Bureau of Indian Affairs

Selo da BIA (Bureau of Indians Affairs).

A Bureau of Indian Affairs (BIA), traducido como Oficina de Asuntos Indíxenas, é unha axencia federal do goberno dos Estados Unidos que se engloba dentro do Departamento do Interior de Estados Unidos e que ten como cometido a xestión dos dereitos específicos outorgados ás minorías indíxenas de Estados Unidos.

Esta oficina é a máis antiga do Departamento de Interior de Estados Unidos. Creouse 11 de marzo de 1824, baixo a dependencia da Secretaría de Guerra e pasou en 1849 a estar supervisada polo Departamento de Interior.

É responsable da administración e xestión de 55.700.000 de acres (225.000 km2) de terra cedida polo goberno de Estados Unidos en fideicomiso aos nativos americanos en Estados Unidos, ás tribos nativas estadounidenses e aos nativos de Alasca. Ofrece servizos mediante acordos, subvencións ou pactos a preto de 1.900.000 de indios estadounidenses e nativos de Alasca, agrupados nas 567 tribos que, en 2016, teñen recoñecemento federal.

Bandeira oficial da BIA.

A Oficina de Asuntos Indios é unha das dúas oficinas competencia da Subsecretaría de Asuntos Indios -a Oficina de Asuntos Indios e a Oficina de Educación indíxena (BIE)- que proporciona servizos educativos a case 48.000 nativos americanos. Aínda que orixinalmente era tamén responsable dos servizos de saúde dos indíxenas e dos nativos de Alasca, esta competencia se trasladó, en 1954, ao Departamento de Saúde, Educación e Benestar, coñecido agora Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos, onde permaneceu até hoxe como o Servizo Amerindio de Saúde.

Para atender os servizos actuais, a BIA divide Estados Unidos en 12 oficinas rexionais (Rexión do Medio Oeste, Rexións das Grandes Chairas, Rexión das Montañas Rochosas, Rexión do Leste de Oklahoma, Rexión das Chairas do sur, Rexión do Suroeste, Rexión do Oeste, Rexión do Pacífico), subdivididas á súa vez en 83 axencias que administran as diferentes reservas indíxenas estadounidenses.

Rexión de Alasca (oficina central en Junneau)

Creada para as reservas de Alasca (agás a reserva da illa Annette que depende da rexión noroeste) tanto inuit, aleutianos como amerindias. Administra máis de 80.000 persoas agrupadas nas 229 tribos recoñecidas federalmente. Divide o territorio entre 2 axencias e a oficina central.

  • Axencia Fairbanks, en Fairbanks, que se ocupa dos servizos para as tribos e pobos do interior e do norte de Alasca.
  • Axencia do centro e oeste, en Anchorage.
  • A oficina central en Junneau, para as tribos e pobos dos sueste.