Binóculo

Deseño clásico de binóculo prismático
Deseño moderno de binóculo prismático compacto

O binóculo[1] é un instrumento óptico empregado para ampliar a imaxe dos obxectos afastados, igual que o anteollo e o telescopio, máis a diferenza destes provoca o efecto da estereoscopía na imaxe e por iso é máis cómodo apreciar a distancia entre obxectos afastados e seguilos en movemento.

O binóculo posúe un par de tubos e cada tubo contén unha serie de lentes e un prisma, que amplían a imaxe para cada ollo, producindo a estereoscopía.

Funcionamento

Este instrumento serve para ver obxectos afastados que non se poden ver a simple vista. A ampliación lógrase cando a luz atravesa cada serie de lentes. Os prismas corrixen a imaxe colocándoa na posición correcto, por medio do principio da reflexión interna total, a diferenza dos telescopios que a amosan invertida. Tradicionalmente, a maioría dos modelos empregan un par de prismas. O ocular de cada cámara non está aliñado co obxectivo e o prisma reflicte a luz en forma de S cara ao ocular.

Moitos modelos permiten axustar a distancia entre os oculares para adaptarse ao observador. Tamén posúen unha roda de enfoque que se xira para enfocar a imaxe. Xeralmente o ocular dereito ten un anel de corrección dióptrica que se xira para conseguir a dioptría diferente no ocular esquerdo e mellorar o enfoque da imaxe observada con ambos os ollos.

Prismáticos-gl.png

Ao ser o binóculo un pequeno telescopio refractor cun sistema de prismas para acurtar o tubo de soporte e evitar a visión invertida, ten menor capacidade de aumento ca un telescopio, mais ten maior campo de visión. Para impedir as vibracións convén fixalo nun trípode.

Other Languages
Alemannisch: Fernglas
العربية: منظار
asturianu: Prismáticos
azərbaycanca: Binokl
žemaitėška: Vėizuonā
беларуская: Бінокль
български: Бинокъл
brezhoneg: Gevellunedenn
català: Binocle
нохчийн: Турмал
Tsetsêhestâhese: É'koo'óhtotôtse
čeština: Triedr
Чӑвашла: Бинокль
Deutsch: Fernglas
Ελληνικά: Κιάλια
English: Binoculars
Esperanto: Binoklo
español: Prismáticos
eesti: Binokkel
euskara: Prismatikoak
suomi: Kiikari
français: Jumelles
Gaeilge: Déshúileach
ગુજરાતી: બાઇનૉક્યુલર
עברית: משקפת
hrvatski: Dvogled
հայերեն: Հեռադիտակ
Bahasa Indonesia: Binokular
italiano: Binocolo
日本語: 双眼鏡
Basa Jawa: Kèker
қазақша: Дүрбі
한국어: 쌍안경
Кыргызча: Дүрбү
lietuvių: Žiūronai
latviešu: Binoklis
Bahasa Melayu: Binokular
Plattdüütsch: Kieker (Optik)
Nederlands: Verrekijker
norsk nynorsk: Kikkert
norsk: Kikkert
polski: Lorneta
پنجابی: دوربین
پښتو: لروين
português: Binóculo
română: Binoclu
русский: Бинокль
Scots: Binoculars
srpskohrvatski / српскохрватски: Dvogled
Simple English: Binoculars
slovenščina: Binokular
српски / srpski: Двоглед
svenska: Kikare
тоҷикӣ: Дурбин
Tagalog: Largabista
Türkçe: Dürbün
татарча/tatarça: Бинокль
українська: Бінокль
Tiếng Việt: Ống nhòm