Bridgeport, Connecticut

Bridgeport
Seal of Bridgeport, Connecticut.pngBridgeport flag.png
Situación xeográfica
US-CT-Bridgeport.png
(Localización da cidade no Estado)
País:Estados Unidos de América
Estado:Connecticut
Condado:Fairfield
Incorporada:1836
Alcalde:John M. Fabrizi
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie:41,4 km²
Poboación
Poboación total:137.912[1]
Densidade de poboación:3,354
Información
Sitio na web:http://www.ci.bridgeport.ct.us

Bridgeport é a cidade con mais poboación do estado de Connecticut, e a quinta cidade máis grande de Nova Inglaterra. Situada no Condado de Fairfield, a cidade ten unha poboación estimada de 137.912[1] habitantes e é o corazón da área de Greater Bridgeport, que está considerada parte da área de mercado de traballo da cidade de Nova York.

A cidade é bastante coñecida pola súa conexión a veciños famosos, empresarios do circo e o unha vez alcalde P.T. Barnum. Barnum construíu tres casas na cidade, e organizou un circo na cidade durante varios invernos.

Bridgeport foi orixinalmente parte do municipio de Stratford. O primeiro asentamento aquí tivo lugar en 1659. Chamouse Pequonnock ata 1695, cando o seu nome cambiouse a Stratfield, debido á súa situación entre as xa existentes cidades de Stratford e Fairfield. Durante a Revolución Americana converteuse nun centro de piratería. En 1800 o municipio de Bridgeport rexistrouse como tal e en 1821 foi incorporado o concello. A cidade non aprobou os seus estatutos ata 1836.

A cidade foi o lugar de residencia da Compañía Frisbie Pie polo que se considerou que Bridgeport é lugar de nacemento do frisbee[2].

A comunidade ten dous hospitais, o Hospital Bridgeport e o Centro Médico de San Vicent.

Historia

Os primeiros anos

Vista leste de Bridgeport, por John Warner Barber (1836)

Os primeiros anos de Bridgeport estiveron marcados por unha dependencia da pesca e a agricultura, como outras moitas cidades en Nova Inglaterra. A situación da cidade no profundo porto de Newfield fomentou un boom na construción naval e na caza de baleas a mediados do século XIX, especialmente logo da apertura da liña do ferrocarril á cidade en 1840. A cidade pronto se industrializou a finais do século XIX e converteuse nun centro industrial de produción de produtos como a famosa fresadora de Bridgeport, accesorios de latón, carruaxes, máquinas de coser, suxeitadores, cadeiras de montar e munición.

A visita de Abraham Lincoln

O sábado, 10 de marzo de 1860, Abraham Lincoln falou no Washington Hall, un auditorio que entón era o xulgado do condado de Fairfield (agora McLevy Hall), na esquina das rúas State e Broad. Non só estaba ata os topes o salón máis grande da cidade, senón que unha gran multitude tivo que quedar fóra. El recibiu unha incrible ovación antes de coller o tren ás 9:07 esa noite de volta a Manhattan[3][4]. Agora hai unha placa conmemorativa en Bridgeport onde el deu o discurso. (En 2006, xusto ao cruzar a rúa, en Polea Dot Playhouse, o Presidente George W. Bush deu un discurso ante un pequeno e selecto grupo de empresarios e funcionarios sobre a reforma da asistencia sanitaria.)

Historia posterior

En 1930, Bridgeport foi un próspero centro industrial con máis de 500 fabricas e unha poboación inmigrante en auxe.

Como outros centros urbanos en Connecticut, Bridgeport saíu peor parado durante a industrialización dos Estados Unidos nas décadas de 1970 e 1980. Elevouse o desemprego, aumentou o crime, e a cidade converteuse en coñecida polos seus problemas serios de drogas. Descubriuse que moitos ex-emprazamentos industriais da cidade estaban altamente contaminados, deixando a Bridgeport cun importante custo e dano ambiental. Outros emprazamentos foron simplemente abandonados e queimados, deixando algunhas áreas da cidade coma se fosen cidades pantasma.

Complexo industrial en Bridgeport.

A principios do século XXI, Bridgeport está recuperándose logo dunha perda de traballos e poboación, e estase transformando en centro de industrias de servizos e como rexión periférica da área metropolitana de Nova York (por exemplo, a cidade en si mesma é un oasis de vivendas de relativo baixo custo nunha rexión extremadamente cara).

En 1987, o proxecto residencial L'Ambiance Plaza que se atopaba en construción naquel momento, derrubouse matando a 28 traballadores da construción.

Como outras cidades do nordeste que sofren o decline industrial derivado dos efectos da finalización da Segunda Guerra Mundial, Bridgeport fixo a miúdo esforzos de rehabilitación. Unha proposta foi feita polo promotor de Las Vegas Steve Wynn de construír un gran casino na propiedade, pero por unha serie de razóns, ese proxecto non chegou a materializarse. Máis recentemente, A Cidade de Bridgeport deu pasos para adquirir as últimas parcelas privadas. Moitos edificios históricos estanse tamén rehabilitando e converténdose en vivendas residenciais.

Other Languages
azərbaycanca: Bricport (Konnektikut)
български: Бриджпорт
Chamoru: Bridgeport
čeština: Bridgeport
emiliàn e rumagnòl: Bridgeport
español: Bridgeport
eesti: Bridgeport
euskara: Bridgeport
suomi: Bridgeport
Kreyòl ayisyen: Bridgeport, Connecticut
Bahasa Indonesia: Bridgeport, Connecticut
Interlingue: Bridgeport
italiano: Bridgeport
한국어: 브리지포트
lietuvių: Bridžportas
latviešu: Bridžporta
Nāhuatl: Bridgeport
norsk: Bridgeport
srpskohrvatski / српскохрватски: Bridgeport, Connecticut
Simple English: Bridgeport, Connecticut
Tiếng Việt: Bridgeport, Connecticut
Bân-lâm-gú: Bridgeport
粵語: 橋港