Bielorrusia

República de Bielorrusia
Рэспубліка Беларусь
Respublika Bielaruś
Республика Беларусь
Respublika Belarus
Bandeira de Bielorrusia
Emblema de Bielorrusia
Bandeira Emblema
Europe-Belarus.svg

Capital
 • Poboación
Minsk
1 814 700 (2007)
Cidade máis poboada Minsk
Linguas oficiais Bielorruso, ruso
Forma de goberno República semipresidencialista
Presidente
Primeiro ministro
Aleksandr Lukashenko
Andrei Kobiakov
 • Declarada
 • Recoñecida
27 de xullo de 1990
25 de agosto de 1991
Superficie Posto 83º
 • Total 207 600 km²
 • % auga 1 600 [1]
Fronteiras 3 098 km
Costas 0 km
Poboación Posto 93º
 • Total (2015 est.) 9 481 000 hab.
 • Densidade 46 hab./km²
PIB (nominal) Posto 69º
 • Total (2006) 36 944 millóns US$
 • per cápita 3 808 US$
PIB ( PPA) Posto 66º
 • Total (2006) 70 524 millóns US$
 • per cápita 8 862 US$
Moeda Rublo bielorruso ( BYN)
IDH (2007) 0,804 ( 64º) – Alto
Xentilicio Bielorruso, -sa
Fuso horario FET ( UTC+3)
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .by
Prefixo telefónico +375
Prefixo radiofónico EUA-EWZ
Código ISO 112 / BLR / BY
Membro de: ONU, OSCE, CEI, COI, OTSC, Estado da Unión

Bielorrusia [2] (en bielorruso: Беларусь, "Bielaruś", [bʲɛlaˈrusʲ] (AFI); en ruso: Белоруссия, "Belorussiia"), oficialmente a República de Bielorrusia, é un país sen saída ao mar de Europa Oriental. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk, e outras cidades de importancia son Brest, Hrodna, Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk. Máis do 40% dos seus 207.600 km2 son bosques, e os sectores económicos de maior peso son as empresas de servizos e as empresas industrais. [3]

Até o século XX, os bielorrusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia os territorios da actual Bielorrusia pertenceron a varios países diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, a República das Dúas Nacións, o Imperio Ruso. Logo da revolución rusa de 1917, Bielorrusia declarou a súa independencia como a República Nacional Bielorrusa (1918-19), e posteriormente pasou a ser unha república constituínte da Unión Soviética, a República Socialista Soviética de Bielorrusia.

As fronteiras actuais do país teñen a súa orixe en 1939, coa incorporación á república de territorios até antón pertencentes á Segunda República Polaca logo da invasión soviética de Polonia, en virtude dos termos do Pacto Ribbentrop-Mólotov entre a URSS e o Terceiro Reich Alemán. [4] [5] A nación e o territorio quedaron devastados logo da Segunda Guerra Mundial, onde Bielorrusia perdeu a terceira parte da súa poboación e máis da metade dos seus recursos económicos. [6] A república foi rehabilitada nos anos posteriores á guerra.

O Parlamento da República declarou a soberanía de Bielorrusia o 27 de xullo de 1990, e trala caída da Unión Soviética, Bielorrusia declarouse independente o 25 de agosto de 1991. Aliaksandr Lukašenka ten sido presidente do país desde 1994. Durante a súa presidencia, Lukashenko continuou con políticas da era soviética, como a propiedade estatal da economía, a pesar das obxeccións dos gobernos occidentais. Segundo algunhas organizacións, as eleccións non teñen sido limpas, e os oporitores políticos teñen sufrido forte represión. [7] [8] [9] Desde 2000, Bielorrusia e Rusia asinaron un tratado para unha maior cooperación.

A maioría dos 9,85 millóns de habitantes de Bielorrusia moran nas áreas urbanas próximas a Minsk ou nas capitais das outras rexións. [10] Máis do 80% da poboación son nativos bielorrusos, o resto compóñena minorías de rusos, polacos e ucraínos. Desde un referendo en 1995, o país ten dúas linguas oficiais, o bielorruso e o ruso. A Constitución de Bielorrusia non declara unha relixión oficial, aínda que a principal relixión no país é o cristianismo ortodoxo, mentres que a segunda máis popular, o catolicismo, ten un seguimento moito menor en comparación.

