Brisbane

Brisbane
Flag of Brisbane.svg
Brisbane COA.gif
Brisbane infobox montage.jpg
Vistas da cidade.
Localización
Brisbane en Australia
Brisbane
Brisbane
PaísAustralia Australia
EstadoFlag of Queensland.svg Queensland
Xeografía
Superficie15  826 km²
Demografía
Poboación2 274 600 hab. (2014)
Densidade143 hab/km²
Outros datos
AlcaldeGraham Quirk
Páxina oficial de Brisbane

Brisbane é a terceira cidade máis grande de Australia. É a capital do estado de Queensland, no nordés do país e ten 1 993 132 habitantes (estimado no 2006). Atópase ao leste da Gran Cordilleira Divisoria, ao sueste da cordilleira Taylor e moi próxima á baía Moretón. Está atravesada polo río Brisbane, que foi dragado para facilitar o tránsito de barcos. Cara ao oeste o horizonte está dominado pola presenza do monte Cootha en cuxas abas atopase un planetario e os xardíns botánicos. Na súa cima atópase un miradoiro que ofrece unhas vistas magnificas da cidade e o seu ondulante río. As máis importantes estacións de televisión no estado de Queensland teñen os seus estudos no monte Cootha.

O sector de Southbank, que se sitúa na riviera sur do río Brisbane, renovouse intensamente para acoller a Exposición Internacional de 1988, pasando a converterse das súas orixes industriais a un agradable parque de fermosos xardíns, onde tamén se atopa unha praia pública artificial, restaurantes e bares, espazos de esparexemento e o museo marítimo. Coa construción da ponte peonil Good Will pódese facilmente chegar desde o centro da cidade a Southbank en tan só uns minutos. A area é unha das favoritas dos habitantes de Brisbane para celebrar asados familiares os fins de semana.

O municipio de Brisbane anunciou un plan de desenvolvemento que considera a construción de pontes peonís adicionais co fin de facer a cidade máis accesible a peóns e ciclistas, así como tamén para incentivar as actividades físicas.

A economía baséase en diversas industrias petroquímicas, metalúrxicas, construcións mecánicas, alimentarias e ferrometalúrxicas. Destaca tamén o seu porto, polo cal exporta carbón e metais. É tamén un importante centro cultural e turístico, ademais de ser centro do nó ferroviario e aéreo para Queensland. Nas súas proximidades atópase a terminal dun gasoduto e a do oleoduto de Moonie.

Historia

A área actualmente coñecida como Brisbane estaba habitada antes da colonización europea pola tribo aborixe australiana "Turrbal", cuxos antepasados orixinalmente emigraron á rexión a través do Estreito de Torres. Para estas persoas a zona que se convertería en Brisbane coñécese como Mian-jin, que significa "lugar como unha forma de espiga".

O Windmill, construído polos condenados para moer os cereais a fins de 1820.

A baía Moretón foi explorada por John Oxley en 1823. A cidade foi fundada en 1824 por orde de Lord Brisbane, que fora nomeado gobernador de Nova Gales do Sur (New South Wales) en 1821. Inicialmente unha colonia penal foi fundada na area actual de Redcliff, Edenglassie nas proximidades dunha aldea chamada Moreton Bay. Utilizou os presos para crear infraestruturas e limpar os campos, o que impulsou o desenvolvemento económico da colonia e facilitou a emigración de colonos libres. En 1834 pasou a chamarse Brisbane.

En xuño de 1859 converteuse na capital da colonia de Queensland, aínda que Brisbane non recibiu o titulo de cidade ata 1902, cando se fusionaron preto de vinte consellos municipais para crear o consello municipal de Brisbane, o municipio máis grande en Australia.

Foi sede da Exposición Internacional de 1988, co tema "O Lecer na éra da Tecnoloxía". Actualmente é a cidade de maior crecemento tanto en poboación como economicamente en Australia.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Brisbane desempeñou un papel importante na campaña dos aliados, cando o edificio de AMP (que agora se chama MacArthur Central) foi utilizado como cuartel xeral do teatro de operacións do Pacífico sur oeste do Xeneral Douglas MacArthur, o xefe das forzas aliadas do Pacífico. Aproximadamente 1 000 000 de soldados dos EE.UU. pasaron por Australia durante a guerra, sendo Brisbane o principal punto de coordinación para o Pacífico sudoccidental. En 1942 Brisbane foi a sede dun violento enfrontamento entre militares de EEUU dun lado e militares e civís australianos polo outro dando como resultado unha morte e varios feridos. Este incidente foi coñecido coloquialmente como a Batalla de Brisbane.

