Boris Eltsin

Boris Nikolaevich Eltsin
Борис Николаевич Ельцин
Boris Eltsin

10 de xullo de 1991 –  31 de decembro de 1999
Vicepresidente Aleksandr Rutskoi ( 1991- 1993)
Sucedido por Vladimir Putin

Coat of Arms of the Russian Federation.svg
Presidente do Consello de Ministros de Rusia
6 de novembro de 1991 –  15 de xuño de 1992
Presidente El mesmo
Vicepresidente Aleksandr Rutskii
Sucedido por Egor Gaidar

Datos persoais
Nacemento 1 de febreiro de 1931
Flag of the Soviet Union.svg Butka, Sverdlovsk,
Unión Soviética
Falecemento 23 de abril de 2007 (76 anos)
Flag of Russia.svg Moscova, Rusia
Partido PCUS (ata 1991)
Cónxuxe/s Anastasia « Naína » Eltsina
Fillos Tatyana e Elena
Alma máter Universidade Técnica Estatal dos Urais
Relixión Ortodoxo Ruso
Sinatura Sinatura de Boris Eltsin

Boris Nikolaevich Eltsin [1] ( ruso: Борис Николаевич Ельцин) nado en Butká, óblast de Sverdlovsk, Unión Soviética o 1 de febreiro de 1931 e finado en Moscova, Rusia o 23 de abril de 2007, foi o primeiro presidente da Federación de Rusia, entre 1991 e 1999.

O 12 de xuño de 1991 foi elixido para o recentemente creado posto de presidente da República Socialista Federativa Soviética de Rusia co 57% dos votos. Foi reelixido en 1996, derrotando a Guennadi Ziugánov do revivido Partido Comunista. Porén, Eltsin nunca recuperou a súa popularidade inicial despois dunha serie de crises económicas e políticas en Rusia durante a década de 1990.

A era Eltsin estivo marcada pola corrupción xeneralizada, o colapso económico, as guerras de Chechenia e enormes problemas sociais e políticos que afectaron tanto a Rusia como a outros estados da desaparecida Unión Soviética. Durante os primeiros anos da súa presidencia, moitos dos partidarios políticos de Eltsin volvéronse na súa contra e o vicepresidente Aleksandr Rutskoi denunciou as reformas como un «xenocidio económico». [2] Os constantes enfrontamentos co Parlamento culminaron na crise constitucional rusa de outubro de 1993, cando o Parlamento intentou apartar do seu cargo a Eltsin e este, como resposta, asediou a Casa Branca de Moscova, na que morreron centos de persoas. Eltsin desfíxose da Constitución vixente, prohibiu temporalmente a oposición política e proseguiu coa súa experimentación económica. A continuación, introduciu unha nova Constitución cun forte poder presidencial e que foi aprobada nun polémico referendo antes de finalizar o ano.

O 31 de decembro de 1999, Eltsin anunciou a súa renuncia ó cargo de Presidente, deixando o cargo nas mans do seu sucesor, o entón Primeiro Ministro, Vladimir Putin. Eltsin deixou o cargo sendo amplamente impopular entre a poboación do país. [3] Segundo algunhas estimacións, os seus índices de aprobación ó deixar o poder foron tan baixos como o 2%. [4]

Primeiros anos

Boris Eltsin (segundo pola esquerda) con amigos da infancia

Boris Eltsin naceu en Butka, no óblast de Sverdlovsk na entón Unión Soviética, o 1 de febreiro de 1931. [5] En 1932 despois de que o estado se levara toda a colleita pola colectivización de Butka, a familia de Eltsin trasladouse tan lonxe como puido, a Kazán, a máis de 1.100 quilómetros de distancia. Alí o pai de Boris, Nikolai, comezou a traballar na construción. Boris Eltsin estudou na Universidade Estatal dos Urais (hoxe Instituto Politécnico dos Urais), e comezou a súa carreira na industria da construción. [6] En 1934 Nikolai Eltsin foi acusado de axitación anti-soviética e condenado a realizar traballos forzosos nun gulag durante tres anos. [7]

