Björn Borg

Björn Borg
Björn Borg2.jpg
Nacemento6 de xuño de 1956
 Estocolmo
NacionalidadeSuecia
Ocupacióntenista
CónxuxeMariana Simionescu e Loredana Bertè
PremiosBBC Overseas Sports Personality of the Year, BBC Sports Personality of the Year Lifetime Achievement Award e International Tennis Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Björn Rune Borg, ([bjœːɳ bɔrj]), nado en Estocolmo o 6 de xuño de 1956[1] é un ex-tenista sueco que brillou na historia do deporte durante a súa época de xogador, entre 1973 e 1981, logrando 96 torneos (64 da ATP), entre eles 5 Wimbledon, 6 Roland Garros e 2 Masters antes de retirarse aos 26 anos de idade. Está considerado como un dos mellores tenistas masculinos da historia do tenis.[2][3][4][5][6][7][8] En 2014 unha enquisa do xornal Dagens Nyheteher escolleuno como o mellor deportista sueco da historia por diante do futbolista Zlatan Ibrahimovic.[9]

Cos seus once títulos de Grand Slam e 16 finais, ocupa o cuarto e quinto posto nos respectivos historiais da Era Open. Foi campión do Torneo de Roland Garros de 1974, 1975, 1978, 1979, 1980 e 1981, e do Campionato de Wimbledon de 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980. Tamén foi finalista de catro edicións do Aberto dos Estados Unidos e unha vez do Aberto de Australia. Obtivo tamén 15 títulos de masters, o que o coloca oitavo no historial. Gañou o Masters Grand Prix de 1979 e 1980 e a final de WCT de 1976, acumulando un total de dez finais de temporada disputadas. En total, durante a súa carreira gañou 64 torneos ATP, (11 Grand Slam, 3 finais de temporada, 15 masters, 17 torneos medianos e 18 menores). Gañou ademais 45 partidos da Copa Davis coa selección sueca, e obtivo o título en 1975.

Borg ocupou o puesto número 1 da clasificación ATP en seis períodos diferentes entre 1977 e 1981, totalizando 109 semanas. Situouse primeiro na clasificación final de 1979 e 1980, segundo en 1976, 1978 e 1981, e terceiro en 1974, 1975 e 1977. Foi nomeado "Tenista do Ano" pola ATP en 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980, e foi número un anual de "World Tennis" en 1978, 1979 e 1980.

Destaca por conquistar os torneos de Roland Garros e Wimbledon, considerada como "a dupla máis difícil de realizar no tenis",[10] durante tres anos consecutivos, un récord sen superar.[2]

En 1978 e en 1980 gañou o Torneo de Roland Garros sen perder ningún set en todo o torneo.[11]

  • clasificación histórica
  • notas

Clasificación histórica

Torneo 1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980 1981 Carreira VR Carreira V – D Carreira V %
Grand Slam
Aberto de Australia A 3r A A A A A A A 0 / 1 1–1 50.00
Torneo de Roland Garros 4r G G QF A G G G G 6 / 8 49–2 96.08
Wimbledon QF 3r QF G G G G G F 5 / 9 51–4 92.73
Aberto dos Estados Unidos 4r 2r SF F 4r F QF F F 0 / 9 40–9 81.63
Ratio de vitorias 0 / 3 1 / 4 1 / 3 1 / 3 1 / 2 2 / 3 2 / 3 2 / 3 1 / 3 11 / 27 N/A 40.74
V - D 10–3 11–3 16–2 17–2 10–1 20–1 18–1 20–1 19–2 N/A 141–16 89.81
Masters Cup
Masters Cup A RR F A F A G G A 2 / 5 15–7 68.18
Clasificación 18 3 3 2 3 2 1 1 2 N/A N/A N/A
Other Languages
Afrikaans: Björn Borg
العربية: بيورن بورغ
asturianu: Björn Borg
беларуская: Б’ёрн Борг
български: Бьорн Борг
bosanski: Björn Borg
català: Björn Borg
čeština: Björn Borg
Чӑвашла: Бьорн Борг
Deutsch: Björn Borg
Ελληνικά: Μπγιορν Μποργκ
English: Björn Borg
Esperanto: Björn Borg
español: Björn Borg
euskara: Björn Borg
føroyskt: Björn Borg
français: Björn Borg
Gaeilge: Björn Borg
Gàidhlig: Björn Borg
hrvatski: Björn Borg
magyar: Björn Borg
íslenska: Björn Borg
italiano: Björn Borg
ქართული: ბიერნ ბორგი
한국어: 비에른 보리
lietuvių: Björn Borg
latviešu: Bjērns Borgs
македонски: Бјорн Борг
Plattdüütsch: Björn Borg
Nederlands: Björn Borg
occitan: Björn Borg
ਪੰਜਾਬੀ: ਬਿਯੋਰਨ ਬੋਗ
polski: Björn Borg
português: Björn Borg
Runa Simi: Björn Borg
română: Björn Borg
русский: Борг, Бьорн
sicilianu: Bjorn Borg
srpskohrvatski / српскохрватски: Björn Borg
Simple English: Björn Borg
slovenčina: Björn Borg
slovenščina: Björn Borg
српски / srpski: Бјерн Борг
svenska: Björn Borg
Türkçe: Björn Borg
українська: Бйорн Борг
Tiếng Việt: Björn Borg
Winaray: Björn Borg
Yorùbá: Björn Borg
粵語: 波格