Bristol

Bristol
Bristol arms cropped.jpg
Bristol landmarks collage.png
Localización
Bristol en Inglaterra
Bristol
Bristol
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónSuroeste de Inglaterra
Xeografía
Altitude11 msnm
Superficie110 km²
Demografía
Poboación432.500 hab. (2012)
Densidade3.892 hab/km²
XentilicioBristoliano/a
Outros datos
Código postalBS
AlcaldeGeorge Ferguson
Páxina oficial de Bristol

Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1 070 000 se incluímos toda a área metropolitana.[1]

En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén en Perú, Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.[2]

Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.

Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.

Economía

Bristol é un núcleo industrial activo na industria aeronáutica e metalúrxica. Os seus principais sectores económicos constitúeno a industria aeroespacial, a defensa, o sector financeiro, o sector da comunicación, a tecnoloxía e o turismo. O seu porto, berce da cidade, ten conexión co de Avonmouth e Portishead grazas á canle de Bristol.[3]

Other Languages
Afrikaans: Bristol
አማርኛ: ብርስተል
aragonés: Bristón
Ænglisc: Bricgstōw
العربية: برستل
asturianu: Bristol
azərbaycanca: Bristol
беларуская: Брысталь
беларуская (тарашкевіца)‎: Брыстал
български: Бристъл
brezhoneg: Bristol
bosanski: Bristol
català: Bristol
čeština: Bristol
Cymraeg: Bryste
dansk: Bristol
Deutsch: Bristol
Zazaki: Bristol
Ελληνικά: Μπρίστολ
English: Bristol
Esperanto: Bristolo
español: Brístol
eesti: Bristol
euskara: Bristol
فارسی: بریستول
suomi: Bristol
Gaeilge: Briostó
Gàidhlig: Bristol
Gaelg: Bristol
Hausa: Bristol
עברית: בריסטול
हिन्दी: ब्रिस्टल
hrvatski: Bristol
magyar: Bristol
հայերեն: Բրիստոլ
Bahasa Indonesia: Bristol
Interlingue: Bristol
Ido: Bristol
íslenska: Bristol
italiano: Bristol
日本語: ブリストル
ქართული: ბრისტოლი
қазақша: Бристоль
한국어: 브리스틀
kernowek: Bristol
Latina: Bristolium
Lëtzebuergesch: Bristol (England)
lumbaart: Bristol
lietuvių: Bristolis
latviešu: Bristole
македонски: Бристол
മലയാളം: ബ്രിസ്റ്റൽ
मराठी: ब्रिस्टल
Mirandés: Bristol
مازِرونی: بریستول
norsk nynorsk: Bristol
norsk: Bristol
Nouormand: Bristo
ਪੰਜਾਬੀ: ਬਰਿਸਟਲ
polski: Bristol
Piemontèis: Bristol
پنجابی: برسٹل نگر
português: Bristol
Runa Simi: Bristol
română: Bristol
русский: Бристоль
sicilianu: Bristullu
Scots: Bristol
davvisámegiella: Bristol
srpskohrvatski / српскохрватски: Bristol
Simple English: Bristol
slovenščina: Bristol
shqip: Bristol
српски / srpski: Бристол
svenska: Bristol
Kiswahili: Bristol
ślůnski: Bristol
Tagalog: Bristol
Türkçe: Bristol
Twi: Bristol
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: Bristol
українська: Бристоль
اردو: برسٹل
oʻzbekcha/ўзбекча: Bristol
Tiếng Việt: Bristol
West-Vlams: Bristol
Volapük: Bristol
Winaray: Bristol
ייִדיש: בריסטאל
Yorùbá: Bristol
Bân-lâm-gú: Bristol
粵語: 碧仙桃