Trala súa liberación en 1936, Nikolai levou a súa familia Berezniki no Krai de Perm, onde o seu irmán Iván, fora exiliado o ano anterior tras non entregar a súa cuota de gran. [8] Nikolai quedou desempregado por un período e máis tarde volveu a traballar na construción. A nai de Boris, Klavdiya Vasileevna Eltsina, traballou como costureira. Nesta época Boris estudou no Instituto Pushkin de Berezniki. Era aficionado ós deportes –sobre todo ski, ximnasia, balonvolea, entre outros– aínda que perdera o polgar e o índice da súa man esquerda cando entrou xunto a algúns amigos nun arsenal do Exército Vermello, roubaron varias granadas e trataron de desarmalas. [9]

En 1949 foi admitido na Universidade Técnica Estatal dos Urais en Sverdlovsk, graduándose en 1955. O tema do seu proxecto final foi Construción dun pozo mineiro. [10] Desde 1955 ata 1957 traballou como capataz na construción do edificio Uraltyazhtrubstroy. Desde 1957 ata 1963 traballou en Sverdlovsk, e foi ascendido a xefe da Dirección de Construción coa confianza de Yuzhgorstroy. En 1963 converteuse en enxeñeiro xefe, e en 1965 responsable das sumidoiros e canos. Uniuse á nomenklatura do PCUS en 1968, cando foi nomeado Xefe de Construción polo Comité Rexional do Partido en Sverdlovsk.

Other Languages
Afrikaans: Boris Jeltsin
aragonés: Boris Yeltsin
العربية: بوريس يلتسن
asturianu: Borís Yeltsin
Aymar aru: Boris Yeltsin
azərbaycanca: Boris Yeltsin
žemaitėška: Borisos Jelcins
Bikol Central: Boris Yeltsin
беларуская (тарашкевіца)‎: Барыс Ельцын
български: Борис Елцин
brezhoneg: Boris Yeltsin
bosanski: Boris Jeljcin
čeština: Boris Jelcin
Cymraeg: Boris Yeltsin
English: Boris Yeltsin
Esperanto: Boris Jelcin
español: Borís Yeltsin
euskara: Boris Jeltsin
français: Boris Eltsine
Gaeilge: Boris Yeltsin
hrvatski: Boris Jeljcin
Հայերեն: Բորիս Ելցին
Bahasa Indonesia: Boris Yeltsin
íslenska: Boris Jeltsín
Basa Jawa: Boris Yeltsin
ქართული: ბორის ელცინი
한국어: 보리스 옐친
lietuvių: Borisas Jelcinas
latviešu: Boriss Jeļcins
Malagasy: Boris Yeltsin
Baso Minangkabau: Boris Yeltsin
македонски: Борис Елцин
Bahasa Melayu: Boris Yeltsin
नेपाल भाषा: बोरिस येल्सिन
Nederlands: Boris Jeltsin
norsk nynorsk: Boris Jeltsin
polski: Borys Jelcyn
پنجابی: بورس یلسن
português: Boris Iéltsin
Runa Simi: Boris Yeltsin
română: Boris Elțin
sicilianu: Boris Eltsin
davvisámegiella: Boris Jeltsin
srpskohrvatski / српскохрватски: Boris Jeljcin
Simple English: Boris Yeltsin
slovenščina: Boris Jelcin
српски / srpski: Борис Јељцин
svenska: Boris Jeltsin
Kiswahili: Boris Yeltsin
ślůnski: Boris Jelcin
Türkçe: Boris Yeltsin
татарча/tatarça: Борис Ельцин
oʻzbekcha/ўзбекча: Boris Yeltsin
vepsän kel’: Jel'cin Boris
Winaray: Boris Yeltsin
მარგალური: ბორის ელცინი
Yorùbá: Boris Yeltsin
Bân-lâm-gú: Boris Yeltsin
粵語: 葉利欽