É un estado completamente chán (non supera os 300 m sobre o nivel do mar), dividido en tres zonas xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos; a meseta boscosa central; e a parte sur, moi pantanosa e deshabitada, chamada pantanos de Prypett.

Etimoloxía

Bielorrusia (en bielorruso Bielaruś) significa literalmente Rutenia branca (Biel = Branco/a Rus -nome medieval que se daban os estados eslavos orientais xeralmente cun goberno monárquico que reunía a unha federación de "tribos"- ou Rusiya -Rusia-). Por este motivo ocasionalmente, especialmente cando se atopou baixo o dominio do tsarato ruso a rexión era chamada en español Rusia Branca. En canto á cualificación de "Branca" parece derivar da cor emblemática elixido para diferenciarlle dos rusos e dos ucraínos.

Other Languages
Acèh: Bèlarusia
адыгабзэ: Белоруссие
Afrikaans: Wit-Rusland
Alemannisch: Weißrussland
አማርኛ: ቤላሩስ
aragonés: Belarrusia
Ænglisc: Hwītrussland
ܐܪܡܝܐ: ܒܠܐܪܘܣ
asturianu: Bielorrusia
Aymar aru: Bilarus
azərbaycanca: Belarus
تۆرکجه: بلاروس
башҡортса: Беларусь
Boarisch: Weißrussland
žemaitėška: Baltarosėjė
Bikol Central: Belarus
беларуская: Беларусь
беларуская (тарашкевіца)‎: Беларусь
български: Беларус
भोजपुरी: बेलारूस
Bislama: Belarus
Bahasa Banjar: Bilarusia
বাংলা: বেলারুশ
བོད་ཡིག: བྷེ་ལ་རསུ།
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: বেলারুস
brezhoneg: Belarus
bosanski: Bjelorusija
буряад: Беларусь
català: Bielorússia
Chavacano de Zamboanga: Bielorusia
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Belarus
нохчийн: Белорусси
Cebuano: Biyelorusya
ᏣᎳᎩ: ᏇᎳᎷᏍ
کوردی: بیلاڕووس
qırımtatarca: Belarus
čeština: Bělorusko
kaszëbsczi: Biôłorusjô
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Бѣла Роусь
Чӑвашла: Беларуç
Cymraeg: Belarws
Deutsch: Weißrussland
Zazaki: Belarus
dolnoserbski: Běłoruska
डोटेली: बेलारुस
ދިވެހިބަސް: ބެލަރޫސް
eʋegbe: Belarus
Ελληνικά: Λευκορωσία
English: Belarus
Esperanto: Belorusio
español: Bielorrusia
eesti: Valgevene
euskara: Bielorrusia
estremeñu: Bielorrússia
فارسی: بلاروس
Fulfulde: Belaruusiya
føroyskt: Hvítarussland
français: Biélorussie
arpetan: Bièlorussie
Nordfriisk: Witjruslun
furlan: Bielorussie
Gagauz: Biyaz Rusiya
Gàidhlig: A' Bhealaruis
Avañe'ẽ: Vielorrúsia
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: बेलारूस
ગુજરાતી: બેલારુસ
Hausa: Belarus
客家語/Hak-kâ-ngî: Belarus
Hawaiʻi: Belarusa
עברית: בלארוס
हिन्दी: बेलारूस
Fiji Hindi: Belarus
hrvatski: Bjelorusija
hornjoserbsce: Běłoruska
Kreyòl ayisyen: Byelorisi
Հայերեն: Բելառուս
interlingua: Bielorussia
Bahasa Indonesia: Belarus
Interlingue: Bielorussia
Igbo: Belarus
Ilokano: Bielorusia
íslenska: Hvíta-Rússland
italiano: Bielorussia
日本語: ベラルーシ
Patois: Belarus
