Branquiópodos

Branquiópodos
Branchiopoda

Rango fósil: cámbrico superior - actualidade
Triops, (Notostraca: Triopsidae)esquerda: vista dorsal; dereita: vista ventral
Triops, (Notostraca: Triopsidae)
esquerda: vista dorsal; dereita: vista ventral
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Subfilo:Crustacea
Clase:Branchiopoda
Latreille, 1817
Subclases e Ordes [1]
  • Subclase Sarsostraca
    Anostraca
  • Subclase Phyllopoda
    Diplostraca
    Notostraca

A dos branquiópodos[2] (Branchiopoda) é unha clase de crustáceos. Ente eles están as artemias, os tríops, os antes chamados concostracos, as dafnias e o grupo do Devónico dos Lepidocaris. Son principalmente animais pequenos, a maioría de auga doce, que se alimentan de plancto e detritos.

Descrición

Os branquiópodos teñen a característica común de presentar branquias en moitos dos apéndices do animal, incluíndo algunhas das pezas bucais. Disto procede o nome do grupo[3] (branquiópodos=branquias nas patas).[4] Xeralmente posúen ollos compostos e un cacho, que pode ser unha cuncha de dúas valvas que encerran o tronco (como en moitos cladóceros), ou ser ancho e pouco profundo (como nos notostracos), ou enteiramente ausente (como nos anostracos).[5] Nos grupos nos que o cacho impide o uso das patas do tronco para nadar (os cladóceros e concostracos e os extintos lipostracos), usan as antenas para a locomoción, como na larva nauplius.[5] Os machos dos anostracos teñen un par de antenas agrandadas co cal agarran as femias durante o apareamento, mentres que nos notostracos, que se alimentan no fondo, as antenas están reducidas a un tamaño vestixial.[5] As patas do tronco baten cun ritmo metacrónico, causando un fluxo de auga ao longo da liña media do animal, do cal extraen oxíxeno, obeñen comida e, no caso dos Anostraca e Notostraca, serven para o movemento.[5]

Other Languages
asturianu: Branchiopoda
azərbaycanca: Ayaqqəlsəməlilər
беларуская: Жабраногія
català: Branquiòpode
Cebuano: Branchiopoda
čeština: Lupenonožci
English: Branchiopoda
Esperanto: Brankiopodoj
español: Branchiopoda
euskara: Branchiopoda
français: Branchiopodes
Gaeilge: Branchiopoda
हिन्दी: क्लोमपाद
hrvatski: Škrgonošci
interlingua: Branchiopoda
Bahasa Indonesia: Branchiopoda
italiano: Branchiopoda
日本語: 鰓脚綱
Basa Jawa: Branchiopoda
한국어: 새각류
Limburgs: Kiewpuuetige
lietuvių: Žiaunakojai
latviešu: Žaunkājvēži
македонски: Жаброноги
Bahasa Melayu: Brankiopoda
Nederlands: Branchiopoda
norsk nynorsk: Bladfotkreps
polski: Skrzelonogi
português: Branchiopoda
română: Branhiopode
русский: Жаброногие
Simple English: Branchiopoda
slovenčina: Lupeňonôžky
slovenščina: Branchiopoda
svenska: Bladfotingar
українська: Зяброногі раки
Tiếng Việt: Lớp Chân mang
Winaray: Branchiopoda
中文: 鰓足綱