Bieito XIII, papa

Bieito XIII
Benedict XIII.jpg
Bieito XIII
Nome completoPietro Francesco Orsini
Nacemento2 de febreiro de 1649
 Gravina in Puglia
Falecemento21 de febreiro de 1730
 Roma
SoterradoSanta Maria sopra Minerva
Relixióncatolicismo
Educado enUniversidade de Boloña
Ocupaciónclérigo, religioso e sacerdote católico
Período1303 e 1304
Coñecido/a porser o papa n° 245 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Bieito XIII, nado co nome de Pietro Francesco Orsini en Gravina (reino de Nápoles) en 1649 e finado en Roma o 21 de febreiro de 1730, foi Papa da Igrexa católica entre 1724 e 1730.

Non debe confundirse co antipapa Bieito XIII (o famoso "Papa Luna") que reinou entre 1394 e 1423.

Traxectoria

Era o fillo primoxénito de Fernando III Orsini, Duque de Gravina in Puglia (Bieito pertencía á familia Orsini de Roma e foi o terceiro e último da mesma en ocupar o Solio Pontificio), e da súa esposa, Giovanna Frangipane della Tolfa del Tufo, da casa ducal de Grumo. Con nove anos, e por falecemento do seu pai, herdou os títulos de Duque de Gravina, Príncipe de Solofra, Príncipe de Vallata, Conde de Muro Lucano e patricio de Nápoles.

En 1667, en Venecia e contra a vontade da súa familia que en vano apelara ó papa Clemente IX, ingresou na Orde dos Predicadores (Dominicos). Profesou o 13 de febreiro de 1668, substituíndo o seu nome de bautismo polo de Vincenzo Maria. Graduouse en filosofía e teoloxía nas universidades de Nápoles, Bolonia e Venecia, e o 24 de febreiro de 1671 foi ordenado sacerdote polo Papa Clemente X.

En 1672 ese mesmo papa fíxoo cardeal do título de San Sisto, e tres anos despois consagrouno arcebispo de Manfredonia. En 1680 foi nomeado bispo de Cesena, mantendo o grao de arcebispo ad personam. En 1686 foi trasladado á sede metropolitana de Benevento, arcebispado que retivo ata a súa morte malia ser elixido sucesivamente Cardeal-bispo de Frascati (1701), cardeal-bispo de Porto-Santa Rufina (1715) e Papa. Debido ó seu prolongado cardealado, tomou parte nos conclaves de 1689, 1691, 1700, 1721 e 1724, resultando elixido sumo pontífice neste último.

Foi elixido o 29 de maio de 1724, logo de dous meses de conclave. Manifestou tomar o nome de Bieito en honra do Papa Bieito XI, un frade dominico como el. Cinco días despois foi coroado polo Cardeal Benedetto Pamphilii, protodiácono de Santa Maria in Via Lata. Só por unhas semanas utilizou o ordinal Bieito XIV, que cambiou polo de XIII ó ser advertido de que o anterior desa numeración fora un antipapa.

Durante o seu pontificado opúxoseo tenazmente ó iansenismo, que condenou mediante a nova bula Unigenitus (1726), homónima e en idéntico sentido da promulgada por Clemente XI en 1713. Con todo, o maior problema tívoo co movemento dos "católicos vellos": desautorizou en 1725 a consagración do seu fundador, Cornelius Steenhoven, como arcebispo de Utrecht, o que provocou un cisma dentro da Igrexa que aínda hoxe persiste.

Estableceu a Congregación de Seminarios en 1725 para regular e uniformar os estudos eclesiásticos. En 1728 publicou en tres volumes diversos escritos pastorais, e ese mesmo ano, a instancias do concilio da provincia eclesiástica Tarraconense, accedeu por primeira vez a que se puidese traballar en determinadas festas consideradas "de precepto".

Descuidou a administración da curia romana. Fiel á regla da Orde dos Predicadores, levou unha vida austera e de moral extrema. Quitou a lotaría de Roma, pero non se abstivo de repartir profusamente beneficios e prebendas, e se despreocupou das actividades dos seus subordinados. O certo é que á súa morte a tesouraría papal estaba exhausta. Dise del que gustaba de almorzar ovos guisados segundo unha receta persoal, que segue a ser coñecida en Italia, como ovos bieitinos en honra deste papa.

Canonizou en 1726 a San Xoán da Cruz, a San Luis Gonzaga, que fora o modelo da súa mocidade; a San Xoán Nepomuceno, a San Gregorio VII, a San Estanislao de Kostka e ó mártir San Wenceslao.

Faleceu en Roma e foi sepultado na Patriarcal Basílica Vaticana. Tres anos despois, os seus restos foron transladados á capela de San Domingo da basílica de Santa Maria sopra Minerva, tamén en Roma.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Miles in bello (O soldado na guerra), cita que ó parecer fai referencia a que participou no asedio de Aviñón.

Other Languages
azərbaycanca: XIII Benedikt
беларуская (тарашкевіца)‎: Бэнэдыкт XIII (папа рымскі)
български: Бенедикт XIII
brezhoneg: Benead XIII
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Gáu-huòng Benedictus 13-sié
čeština: Benedikt XIII.
客家語/Hak-kâ-ngî: Kau-fòng Benedictus 13-sṳ
hrvatski: Benedikt XIII.
hornjoserbsce: Benedikt XIII.
Bahasa Indonesia: Paus Benediktus XIII
ქართული: ბენედიქტე XIII
lietuvių: Benediktas XIII
latviešu: Benedikts XIII
македонски: Папа Бенедикт XIII
português: Papa Bento XIII
Runa Simi: Binidiktu XIII
русский: Бенедикт XIII
sicilianu: Binidittu XIII
srpskohrvatski / српскохрватски: Benedikt XIII.
Simple English: Pope Benedict XIII
slovenčina: Benedikt XIII.
slovenščina: Papež Benedikt XIII.
српски / srpski: Папа Бенедикт XIII
українська: Бенедикт XIII