Brisbane obtivo tanto o éxito dos Xogos da Commonwealth en 1982, e a Expo 88. Estes acontecementos foron acompañados por unha escala dos gastos públicos, a construción e o desenvolvemento como non se viron antes no estado de Queensland.

Other Languages
Afrikaans: Brisbane
Alemannisch: Brisbane
አማርኛ: ብርዝበን
العربية: بريزبان
asturianu: Brisbane
azərbaycanca: Brisben
تۆرکجه: بریزبین
žemaitėška: Brėsbens
беларуская: Брысбен
беларуская (тарашкевіца)‎: Брысбэйн
български: Брисбън
भोजपुरी: ब्रिस्बेन
বাংলা: ব্রিসবেন
brezhoneg: Brisbane
bosanski: Brisbane
català: Brisbane
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Brisbane
нохчийн: Брисбен
کوردی: بریزبێن
čeština: Brisbane
Cymraeg: Brisbane
dansk: Brisbane
Deutsch: Brisbane
Ελληνικά: Μπρίσμπεϊν
emiliàn e rumagnòl: Brisbane
English: Brisbane
Esperanto: Brisbano
español: Brisbane
eesti: Brisbane
euskara: Brisbane
فارسی: بریزبن
suomi: Brisbane
føroyskt: Brisbane
français: Brisbane
Frysk: Brisbane
Gaeilge: Brisbane
Gàidhlig: Brisbane
Hausa: Brisbane
客家語/Hak-kâ-ngî: Brisbane
עברית: בריזבן
हिन्दी: ब्रिस्बेन
hrvatski: Brisbane
magyar: Brisbane
հայերեն: Բրիսբեն
Bahasa Indonesia: Brisbane
Interlingue: Brisbane
íslenska: Brisbane
italiano: Brisbane
日本語: ブリスベン
Basa Jawa: Brisbane
ქართული: ბრიზბენი
Taqbaylit: Brisbane
қазақша: Брисбен
한국어: 브리즈번
Кыргызча: Брисбен
Latina: Brisbane
Ladino: Brisbane
Lëtzebuergesch: Brisbane
Limburgs: Brisbane
Ligure: Brisbane
lietuvių: Brisbenas
latviešu: Brisbena
मैथिली: ब्रिसबेन
олык марий: Брисбен
македонски: Бризбејн
монгол: Брисбэн
Bahasa Melayu: Brisbane
မြန်မာဘာသာ: ဘရစ်စဘိန်းမြို့
Dorerin Naoero: Brisbane
नेपाली: ब्रिसबेन
Nederlands: Brisbane
norsk nynorsk: Brisbane
norsk: Brisbane
occitan: Brisbane
Ирон: Брисбен
ਪੰਜਾਬੀ: ਬ੍ਰਿਜ਼ਬਨ
Papiamentu: Brisbane
Norfuk / Pitkern: Brisbin
polski: Brisbane
Piemontèis: Brisbane
پنجابی: برسبین
português: Brisbane
Runa Simi: Brisbane
română: Brisbane
русский: Брисбен
संस्कृतम्: ब्रिस्बेन
саха тыла: Брисбен
sicilianu: Brisbane
Scots: Brisbane
srpskohrvatski / српскохрватски: Brisbane
Simple English: Brisbane
slovenčina: Brisbane
slovenščina: Brisbane
Gagana Samoa: Brisbane
Soomaaliga: Brisbane
српски / srpski: Бризбејн
Seeltersk: Brisbane
svenska: Brisbane
Kiswahili: Brisbane
ślůnski: Brisbane
తెలుగు: బ్రిస్బేన్
Tagalog: Brisbane
Türkçe: Brisbane
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: برىسبان
українська: Брисбен
اردو: برسبین
oʻzbekcha/ўзбекча: Brisben
vepsän kel’: Brisben
Tiếng Việt: Brisbane
Volapük: Brisbane
Winaray: Brisbane
吴语: 布里司班
ייִדיש: בריזבן
中文: 布里斯班
Bân-lâm-gú: Brisbane
粵語: 布里斯本