Brothers In Arms: Road to Hill 30

Brothers In Arms: Road to Hill 30 (en galego Irmáns en Armas: Rumbo ó outeiro 30) é un videoxogo en primeira persoa desenvolvido por Gearbox Software e publicado por Ubisoft en marzo do 2005.

Este é un videoxogo inspirado na loita entre os exércitos estadounidense e alemán na Batalla de Normandía en 1944. Realmente, Brothers in Arms alcanzou grande éxito grazas ao enfatizar o compoñente táctico de comandar grupos de homes, xunto coa acción en primeira persoa e unha atmosfera perfecta grazas a unha visión de rigorosa precisión histórica.

Un videoxogo que traza a historia

O xogo conta os feitos reais que ocorreron no Terceiro Batallón, Compañía FOX "da 101 ª División Aerotransportada do Exército dos Estados Unidos no día antes do desembarco de Normandía na Operación Chicago.

Other Languages