la .lojban.: belrus
Basa Jawa: Bélarus
ქართული: ბელარუსი
Qaraqalpaqsha: Belorussiya
Taqbaylit: Byilurusya
Адыгэбзэ: Урысыху
Kongo: Belarusia
қазақша: Беларусь
kalaallisut: Hvideruslandi
ಕನ್ನಡ: ಬೆಲಾರುಸ್
한국어: 벨라루스
Перем Коми: Беларусь
къарачай-малкъар: Белоруссия
Kurdî: Belarûs
kernowek: Belarussi
Кыргызча: Беларусия
Ladino: Bielorusia
Lëtzebuergesch: Wäissrussland
лезги: Беларусия
Luganda: Belarus
Limburgs: Wit-Rusland
Ligure: Bieloruscia
lumbaart: Bielurüssia
lingála: Bielorusia
لۊری شومالی: بئلاروٙس
lietuvių: Baltarusija
latgaļu: Boltkrīveja
latviešu: Baltkrievija
Malagasy: Belarosia
олык марий: Белоруссий
Māori: Pērara
македонски: Белорусија
മലയാളം: ബെലാറുസ്
монгол: Беларусь
молдовеняскэ: Беларус
मराठी: बेलारूस
кырык мары: Белорусси
Bahasa Melayu: Belarus
မြန်မာဘာသာ: ဘီလာရုဇ်နိုင်ငံ
مازِرونی: بلاروس
Dorerin Naoero: Berarut
Napulitano: Bielorussia
Plattdüütsch: Wittrussland
Nedersaksies: Wit-Ruslaand
नेपाली: बेलारुस
नेपाल भाषा: बेलारुस
Nederlands: Wit-Rusland
norsk nynorsk: Kviterussland
Novial: Belarus
occitan: Bielorussia
Livvinkarjala: Valgo-Ven'a
Oromoo: Beelaarus
ଓଡ଼ିଆ: ବେଲାଋଷ
ਪੰਜਾਬੀ: ਬੇਲਾਰੂਸ
Pangasinan: Belaro
Kapampangan: Bielorusya
Papiamentu: Belarus
Picard: Biélorussie
पालि: बेलारूस
Norfuk / Pitkern: Belerus
polski: Białoruś
Piemontèis: Bielorussia
پنجابی: بیلارس
Ποντιακά: Λευκορουσία
پښتو: بېلاروس
português: Bielorrússia
Runa Simi: Bilarus
rumantsch: Bielorussia
română: Belarus
armãneashti: Arusia albã
tarandíne: Russie Vianghe
русский: Белоруссия
русиньскый: Білорусь
Kinyarwanda: Belarusi
संस्कृतम्: शुक्लरास्या
саха тыла: Беларусь
sicilianu: Bielurussia
davvisámegiella: Vilges-Ruošša
Sängö: Belarüsi
srpskohrvatski / српскохрватски: Belorusija
සිංහල: බෙලාරස්
Simple English: Belarus
slovenčina: Bielorusko
slovenščina: Belorusija
chiShona: Belarus
Soomaaliga: Belarus
српски / srpski: Белорусија
Sranantongo: Belarusikondre
SiSwati: IBhelalasi
Sesotho: Belarus
Seeltersk: Wietruslound
Basa Sunda: Bélarus
svenska: Vitryssland
Kiswahili: Belarus
ślůnski: Bjołoruś
தமிழ்: பெலருஸ்
తెలుగు: బెలారస్
тоҷикӣ: Беларус
ትግርኛ: ቤላሩስ
Türkmençe: Belarus
Tagalog: Belarus
Tok Pisin: Belaras
Türkçe: Beyaz Rusya
Xitsonga: Belarus
татарча/tatarça: Беларусия
chiTumbuka: Belarus
Twi: Belarus
reo tahiti: Pierorūtia
удмурт: Белоруссия
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: بېلورۇسسىيە
українська: Білорусь
اردو: بیلاروس
oʻzbekcha/ўзбекча: Belarus
vèneto: Biełorusia
vepsän kel’: Vaugedvenäma
Tiếng Việt: Belarus
West-Vlams: Wit-Rusland
Volapük: Belarusän
Winaray: Belarus
Wolof: Belaarus
吴语: 白俄罗斯
მარგალური: ბელარუსი
ייִדיש: בעלארוס
Yorùbá: Bẹ̀lárùs
Zeêuws: Wit-Rusland
中文: 白俄罗斯
文言: 白俄羅斯
Bân-lâm-gú: Belarus
粵語: 白俄羅斯
isiZulu: IBelarusi