: Córdoba, Tây Ban Nha
吴语: 阔多瓦
ייִדיש: קארדאבע
Bân-lâm-gú: Córdoba (Andalucía)
粵語: 哥多華